mércores, 29 de febreiro de 2012

A orixe das palabras. O Rocío, o Resío

Ás veces, o traballo dos investigadores fainos descubrir cousas sorprendentes, incluso daquelas cousas "de toda a vida" e máis achegadas a nós.
No magnifico traballo de toponimia (nomes dos lugares) de Vigo, realizado por Ivan Sestay, atopamos a orixe do nome do noso barrio e tamén da nosa escola, o Rocío, ou como foi coñecido durante séculos: O RESÍO:

O Resío
É un barrio (aldea) que se corresponde máis ou menos coa actualmente chamada rúa do Resío (na placa rúa do Rocío). Recentemente independizouse eclesiasticamente de Coia e aos curas non se lles ocorreu outra cousa que chamarlle oficialmente parroquia de Nuestra Señora del Rocío, como se o secular nome do Resío fose unha mala pronuncia dese nome da Virxe.

Desde hai xa máis de cen anos o nome deste barrio aparece sempre escrito como Rocío, sen dúbida por unha mala interpretación que fixo pensar que Resío é unha bárbara deformación popular de Rocío.
Non hai nada diso, os paisanos din ben. Aínda hoxe case todos os nativos foron refractarios ao oficial Rocío e seguen a pronunciar O Resío.
Un resío é un vella palabra galega co significado xeral de ‘sobrante ou sobexo dunha terra que queda ao longo do muro que a pecha’ e de aí a ‘faixa de terreo que bordea algúns terreos’ ou mesmo ‘anaco de terreo pechado unido á casa’. Vén do latín RESIDUU, é dicir ‘residuo’ co
sentido de ‘o que se deixa fóra’.


O Salgueiral do Resío
Está localizado na confluencia das rúas Río Miño e Rocío.
As precisas indicacións do catastro do Marqués de la Ensenada indícannos claramente a presenza de salgueiros neste lugar: “... contiene ... treze manzanos, tres perales y zinqüenta sauzes.” 

Pero ata hai pouco non foi ningún salgueiral, senón prados de regadío e secaño e algunha terra de cultivo bastante ruín; o topónimo é, por forza, antigo.

Se vos interesa o tema, aquí tedes as ligazóns ao traballo completo de Sestay, arredor da toponimia de Coia e de Lavadores:



luns, 27 de febreiro de 2012

A CARTA DE AMOR de Picolindo

Despois do ENTROIDO, comezamos falando de AMOR.
Outra emoción importante que non podemos esquecer no noso MAR DE EMOCIÓNS.
PICOLINDO contounos unha historia misteriosa sobre o amor.
PICOLINDO coñecía o AMOR aos pais, aos animais, aos amigos... pero un día recibiu unha CARTA DE AMOR anónima!!
Quen podería ser o seu ADMIRADOR SECRETO?



martes, 21 de febreiro de 2012

ESTAMOS NO ENTROIDO.

  O primeiro, Grazas aos papás, mamás, avoas e avós por colaborar para que a nosa festa fora posible.
Durante o mes de febreiro  traballamos  O ENTROIDO.
O Entroido é a festa máis alegre do ano, época de celebracións, música, diversión, cor e fantasía pero tamén é historia e tradición. 
PICOLINDO
Os  elementos principais son: 
  • os doces,
  • os disfraces, 
  • desfiles e festas pola rúa.
Traballamos: 
  • disfraces,
  •  máscaras, 
  • antefaces, 
  • xogos e cancións, 
  • estimulación sensorial (serpentinas, confeti, globos),
  • maquillaxe facial, etc…
Celebramos actividades que rompen coa estruturación espazo temporal das aulas como son: 
  • obradoiro de elaboración de disfraces,
  • obradoiro de cociña,
  • a festa do Entroido 
  • pasarrúas e
  • o xuizo e sentenza do Meco.
O venres, día 17, por fin, despois dunha chea de días cos preparativos do disfrace, chegou o DIA DA FESTA DO ENTROIDO. Unha vez preparados, todo o alumnado da escola xunto cos nosos profes, saímos polas rúas de Bouzas cantando e bailando. 
Todos e todas íamos moi guapos e guapas, mesmo a nosa mascota, Picolindo, se atreveu a desfilar. Xa na alameda, sacamos fotografías no palco da música e repuxemos forzas comendo pan con chocolate. 
Logo, de volta no cole, fíxose o xuizo ao Meco, mecón. Este ano condenamos ao Meco-sireno a ser queimado.
Para rematar fixemos unha "merendola" de Entroido con filloas, orellas, chulas,... Hai que dicir que as familias fixeron unhas sobremesas típicas saborosísimas.
Pasámolo xenial!!
Agora, a GOZAR DUNS DÍAS DE MERECIDAS VACACIÓNS.
    MOITAS GRAZAS E A GOZADE DO ENTROIDO!!

    PRIMEIRO O ORGULLO DOS PAVOS PAVÓNS.



