martes, 9 de abril de 2024

CONSTRUÍMOS UNHA CHARCA NA ESCOLA

 O presente curso escolar, a aula do sexto curso de primaria, foi experto na charca. Para poder desenvolver o seu proxecto deciciron, en colaboración de outros membros da comunidade educativa, construír unha charca. O principal obxectivo é o de promover o respecto polo medio ambiente espertando a curiosidade e o traballo cooperativo. Desenvolver a observación é outro dos obxectivos pois para coñecer as caractrerísticas dos ecosistemas acuáticos, temos que saber identificar as plantas e animais que viven na charca, comprender o ciclo da auga, e aprender sobre a biodiversidade e as relacións entre os seres vivos. 

O proceso de construcción foi sinxelo. Primeiramente planificamos e deseñamos cómo queriamos a charca, mercamos o material necesario, buscamos o espazo onde colocala e coa axuda duns albaneis, fixemos a excavación e preparamos o terreo. Cando estaba todo preparado, enchemos a charca e so quedaba facer a plantción das plantas acuáticas e introducir a fauna.

Metemos cágados, tritóns, peixes,... que trouxeron as familias; pero,... ao cabo dos días non observamos a ningún. O acontecido o saben as gaivotas. Tivemos que volver a  traballar activamente, volvemos a meter cágados, tritóns e peixes, pero desta vez, protexemos a charca cunha rede que tiña o profe Juan no ximnasio. Agora estamos a facer un seguimento da charca, elaboramos un diario de campo e facemos debuxos e anotacións.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario