martes, 30 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL 2014.

Un fermoso agasallo de Nadal é o que fixeron os nenos, nenas e mestres da escola ás  familias o pasado día 19 de nadal. Todos e cada un dos cursos deleitaron a grandes e pequenos coas súas actuacións. Ademáis permitironnos descubrir novas cualidades dalgún dos nosos alumn@s. Noraboa a todos!!!.

luns, 29 de decembro de 2014

UN AGASALLO DE NADAL.

Os nenos e nenas da escola debuxan a súa Postal de Nadal para agasallar a toda as familias e nos desexan que pasemos un Bo Nadal.

domingo, 28 de decembro de 2014

VISITA DO CARTEIRO REAL.

Como cada ano, os alumnos e alumnas da nosa escola poideron gozar da presencia na nosa escola do Carteiro Real. Todos e cada un dos cursos pasaron pola entrada da escola e lle entregaron as cartas cos seus desexos de Nadal.

sábado, 27 de decembro de 2014

ASTRONENOS.

Astronenos é unha exposición interactiva na que os nosos alumnos experimentaron algunha das sensacións que viven os astronautas. Vestironse xon traxes e cascos espaciais e traballaron en tres espacios, o Espacio Cultural, o Espacio Terra e o Espacio Lunar. 
Desta actividade gozou o alumnado do primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso de educación primaria no Centro Comercial Travesía.


mércores, 17 de decembro de 2014

CALENDARIO 2015.

Seguindo a tradición da nosa escola. O alumnado coa axuda do profesorado elaboraron este marabilloso calendario para agasallar ás familias neste tempo de Nadal. 

Esperamos que sexa do voso agrado.
BO NADAL E VENTUROSO ANINOVO 2015!!

Aproveitamos para mostrar a postal gañadora deste ano. Os alumnos e alumnas seleccionados e gañadores por votación popular foron:
  •  Pedro Comesaña. 5º Educación Infantil. 
  • Sandra Caamaño. 2º Educación Primaria.
  •  Vanessa Sío. 4º Educación Primaria.
  •  Candela Comesaña. 6º Educación Primaria.

mércores, 3 de decembro de 2014

ONDE SE ATOPA PICOLINDO? 3º POSTAL

Parabéns polo voso traballo de investigación!!
Sodes uns grandes investigadores!!
A 2º marabilla atopábase nun país moi lonxano cunha cultura moi diferente a nosa. É moi interesante descubrir novas formas de vivir!!
A cultura do país da 3º MARABILLA tamén é singular.
 INVESTIGA 
e
 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO
Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.
Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou
achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!
Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!
Moita sorte!!
A terceira POSTAL xa chegou a escola...

Se as pistas de PICOLINDO non son dabondo
utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA
Conoce a súa historia...
http://www.rpp.com.pe/2013-09-10-conoce-la-historia-del-imponente-cristo-redentor-de-rio-de-janeiro-foto_629821_1.html#foto

 Algúns datos de interese
http://www.mundoprimaria.com/arte-primaria/que-mira-el-cristo-del-corcovado.html

Un quebracabezas
REPARACIÓN

Imaxes de BRASIL


Mira como bailan CAPOEIRA