Os nenos e nenas de 3 anos gozamos moito participando nos obradoiros de Nadal. Aquí estamos preparando a felicitación de Nadal para as nosas familias. Desexámosvos boas festas.!
martes, 28 de decembro de 2010
CUENTOS SILENCIOSOS
Non podo resistir a tentación de presentarvos un libro que descubrín hai pouco, un deses libros que non ten idade, sexas grande ou pequeno vaite conquistar.
Un bonito libro, máxico, con pop-ups elaborados a partires das ilustracións do magnífico Benjamin Lacombe e con textos de Antonio Rodríguez Almodóvar. A editorial Edelvives preséntanos de novo un verdadeiro agasallo para os ollos.
Dentro atoparás contos clásicos: Alicia no País das Marabillas, Polgariña, Barbazul, Pinocho, Peter Pan, A Bela Durminte, e a adaptación da lenda de Lacombe, Os amantes bolboreta.
A beleza como forma de transmitir cultura, se non me crees, preme na imaxe de aquí abaixo e mira !!!
Un bonito libro, máxico, con pop-ups elaborados a partires das ilustracións do magnífico Benjamin Lacombe e con textos de Antonio Rodríguez Almodóvar. A editorial Edelvives preséntanos de novo un verdadeiro agasallo para os ollos.
Dentro atoparás contos clásicos: Alicia no País das Marabillas, Polgariña, Barbazul, Pinocho, Peter Pan, A Bela Durminte, e a adaptación da lenda de Lacombe, Os amantes bolboreta.
A beleza como forma de transmitir cultura, se non me crees, preme na imaxe de aquí abaixo e mira !!!
Il etait une fois - Benjamin Lacombe from B&C on Vimeo.
Pois se así é a presentación , imaxínate ter o libro nas mans.venres, 24 de decembro de 2010
AS 12 UVAS DA SORTE
O 22 de decembro festexamos a chegada das vacacións de Nadal facendo obradoiros cheos de encanto.!! Os nenos e nenas da escola participaron nesta actividade elaborando felicitacións, xogando ao bingo, pintándo a cara, cantando no karaoke ou escoitando os contacontos. Con tanta festa entrounos fame así que paramos para tomar un rico chocolate Mmmmmm!!
Para rematar.... comemos as 12 uvas da sorte...
Deixovos unha mostra da festa que fixemos pola chegada do 2011...
Felices festas a tod@s!!
xoves, 23 de decembro de 2010
FESTA DE NADAL NO COLE.O grupo dos renos.
BO NADAL!, xa sabedes quen son. Son Perecho e...non me podía perder a festa do cole Rocío. Así que decidín meterme na bolsa da profe Maricruz e miralo todo para contarvos o que aconteceu. Pois, na primeira hora da mañá os nenos/as estiveron nas aulas a esperar que viñera o Carteiro real, pero por mor do mal tempo foi imposible que se poidera achegar, así que a profe deu as cartas aos rapaces para que as enviaran coas súas familias. Que lle imos facer! Namentres esperaban, fixeron unhas tarxetiñas distintivas con debuxos diferentes: uvas, gorros, reno,...que serían os símbolos dos diferentes grupos.
Despois reuníronse todos no comedor e tódolos nenos/as, mesturados por cursos, fóronse xuntando cos profes co distintivo que correspondía. A profe Maricruz era a encargada dos renos da escola. As únicas nenas da clase que lle tocaron á profe foron Sara e Valentina, pois os demais estaban noutros grupos con outras profes.
Despois da xuntanza comezaron a facer o percorrido polos distintos obradoiros.
1ºOBRADOIRO:Elaboración dunha tarxeta de felicitación na aula de plástica.
Esta é Valentina facendo a súa postal con diferentes materiais: cartoliñas, teas, gomets, papel de seda...
Sara fixo o mesmo e quedaron superbonitas. As postais foron repartidas de xeito aleatorio, pois non levan nome, entre tódolos rapaces do cole. A elas tocáronlles unhas tamén moi bonitas.
Eiquí, abaixo, está o grupo dos renos ao completo, na mesa de traballo da aula de plástica.
Este foi o resultado do seu traballo.
De seguido foron á aula da profe Merce, onde estaba ubicado o...
2ºOBRADOIRO: Obradoiro de maquillaxe, onde decidiron que, xa que estaban no grupo dos renos, o mellor era que se maquillaran deles, e así o fixeron. Mirade o resultado.
Primeiro botáronse crema os uns aos outros para que a pintura non fixera estragos na pel, non pique e dure máis tempo.
QUE GUAPA, SARA! |
QUE GUAPO, DANIEL! |
QUE GUAPO, ANDRÉ! |
QUE GUAPO, JULIO! |
QUE GUAPA, LETICIA! |
QUE GUAPA, LAURA! |
QUE GUAPA,YAHIZA! |
QUE GUAPA, LUCÍA! |
QUE GUAPA, CANDELA! |
QUE GUAPA, NOHAYLA! |
CASE NON A RECOÑEZO.É A PROFE MARICRUZ! |
QUE GUAPA, PROFE MERCE! |
QUE DIVER É PERTENCER O GRUPO DOS RENOS! Por qué non nascería neno en vez de trasno? |
Despois achegáronse á aula da profe Olga que esperaba para facer con eles un obradoiro de...
3ºOBRADOIRO: Karaoke-conto. Encantoume este obradoiro, e a profe Olga, como canta tan ben, fíxoo guay, foi algo diferente. Ademais sabía todas as cancións. Como a sá estaba escura, eu aproveitei para estirar un pouco as pernas, pois estábanseme quedando durmidas dentro da bolsa, e mireino todo estupendamente sentado no alto do armario da clase.
Eu non sabía que depois ían tomar chocolate quente con bizcoitos, qué bos! ,no comedor, e que por fin podería mirar ó resto dos nenos/as da profe Maricruz.
Sen que ninguén se decatara probei un pouquiño e collín un bizcoito.
Os nenos/as poideron comer ata 3 ou 4 polo menos e ata repetir o chocolate.
A profe non se decatou de min porque estaba moi atarefada coas mesas e con que a ningún rapaz lle faltara nada, que bos son os profes desta escola que, a pesares das obras e de non poder facer o festival, como tódolos anos, fixeron que fose para os nenos/as un día moi especial.
Despois achegáronse ata a aula Tic onde esperaba a profe Belén para visualizar, no encerado dixital, o conto de "O abeto". Foi precioso.
4ºOBRADOIRO:"O abeto" na aula Tic.
Case choro porque xa sabedes que eu vivo na fraga e non sabía onde levaban as árbores abetos que cortaban. Por favor, non merquedes abetos naturais, mellor de plástico, así non mataremos ningún ser vivo só para gozar vós uns días ó ano .O que ten a profe na aula de 4 anos é de plástico, como ten que ser, por iso son amigo da profe e dos nenos e nenas de 4 anos, porque coidan o planeta cos seus feitos.
5º OBRADOIRO: LOTARÍA na aula de psicomotricidade a cargo do profe de ed. física Fran.
É moi divertido e eu non coñecía nin este xogo nin o profe Fran que é novo na escola. Gustoume. O que pasa e que quedei atrapado dentro do bombo e mareeime. Grazas a Valentina puiden saír e descubríronme, polo que marchei como unha bala a agocharme dentro da bolsa da profe.
Valentina tentándome sacar do Loto. |
Yahiza fixo liña pero non había premio. O mellor, á volta de vacacións, hai algo para ela.
O profe Fran explicando como se xoga. |
Os maiores axudaron ós máis cativos con algúns números complicados para eles. |
E cal sería a miña sorpresa que...,outra vez de volta ao comedor escolar, e...esta vez para que?
Para dar os agasaios aos participantes e gañadores dos contos de medo do Samaín.
E eiquí temos ós nenos/as de 4 anos. Só por participar, xa son gañadores: Brian, Nicolás, Manuel e Noa. Os agasaios foron dados pola profe Cris. Ah! Manu, non é que non poida abrir o ollo e que está todo o tempo chiscando á profe cada vez que lle fai unha foto, é moi ,moi simpático. Cáeme ben Manuel pois é un pouquiño traste coma min. |
E...de súpeto vexo vasos con 12 uvas, badaladas de campás e todo o mundo comendo unha por cada badalada. Que raro!
E abriron unhas botellas dunha cousa que se chama CHAMPÍN e que parece esa bebida que os humanos toman nas festas. E todos /as dábanse apertas e desexabanse un felíz aninovo. Eu non podo amosarme moito porque seguro que me collen para experimentar os científicos, pero deséxovos tamén que o ano que ven sexa estupendo, que eu teña unha fraga onde vivir como é o parque da Bouza, e que poida investigar polo cole novo ás miñas anchas e descubrir tódalas cousas bonitas que fan os meus amiguiños desta escola.
Feliz Aninovo 2011.
PERECHO.
FELIZ 2011 A TÓDOLOS QUE SE INTERESAN POR NÓS VISITANDO O NOSO BLOGUE. ATA O ANO QUE VEN!
O 10 DE XANEIRO, TODOS XUNTOS OUTRA VEZ.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)