Hoxe os de Infantil pasamos parte do día en Apípolis. Aprendimos moitas cousas das abellas, vestímonos de apicultores e entramos no apiario, vimos o procesado e envasado da mel e fixemos unha vela coa cera. Tamén amasamos para facer unhas ricas galletiñas de mel que tamén comimos. Traballamos moito pero pasámolo moi ben.
martes, 30 de abril de 2024
domingo, 28 de abril de 2024
ESTAMOS NO ÁRTICO
Creando ambientes do proxecto documental integradocrear este inglú o alumnado do sexto curso de primaria tivo que reciclar moitas caixas de ovos. Parece sinxelo pero a montaxe foi complicada pois as oveiras de cartón son demasiado rectas.
Pintalas tamén levou moito tempo. Estamos desexando ver como queda rematado o ambiente do ártico!
venres, 26 de abril de 2024
RESUMO DAS XIII XORNADAS DE EXPERTOS "UN PLANETA CHEO DE VIDA"
Na seguinte presentación tedes acceso ás distintas conferencias de expertos levadas a cabo polos distintos cursos ao longo do presente mes de abril.
Esta actividade enfronta ao alumnado a un dos retos máis importantes da educación: unha necesaria autonomía que permite á persoa actuar dun xeito consciente e transformador da realidade, adquirir coñecementos, formar conceptos e desenvolver habilidades tendo o papel de protagonista no proceso de construción do seu propio coñecemento. Ademais, debe ter como principio básico o respecto á diversidade, co fin de promover, potenciar, espertar ilusión e motivación para a aprendizaxe.
Cada curso evidencia máis o traballo levado a cabo nas aulas e permite demostrar o nivel de competencia lingüística do noso alumnado.
Unha actividade na que todolos participantes melloran os niveis competenciais.
CONFERENCIA EXPERTOS NAS FRAGAS E NOS BOSQUES, QUINTO DE PRIMARIA. XORNADA DE CLAUSURA.
Benqueridas familias, a XIII edición de Expertos, chega ao seu fin hoxe, coa última conferencia sobre as fragas e os montes. Esparamos que gozarades tanto coma nós destas xornadas.
Vémonos no vindiro curso escolar nas seguintes.
xoves, 25 de abril de 2024
RAMÓN VEIGA VISITA A NOSA ESCOLA
Hoxe visitounos Ramón D. Veiga. Contounos moitas cousas dos seus libros e personaxes e presentounos un novo conto. A rapazada de educación infantil pasouno moi ben neste encontro.
mércores, 24 de abril de 2024
martes, 23 de abril de 2024
23 ABRIL, DÍA DO LIBRO
Hoxe é un día especial, na escola celebramos o día do libro. Levamos días preparando a actividade de lecturas compartidas, onde os maiores len contos aos pequenos, polo que houbo que elexir o libro que iamos contar aos afillados , preparala lectura,... e os máis cativos fixeron un marcapáxinas nas aulas para agasallarlle aos seus padriños/madriñas.
Por outra banda coñecemos a resolución do xurado que nomeou aos gañadores do concurse de deseño da chapa identificativa do evento do día de hoxe mailo cartaz.
Pasámolo fenomenal e o tempo acompañounos toda a mañá.
Xa desexamos que chegue o vindeiro día do libro.
Por outra banda, o Equipo de Biblioteca preparou tamén unha fermosa exposición de libros sobre os libros.
VISITA Á FRAGA DAS ALVOREZAS
O martes 23 de abril, os alumnos de 5º e 2º de Ed. Primaria fixemos unha visita ao monte comunal de Matamá.
A
maior parte deste monte está dedicada ao monocultivo de eucaliptos.
Porén, existe un reducido espazo no que a Comunidade de Montes coida dun
pequeno bosque mixto de árbores autóctonas: A Fraga das Alvorezas.
- Carballos
- Castiñeiros
- Estripeiros
- Érbedos
- Loureiros
- Acivros
- Paxaros
- Escaravellos
- Arañas
- Avelaíñas
luns, 22 de abril de 2024
LOLO E A PAPIROFLEXIA
Hai uns días visitounos Lolo, o pai de Irene de 1º de Primaria. Tivemos unha divertida xornada aprendendo a facer papiroflexia. Fixemos unha máscara, un vaso e un páxaro que ata o botamos a voar.
Moitas grazas Lolo!
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
Que mellor xeito de celebrar o Día da Terra co alumnado do sexto curso de primaria, creando un Stop Motion?.
