sábado, 30 de novembro de 2013

OS NEN@S DE CINCO ANOS TRABALLAN O OUTONO PINTANDO CON Giuseppe Arcimboldo.

Arcimboldo foi un pintor italiano que creou orixinais cadros e retratos nos que empregaba elementos recollidos da natureza tales como froitas, verduras, flores e legumes.
A actividade xorde como un PROXECTO dentro do Plan Anual de Centro GALICIA 365. Na nosa terra no outono temos moitas festas que ensalzan elementos da natureza, polo que este pintor permítenos traballar moitas facetas do mesmo. 
Coñecimos a orixe deste pintor, onde naceu, cando,.. e logo propuxemonos imitar o xeito de pintar deste gran artista,  coa obra "El Otoño".


Pois mans á obra. O primeiro que fixemos foi fixarnos a posición do corpo no retrato. Non é un retrato de fronte, senón de perfil. Sacámonos fotos no corredor da escola e unha vez impresas as nosas fotografías,  comezamos a debuxar cabazas, laranxas, mazás, uvas, castañas, noces,.. Non  foi  unha tarea sinxela, pero... despois de moitas sesións de traballo o acadamos  elaborar o noso propio cadro, imitando a Arcimboldo.

Papis e mamis, contade as follas que están arredor do cadro. Son moitas?, son poucas?, pois tivemos que, entre todos; colorealas e recortalas. Non foi nada sinxelo, pois aínda nos custa moito utilizar as tesoiras. A profe Ángela, díxonos que na casa podemos recortar, pero que temos que coller ben as tesoiras, non serve collelas de calquera xeito. Debemos facelo como ela nos explicou, queredes que volo conte? .
Esperamos que gocedes co noso traballo, nos estamos moi satisfeitos. Estamos contentísimos co noso traballo e quedounos unha exposición fermosa. Dentro duns días, cando chegue o tempo de Nadal, levaremos o traballo para casa e entre todos, buscaremos a parede máis axeitada para colgar a MIÑA OBRA DE ARTE.



 Aproveitamos para traballar, a poesía "El retrato del emperador".

Con frutas, verduras y flores
pintaba Arcimboldo emperadores.
No necesitaba mirar al modelo,
prefería un buen frutero.

Con peras y manzanas
iba haciendo las caras.
Para la frente despejada
una flor bastaba.

Las mejillas sonrosadas
salían con dos manzanas.
Con una pera hacía la nariz
y para la oreja una mazorca de maíz.

Ojos, párpados y cejas
con espigas, guisantes y frambuesas.
Con dos pepinillos
hacía los bigotillos.

Manzanas, ramilletes y castañas
le ponían barbas bien extrañas.
Para el pelo y las melenas
espigas y uvas por docenas.

Aunue parezca mentira el cuello y la garganta
con cebollas, pepinos y nabos no se atragantan.
Sin camisa el pecho
con una calabaza está hecho.

La capa de flores, alcachofa y espigas
es una capa que da mofa y no abriga.
Pero el retrato está hecho,
no parece contrahecho
y Arcimboldo queda satisfecho.

Poesía sacada do libro "Cada cuadro con su cuento"Ed. Anaya.
 

venres, 29 de novembro de 2013

OS NENOS E NENAS DO ROCÍO NA FUNDACIÓN LAXEIRO.

O pasado mércores día 27, os nenos de terceiro e cuarto curso de educación primaria visitaron a FUNDACIÓN LAXEIRO.
Visitaron a exposición e fixeron un obradoiro . Laxeiro naceu en 1908 na parroquia de Donramiro, no concello de Lalín, emigrou a Cuba, onde estaban xa os seus pais e aos dezasete anos, voltou a Lalín enfermo e as montañas dín que o curaron. Nesos momentos decidiu adicarse a ser pintor, é... se queredes saber máis cousas da súa vida, non tedes máis que ler o libro co que agasallaron aos vosos fillos.
Coma sempre, unha actividade moi educativa.

luns, 25 de novembro de 2013

OS NEN@S DE SEGUNDO FORON DE VENDIMA CON ANA.

Xa hai tempo que aconteceu, foi alá polo mes de setembro, pero non tiveramos tempo de colgalo do blogue. Os nenos e nenas do segundo curso de educación primaria viviron a gran experiencia da VENDIMA.
Chegaron á bodega, colleron os cubos, as tesoiras é... a vendimar. Unha gran parra que en menos de media hora quedou recolectada. Logo tocou limpar as botas e pisar as uvas. Probamos o mosto e quedou a elaborarse o viño. Un gran traballo feito entre todos.
E o mellor.....
O pasamos fenomenal.

xoves, 21 de novembro de 2013

UN OUTONO DE CORES.

VERMELLO,
AMARELO,
LARANXA,
VERDE,
MARRÓN
Nenos e nenas, colleron os pinceis,
pecharon os ollos
e ...
coa  IMAXINACIÓN
isto é o que fixeron.


 


Temos uns  artistas!

mércores, 20 de novembro de 2013

CONCURSO DE DEBUXO. DEBUXA O TEU COLE COS BOLECHAS.


Os Bolechas e Novagalicia Banco poñen en marcha o concurso escolar "Debuxa o teu cole" para todos os nenos e nenas galegos. Debuxa o teu cole é un concurso de debuxo para os alumnos de Infantil e Primaria. Os nenos terán que plasmar a súa visión particular do seu colexio. Con esta iniciativa quérese salientar o papel que xoga o outra banda, preténdese fomentar a creatividade dos máis pequenos e invitalos a realizar unha actividade lúdica e divertida. 
Dende a nosa escola imos participar nesta iniciativa. Velaquí unha mostra dos traballos dos nenos e nenas de primeiro, segundo e terceiro curso de educación primaria.


martes, 19 de novembro de 2013

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA. CONSERVAS DO MAR.

No día de onte, tódolos nenos e nenas de Educación Primaria desenvolveron na escola uns obradoiros para o Fomento do consumo de Conservas de Produtos do Mar. Esta actividade está dentro dun dos PLAN PROXECTA, en concreto do ALIMENTA-T BEN, solicitados pola nosa escola.
 
Tentouse explicar aos nosos alumnos a importancia dunha alimentación adecuada, unha alimentación completa e variada para que lles achegue a enerxía necesaria para ir á escola, estudar, facer deporte, xogar,...
Os produtos de mar son uns alimentos ricos en proteínas, materia graxa, vitaminas e sales minerais, e constitúen un dos máis importantes recursos alimenticios.
Tratouse de demostrar aos vosos fillos e fillas que as conservas son unha forma sa e cómoda de gozar dos produtos do mar; podemos saborealos sempre que nos apeteza.



.