O Samaín chegou a nosa escola. Ahí vai unha terrorífica mostra de como o vivimos en infantil!!
Din que cando o outono comeza a pintar as árbores de tons dourados e o vento fai bailar as follas polo patio, algo misterioso acontece na nosa escola...
Pouco a pouco, e sen facer apenas ruído, regresa a temida Bruxa do Saltón no Nariz. Ao seu carón aparece a bruxa verde e luminosa, e tamén a Bruxa Ruidosa, sempre disposta a gastar algunha trasnada. As tres instálanse no xa famoso Túnel do Medo, onde este ano non están soas.
No seu inseparable columpio balancea Manolito, o dos Osos, observando todo o que acontece cun sorriso pícaro. Pero as novidades non rematan aí. Entre sombras, risas agochadas e algún que outro arrepío, chega un novo inquilino ao corredor: un personaxe tan falangueiro que non cala nin debaixo da auga; un camareiro moi particular que percorre os recunchos berrando de cando en vez, conseguindo que máis dun e dunha dea un chimpo inesperado.
O corredor énchese entón de maxia, misterio e diversión. Sorrisos ocultos tras máscaras, árbores fantasmagóricas que semellan cobrar vida, enormes teas de araña penduradas por todas partes e, completando aquel escenario encantado, as fermosas cabazas decoradas polas familias, que converten cada recuncho nun anaco de conto.
E por fin chega o gran día.
A rapazada aparece disfrazada, cada quen máis terrorífica, creativa e orixinal que a anterior. Monstros, bruxas, esqueletos, pantasmas e criaturas misteriosas percorren a escola preparados para vivir unha xornada inesquecible. Os corredores énchense de emocións, de gargalladas, de ollos ben abertos e tamén dalgún que outro arrepío.
O Albatros, os Furóns e o resto das aulas saben ben o que significa atravesar aquel corredor unha e outra vez. Menudo corredor! Menudo medo! E que divertida resulta a aventura de ter que cruzalo a cada hora!
Porque, se algo aprendemos cada Samaín, é que o medo tamén pode ser un xogo. Na nosa escola xogamos coas emocións, cos disfraces, coa imaxinación e coa diversión. Aprendemos a rir dos sustos, a compartir momentos especiais e a crear recordos que permanecerán connosco moito tempo despois de que as bruxas desaparezan entre as sombras...
Ata o próximo Samaín.



.png)






















.png)


.png)
.png)
.png)
.png)
.png)

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)


.png)
.png)