En equipos cooperativos, utilizando masa de modelar, o alumnado, nunha sesión de traballo, creou con ela distintos personaxes, que utilizaron posteriormente, xunto con pezas de lego unhas fermosas curtas animadas no que incentivan o coidado do planeta.
CONCURSO CHAPA IDENTIFICATIVA DÍA DO LIBRO.
Pois xa temos os gañadores!
Grazas a tódolos participantes, o xurado tivo un traballo difícil para poder facer a selección dos identificativos dos padriños e madriñas lector@s e a dos afillad@s. Mañá coñeceredes o resultado!
venres, 19 de abril de 2024
xoves, 18 de abril de 2024
HOXE VISITOUNOS ... EDUARDO SANTIAGO
O escritor do libro que traballamos no terceiro curso de primaria, Eduardo Santiago, "A miña amiga invisible" acompañounos hoxe para contarnos moitas cousas. Un pracer contar contigo!
mércores, 17 de abril de 2024
CLUB DE LECTURA CON HÉCTOR CAJARAVILLE
No club de lectura de Picolindo aproveitamos a visita de Héctor Cajaraville aos cativos de Educación Infantil, para falar do seu libro "Kusuma", que tanto nos está gustando e que ten moito que ver co noso tema anual "Un planeta cheo de vida"
martes, 16 de abril de 2024
luns, 15 de abril de 2024
COMEZAN AS XIII XORNADAS DE EXPERT@S
Hoxe dan comezo as XIII XORNADAS DE EXPERT@S nun PLANETA CHEO DE VIDA.
Teñen a sorte de inaugurar as xornada o alumnado do cuarto curso de primaria que son expert@s nas Illas Atlánticas.
Esperemos que gocedes da conferencia.
ESCOLA DE PAIS
O pasado luns, a ANPA do Resío organizou un taller para familias do cole sobre "Riscos asociados ao uso da Internet aos que se expoñen os nosos fillos e fillas. Foi impartido pola Policía Nacional no marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. No taller, que foi moi interactivo con moitas preguntas e dúbidas por parte dos pais e nais asistentes, falouse da conveniencia ou non de que os nenos e nenas teñan teléfono móbil, cando deben poder usalo, como e que poden facer os pais e nais para lograr un uso óptimo da Internet por parte da rapazada; de como debemos acompañalos... Faláronnos do acoso por internet, do uso das RRSS dende idades temperás ou de como o 80% dos nenos e nenas menores de 10 anos en Europa teñen algún tipo de acceso á pornografía en internet.
O taller foi realmente ilustrativo para as familias, pois falaron e discutiron de temas que, sabendo da súa roblemática, foi didáctico e enriquecedor coñecer máis datos da man dun experto.
HOXE VISITANOS: RAMÓN ROMERO NOGUEIRA
Os nenos e as nenas de 1º, recibiron hoxe a visita de Ramón Romero, o autor de " A abelliña que perdeu as ás". Contamos o que máis nos gustou e Ramón asinounos os libros.
venres, 12 de abril de 2024
xoves, 11 de abril de 2024
TRABALLAMOS O PLANETA E O CÓMIC, O CÓMIC DA VIDA E DAS EMOCIÓNS
Todo o alumnado de educación primaria gozou ao longo desta semana dusn obradoiros de vida e igualdade con Kame Cómic.
Iago e María mostraronnos que se buscamos reevindicacións de ecoloxía, o primeiro que aparece no navegador son sempre mulleres, e moitas das personaxes dos cómic son nenas.
Os cómics son unha ferramenta poderosa para tratar temas ambientais. A través de historias, poden concienciar, educar e inspirar aos lectores sobre a importancia de protexer o noso planeta.
Os cómics frecuentemente presentan desastres naturais que resaltan a vulnerabilidade do planeta. Todo isto pode ser causado ou agravado polo ser humano.
Algúns superheroes teñen poderes ou misións relacionadas coa natureza e a protección ambiental. Estes personaxes adoitan loitar contra ameazas ecolóxicas e servir como símbolos de defensa do medio ambiente.
Alén de entreter, moitos cómics tamén critican prácticas industriais nocivas, políticas insostibles e a explotación desenfreada dos recursos naturais. Isto pode fomentar unha reflexión crítica entre os lectores.
Coa axuda de Iago e María cada rapaz, creou o seu superheroe da reciclaxe. Todos fixeron uns fermosos deseños, e crearon fermosas personaxes.