Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Na biblioteca colocouse unha gran exposición de libros de Paz.
Nas aulas traballouse o concepto PAZ e todo o que conleva e a rapazada chegou á conclusión de que a paz a temos que traballar tódolos días. A continuación, levamos a cabo, seguindo o protocolo Covid, unha actividade colaborativa conxunta basada na reproducción, "ao noso xeito" do mural situado na Rúa Martínez Garrido, que se fixo na honra deste alcalde, fusilado en agosto de 1936.
Finalizou o acto cantando e bailando unha canción de Mama Cabra.
Se premes na imaxe accedes á ligazón a tódalas imaxes da conmemoración.