sábado, 20 de xuño de 2020

AGRADECIDOS

O claustro de mestres agradece o agasallo dunha das súas alumnas, e  manifesta, tamén, o agradecemento ás familias polo gran traballo desenvolvido ao longo destes tres interminables meses de confinamento e por ter sobrevivido á teleformación. Estivemos todos moi preto a través das pantallas dos nosos computadores, agora toca descansar e gozar dunhas merecidas vacacións esperando retomar o ensino presencial no mes de setembro.

venres, 19 de xuño de 2020

GRADUACIÓN 2019/2020

Hoxe despedimos ao alumnado do sexto curso de primaria, por vídeo conferencia, coa  "tele presencia" de alumnos, equipo directivo e parte do Claustro. A titora, dixo unhas verbas aos  titulados na Educación Primaria, e foi nomeando a cada un para  que os seus pais lle fixeran entrega da insignia da escola, do diploma e a orla.
Tamén lles amosou unhaa banda co título oficioso  que  gañaron ao longo do seu paso pola escola e que lle será entregada nun encontro persoal nalgún punto da xeografía viguesa. Así, despedímonos de Mr. Fesvellasverzas, Mrs. Filósofa, Mr. Pacificador, Mrs. Sosego, Mrs. Optimista, Mrs. Fuxefuxe,...
Begoña, deulle a palabra aos rapaces para que lesen a súa carta de despedida; aos pais, que como estaban chorosos non foron quen de articular palabra, pero que quixeron rematar o acto co seu agradecemento ao labor educativo dos mestres que traballaron con eles durante estes anos  e  entregaron a súa mestra Begoña, un fermoso centro de flores e un tapabocas personalizado. Aproveitamos para impoñerlle unha banda co título de Dna. "Ata a corupela..."




GRAZAS FAMILIAS!
BOTARÉMOSVOS EN FALTA,
 E XA SABEDES,
AS NOSAS PORTAS ESTARÁN SEMPRE ABERTAS 
PARA TODOS VÓS.


Tentaremos ir na busca de imaxes que plasmen o encontro... 
Aquí están as imaxes:
 

domingo, 14 de xuño de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS ECO-LÓXICAS

Despois desta crise do coranavirus, nunca antes tivéramos tan claro a importancia do coidado do noso planeta.  Haberá que tomalo en serio, non?
Publícanse moitos libros sobre o tema , aqui presentamos unha pequena selección.

venres, 12 de xuño de 2020

DÍA 89 #NACASA: LEMBRANDO O COLE

Xa é moito o tempo que levan @s nen@s na casa. Aquí temos a Lía que seguro representa a tantos ... que lembran ás súas profes e aos seus compañeiros.

mércores, 10 de xuño de 2020

USO RESPONSABLE DAS PANTALLAS

Nestes días nos que o confinamento  empeza a ceder, é bo recordar a importancia do uso controlado e responsable de todo tipo de pantallas nos nen@s, 


luns, 8 de xuño de 2020

DÍA 85 #NACASA: 8 DE XUÑO DIA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Aínda que sexa un día despois non podemos deixar de  ter en conta isto: Os residuos afogan a vida mariña e con ela a nosa propia. Cando imos reaccionar?

Entra nos seguintes vídeos 

               



Actividade extraída do blog A sombra do érbedo

ENIGMA VIII DO DOUTOR BACILUS


domingo, 7 de xuño de 2020

SOLUCIÓN ENIGMA VII DO DOUTOR BACILUS


Novos 5 puntos para: Pablo de 3º, Xoana de 1º, Daniel C. de 6º , Cristian de 5ºe Rebeca de 2º. E 2 puntos para Silvia de 5º por participar.

DÍA 84 # NaCasa, Xoana acepta o reto de Juan

Fermoso vídeo enviado por Xoana, alumna do primeiro curso de primaria, noraboa!

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO DIA INTERNACIONAL DO MEDIOAMBIENTE

De teren ido as cousas como se pensaran, hoxe teríamos un día de celebración e reivindicación polo noso planeta, pero chegóu o coronavirus e todo alterou.
Aquí imos recordar  a importancia do cuidado do noso entorno. Agora máis que nunca é importante facelo. Empecemos por un conto: ¿ Que le pasa al planeta?



Autoría do cartaz: Estefanía Torres. Mestres de Galicia.
Se  practicas os  ECO-RETOS,  e logras colocar todas as bandeiras , serás un :
ECO-RESPONSABLE






Os nosos cativos fixeron #NaCasa uns debuxos para conmemorar este día.


DÍA 82 #NaCasa: @s cociñeir@s do Resío