Vídeo realizado por Mª Luz Paramio.
domingo, 31 de maio de 2020
SOLUCIÓN ENIGMA VI DO DOUTOR BACILUS
NOVOS 5 PUNTOS PARA: Pablo de 3º, Xiana de 3º, Cristian de 5º e Rebeca de 2º
sábado, 30 de maio de 2020
venres, 29 de maio de 2020
xoves, 28 de maio de 2020
mércores, 27 de maio de 2020
martes, 26 de maio de 2020
luns, 25 de maio de 2020
domingo, 24 de maio de 2020
SOLUCIÓN ENIGMA V DO DOUTOR BACILUS
NOVOS 5 PUNTIÑOS PARA: CRISTIAN DE 5º, REBECA DE 2º, XIANA DE 3º, SILVIA DE 5º, PABLO DE 3º E XOANA DE 1º
DÍA 70 #NaCasa. COCIÑA EN TEMPO DE CONFINAMENTO
O noso alumnado tamén aproveita o tempo de confinamento para aprender a cociñar. Primeiro escriben as receitas, e logo as levan a cabo coa axuda da súa familia. A rapazada pon en práctica as súas habilidades de chef.
sábado, 23 de maio de 2020
Día 69 #Na Casa Bailando en familia nas Letras Galegas
Celebrando a festa das Letras Galegas na casa. Canto axudan as artes a pasar o tempo de confinamento
venres, 22 de maio de 2020
22 DE MAIO DIA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA
A biodiversidade é o conxunto de
todos os seres vivos do planeta, o ambiente no que viven e a relación
que gardan con outras especies.
Están en perigo? Que opinas?
Están en perigo? Que opinas?
Queres saber máis? ABRE
Aquí tes tres contos chulis sobre esto para ler doados gratuitamente polos autores/editoriais, algún témolo no cole, alí pechadiño... Toca neles e poderás lelos .
Aquí tes tres contos chulis sobre esto para ler doados gratuitamente polos autores/editoriais, algún témolo no cole, alí pechadiño... Toca neles e poderás lelos .
DÍA 68 #NaCasa, SOGAMA PUBLICITA O NOSO TRABALLO
Hoxe SOGAMA, faise eco da nosa actividades. Grazas por contar con nós.
"Crea o teu maio con material de refugallo"
- Así se titula o proxecto co que o CEIP “Virxe do Rocío” de Vigo, un dos 25 centros de primaria que participan este curso académico no programa “Recíclate con Sogama”, quixo render a súa particular homenaxe ao Día Internacional da Reciclaxe.
- Coa colaboración das familias, os escolares plasmaron, nunha serie de obras elaboradas con materiais de refugallo, como é este mes de maio desde as súas casas.
- A través dos distintos traballos pódese comprobar que o espírito primaveral non decaeu, manténdose tamén firme o compromiso dos pequenos co medio ambiente e, sobre todo, a ilusión e a esperanza de que podamos superar este mal momento.
No marco da crise sanitaria orixinada polo COVID-19, as clases presenciais suspendéronse a mediados do pasado mes de marzo e, tanto profesores como alumnos, tiveron que facer un gran esforzo para adaptarse ás novas circunstancias e seguir traballando desde a distancia para que a aprendizaxe tivera continuidade.
Pero esta situación non limitou a creatividade nin a imaxinación da comunidade educativa, nin moito menos a iniciativa deste centro de cara a promover actividades atractivas que poidan estimular o interese do alumnado e a participación das familias nos seus proxectos.
Os escolares reflectiron nos seus traballos como é este mes de maio que non poden gozar como quixeran, pero que non truncou para nada a esencia e o colorido da primavera, o anticipo do verán e das vacacións, e, sobre todo, a ilusión e a esperanza de que podamos superar este mal momento.
Os pequenos lograron que revistas, cartóns, briks, tapóns, restos de teas, botellas plásticas e de vidro, e papel, entre outros materiais, se vestiran de gala e se converteran en distintas obras nas que retrataron a natureza: árbores, animais, flores, xarrón, bonecos e plantas.
A mensaxe da reciclaxe está moi presente neste labor pedagóxico a través do cal os pequenos comprenden e interiorizan como o aparentemente inservible se converte en algo útil e como o aparentemente feo se transforma en beleza. En definitiva, como os residuos poden converterse en recursos a través dunha axeitada xestión.
O colexio Virxe do Rocío é un dos 25 centros escolares de primaria que este curso académico participa no programa educativo “Recíclate con Sogama”, a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
A súa dedicación, interese, entusiasmo e esforzo traspasou as aulas, posibilitando que a reciclaxe se estenda a cada fogar e a cada familia.
Desde Sogama, o noso máis sincero agradecimiento.
xoves, 21 de maio de 2020
DÍA 67 #NaCasa: PICOLINDO TAMÉN USA TAPABOCAS
Picolindo nos informa e nos lembra que para maiores de 6 anos na vía pública, nos espazos ao aire libre, e nos espazos pechados de uso público hai que usar tapabocas salvo poder manter unha distancia interpersoal mínima de 2 metros ou salvo causa de forza maior.
Mañá entra en vigor o
USO OBRIGATORIO DE TAPABOCAS
Manda os teus debuxos!
Manda os teus debuxos!
mércores, 20 de maio de 2020
martes, 19 de maio de 2020
DÍA 65 #NaCasa, 17 de maio, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE
No marco do DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE, dende a escola propúxose ás familias:
CREA O TEU MAIO
CON MATERIAL DE REFUGALLO,
proposta que tivo unha excelente acollida; polo que temos que agradecer a colaboración e implicación de tódalas familias e do alumnado.
Grazas pola vosa participación!
Etiquetas:
CORONAVIRUS,
EDLG,
FESTAS,
OS MAIOS,
PLÁSTICA
luns, 18 de maio de 2020
DÍA 64 #Na Casa: XENTE DO RESÍO
O alumnado do segundo curso da E.P. sorprendeu á súa titora e ao resto dos mestres da escola cun precioso vídeo de agradecemento!.
Grazas a vós e ás vosas familias por animarnos a seguir adiante.
Neste confinamento, tod@s estamos a aprender moito!!!
A rapazada, ata lingua de signos!
GRAZAS!
domingo, 17 de maio de 2020
DÍA 63#NaCasa
Hoxe sentimos morriña; botamos en falta, a festa, os maios, o baile das fitas, ... no 2021, celebrarémolo xuntos. Hoxe imos rememorar o vivido no curso pasado. Temos a sorte de contar co vídeo dunha familia que presenta o seu particular baile das fitas en arredor do maio.
A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.
Volvendo ao día das letras, deixámosvos un dos libros de Carvalho Calero máis acaído para os nosos cativos, “As Pitas Baixo a Choiva”, que comparte con nós a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.
O CONTO:
Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato conto, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora
.
sábado, 16 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
DÍA 61 #NaCasa, AXUDAMOS A MANTELA LIMPA E ORDENADA
Os noso alumnado ten un reto, ensinarnos a facer unha cama. Cristian sabe facelo moi ben. Noraboa!
SOLUCIÓN ENIGMA IV DO DOUTOR BACILUS
Novos 5 puntos para : Martín A. de 6º , Marina de 4º,J ulia Rguez. de 3º, Noa F. de 6º , Carlos de 4º , Xiana de 3º, Cristian de 5º e Rebeca de 2º. Noraboa .
xoves, 14 de maio de 2020
mércores, 13 de maio de 2020
martes, 12 de maio de 2020
DÍA 58 # NaCasa: CREACIÓN DE HISTORIAS
O alumno LUCAS ÁLVAREZ ALONSO do segundo curso de primaria, axudado pola súa familia, crea unha fermosa historia que tamén ilustra.
Encántanos esta tarefa e esperamos que todos vós gocedes con ela.
luns, 11 de maio de 2020
ESCAPE ROOM O MISTERIO DA CASA DE R. CARVALHO CALERO
Facilitado por Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre Carvallo Calero neste enlace ou telos de apoio por se precisades buscar algo.
Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre Carvallo Calero neste enlace ou telos de apoio por se precisades buscar algo.
Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.
domingo, 10 de maio de 2020
CREA O TEU MAIO, DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE
Benqueridas familias, agardamos
que sigades ben. Confiemos en que, aos poucos, comecemos a ver a luz.
Namentres, coidádevos moito.
Debido ás
excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da
epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que
desde a nosa escola facemos cada ano para conmemorar dúas festas tradicionais
na nosa terra:
- A festa dos maios
- O día das Letras Galegas.
No marco
do “Día Mundial da Reciclaxe”, que se
celebrará o próximo 17 de maio, queremos facervos unha proposta:
CREA O TEU MAIO
CON MATERIAL DE REFUGALLO
1. Fai un cono con cartón
2. Recúbreo cun manto verde, sempre de refugallo
3. Decórao como máis che guste, botóns, tapóns, macarróns,...
Unha vez feito o teu mini-maio,
1.
Sácalle unha foto
2.
Mándaa ao watshap da escola 658715569
3.
O prazo vai dende o luns 11 ao luns 18 de maio.
Animádevos! Participade!
Haberá Pikeuros para tod@s.
CARAMOMIA: unha proposta literaria na que podes participar
O próximo luns coñeceremos o primeiro capítulo de @Caramomia a historia escrita por Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico.
A partir da segunda semana os lectores decidirán cousas importantes na trama deste relato de misterio!
En total 24 episodios que se publicarán os luns, mércores, venres e sábados a través da conta de Instagram @Caramomia ao longo de seis semanas. A partir da segunda semana os rapaces poderán ir decidindo cousas importantes da trama a través dunhas enquisas que lanzarán a través da propia rede social. Tal e como explicaba Costas, “ademais dunha novela negra, onde os personaxes terán que emprender unha investigación arredor dun roubo no museo da cidade, este proxecto está concibido coma un xogo, un experimento colaborativo para que estas semanas de confinamento sexan máis levadeiras.”
sábado, 9 de maio de 2020
venres, 8 de maio de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
mércores, 6 de maio de 2020
PREPARAD@S, LIST@S,... Á RÚA.
Un novo agasallo para o noso alumnado. Esperamos que todos vos atopedes ben. Ogallá vos guste o noso traballo.
martes, 5 de maio de 2020
REPLICAMOS PORTADAS
Seguindo co traballo por competencias e co día do libro, o alumnado do 5º e 6º cursos de primaria, replica as portadas dos seus libros favoritos, edita e customiza as fotos para facelas o máis semellantes posible ás portadas orixinais.
Bo traballo para amosar a súa competencia dixital!
luns, 4 de maio de 2020
CONTOS CONTRA O VIRUS
Estes dous contos nos explican que é o coronavirus, como loitar contra el e gañar. Preme nos títulos e poderás lelos.
domingo, 3 de maio de 2020
sábado, 2 de maio de 2020
venres, 1 de maio de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)