xoves, 9 de decembro de 2010

QUE MÁGOA!

O pasado venres recibimos unha mala nova, a ameixeira tan bonita e que tan ricas ameixas daba chegado o mes de xuño, e que acollía as nosas celebracións polo día das Letras Galegas, chegou ao seu último día na nosa escola o pasado xoves 2 pola tarde. Caeu sen remedio, non se sabe ben se a consecuencia dos movementos da terra polas demolicións ou unha simple coincidencia polo seu mal estado. Aquí tedes unha mostra de como quedou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario