domingo, 12 de decembro de 2010

O PROBLEMA DO PATIO.

Xa pasaron bastantes días dende que remataron as nosas movilizacións. A Consellería esta a  cumprir co prometido, pero, que acontece cos prazos?. Dixeron que en tres ou catro días disporíamos dun patio adecuado para os nosos nenos e nenas, pola contra, xa pasaron máis de quince días e os nosos nenos seguen pechados nas aulas.
Non se pode seguir así!!.
Dende a Dirección do centro,  en conformidade co Claustro, establecéronse as pautas a seguir. Chamouse á Xefatura Territorial o xoves e o venres xa estaban  a traballar. Falaremos da evolución  do mesmo , esperando que sexa favorable, pois  os nenos precisan un patio no que gozar do seu tempo de lecer. Como dirían algúns PARECE A OBRA DO ESCORIAL!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario