martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANEIRO

 Este é o décimo ano que en Galicia se celebra o día da ilustración, que conmemora o nacemento de Castelao. Este é o cartaz con tódalas actividades que se levan a cabo.


 

Este ano, faise homenaxe á pintora galega María Antonia Dans. 

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI),

 

Na súa páxina, publican o seguinte video para coñecer un pouco a esta pintora.


 Na escola pedimos a colaboración das familias dada a coincidencia co día da paz e a non violencia. Agradecemos a vosa implicación e a gran participación do alumnado na iniciativa.Todos os debuxos achegados por vós, os metemos nun pequeno video que esperamos que vos guste.

 https://photos.app.goo.gl/xC653iiP28RSu7h59

Grazas!






luns, 30 de xaneiro de 2023

CANTANDO POLA PAZ

CHANZOS DE PAZ, PASOS POLA PAZ

 Hoxe se conmemora o día da non violencia, polo que na escola tivemos un acto moi especial. Logo de varios días traballando no obradoiro de imprenta, fixemos cos nenos e nenas maiores da escola un mural no recibidor da escola de verbas de paz.

 


Un gran traballo colaborativo no que todos aportamos o noso gran de area.

 


 

Por outra banda, ás 12h, concentrámonos diante dos chanzos do primeiro andar, para colocar uns fermosos cartaces con verbas de paz. Así, tódalas mañás ao chegar ao cole, subindo para as aulas lembramos moitos dos nosos propósitos e desexos.  Unha actividade moi bonita, da que vos deixamos unha fotografía. 


 

 

Xa para rematar, xuntámonos todos no patio de educación infantil para cantar a canción CAPAZ COA PAZ.

 


 

 

Para finalizar o día, en horario de tarde, CINE EN FAMILIA. Proxección da película Valiant. Éxito total, na biblioteca non collia nin un alfilete máis! Grazas por participar! 






COMUNICAR PAZ

 Agradecemento a todas as familias participantes nesta iniciativa de paz e refugallo.


 

venres, 27 de xaneiro de 2023

UNHA IMPRENTA ITINERANTE NA ESCOLA: ALOUETTE MACHINE

 Magnífica a experiencia vivida este xoves e venres de xaneiro na escola grazas a participación da escola no programa de Biblioteca Creativa, que a Consellería nos ofrece dentro do programa de Bibliotecas escolares.

PICO PENSA E CREA LINDO, fai que traballemos no mundo das letras, das palabras, da comunicación,... Recuperando o traballo artesanal da imprenta, Cris e Jeanba, explicaronnos en que consistía o funcionamento dunha imprenta. O proceso de copia é sinxelo. Trátase de facer pequenas pezas de metal cunha letra ou signo e colocarlo ao contrario, para elaborar o texto. Este feito sorprendeu, e nos primeiros intentos, as letras quedaban escritas do revés. Logo, acadaron escribilas correctamente.

Amosáronnos o material que traían na súa imprenta ambulante, ensináronnos a traballar coa tipografía. Fermosas tipografías que tiñan diferentes procedencias. Un pracer poder telas ao alcance da man.



Coas tipografías de madeira e de chumbo, mailas prensas, as tintas e os papeis, traballamos palabras e expresións de paz.

 

 Estivemos valorando a sorte que temos de vivir nun territorio onde reside a paz, nun tempo no que a guerra se atopa preto de nós, fainos reflexionar e desexar que pronto debe rematar, xa que non tiña nin que empezar.

 

 

 Neste obradoiro traballamos en equipo e creamos conxuntamente postais e cartaces de paz que imprimimos entre todos.


Agora, con todo o que imprimimos, esta semana faremos un fermoso mural colaborativo dun bosque de paz. Desexando ver o resultado dese obradoiro!