    OS PAVOS PAVÓNS - diapositivas

    SEGUNDO, A ILUSIÓN DOS MAGOS E DAS FADAS.



     AS MENSAXES DE TERCEIRO.




     OS SENTIMENTAIS DE CUARTO.



     QUINTO NA TRISTURA DE ARLEQUILANDIA. 



     TERROR DO ROCÍO EN SEXTO.



    O CIRCO DA ALEGRÍA. TRES ANOS.




    AS ARAÑAS DE MEDO EN CATRO ANOS.


    A MORRIÑA DE CINCO ANOS.


    MORRIÑA - diapositivas

    O XUIZO E QUEIMA DO MECO.



    O XUÍZO DO MECO

    sábado, 18 de febreiro de 2012

    UN ENTROIDO DE MEDO


    XA SABEDES QUE SEGUIMOS MERGULLADOS  NUN MAR DE EMOCIÓNS, E PARA ASUSTAR UN POUCO AO RESTO DOS MEMBROS DO DESFILE  DESTE ANO, OS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS ELIXIMOS O MEDO,   E DISFRAZÁMONOS DE ARAÑAS!!! A QUEN NON LLE DAN MEDO AS ARAÑAS???UUUUUHHH!!! QUE SUSTO!!!
    0 ENTROIDO - diapositivas

    A NOSA GRAN FESTA DE ENTROIDO.

    XA SABEDES TODOS/AS QUE ESTE ANO A NOSA TEMÁTICA FORON AS EMOCIÓNS,E OS NENOS/AS DE 5 ANOS ELIXIRON "A MORRIÑA" COMO SENTIMENTO A TRABALLAR CON MÁIS PROFUNDIDADE.
    MIRADE COMO PREPARAMOS O NOSO DISFRACE DE EMIGRANTES GALEGOS DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

    PREPARACIÓN DO NOSO DISFRACE D' "A MORRIÑA".
    E,POR FIN, A GRAN FESTA DA ESCOLA QUE, GRAZAS AO BO TEMPO, FOI ESPECTACULAR.
    PASARRÚAS, MERENDA EN BOUZAS DE PAN E CHOCOLATE, XUIZO E QUEIMA DO MECO, LARPEIRADAS DE ENTROIDO E GRAN BAILE.
    PASÁMOLO FENOMENAL!
    GRAZAS A TÓDOLAS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E AOS PROFESORES,QUE CO SEU TRABALLO,FIXERON POSIBLE QUE ESTE DÍA FORA INESQUECIBLE PARA TODOS.
    ESPERAMOS QUE POR MOR DA CRISE ECONÓMICA NON TEÑAMOS QUE FACER O MESMO, QUE OS NOSOS DEVANCEIROS, NESTES TEMPOS TAN MALOS.
    TODO ISTO TIVO UNHA FINALIDADE:
    QUE OS NOSOS RAPACES E RAPACES VALORARAN O ESFORZO QUE MOITOS DOS SEUS FAMILIARES FIXERON PARA QUE ELES POIDERAN LEVAR UNHA VIDA MELLOR.
    GRAZAS AOS NOSOS DEVANCEIROS, DE TODO CORAZÓN.
    OUTRA FINALIDADE FOI QUE OS PEQUENOS/AS DA NOSA ESCOLA ENTENDERAN MELLOR O SENTIMENTO QUE INUNDA A ALGÚNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE OUTROS PAISES, QUE VIÑERON AO NOSO CO MESMO OBXECTIVO QUE OS GALEGOS E GALEGAS DE ANTES.
    FELÍZ ENTROIDO A TODOS/AS!

    venres, 17 de febreiro de 2012

    ENTROIDO 2012

    CHEGOU O ENTROIDO!

     Hoxe, venres 17, os alumn@s e mestr@s do Rocío celebramos o entroido. Pasarrúas, música, "merendola", troula sen fin. Saímos polas rúas do noso barrio vestidos cos nosos disfraces... pasámolo xenial.
    Mirade:




    xoves, 16 de febreiro de 2012

    24 de febreiro , Día de Rosalía

    Para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor o día 24 de febreiro.
    Tamén se están a organizar máis actividades nas principais poboacións de Galicia.
    Atoparedes máis información na seguinte ligazón.


    mércores, 15 de febreiro de 2012

    FESTA DO ENTROIDO.

    Achégase a data do entroido é...

    MARÍA MENENDEZ VISITA A NOSA ESCOLA.

    María Menéndez-Ponte Cruzat ( n. A Coruña) é unha escritora galega.
    É a cabeza que da vida ao grande amigo dos nenos pequenos, Pupi. Na súa visita falou cos nenos e nenas das moitas aventuras que lle aconteceron. PASAMOS UN TEMPO MOI ENTRETIDO CON ELA.  GRAZAS pola túa visita.

    venres, 10 de febreiro de 2012

    Facemos ORELLAS DE ENTROIDO


    Esta semana fixemos un obradoiro de cociña!!

    Para festexar o Entroido cociñamos orellas. Foi moi interesante usar todos os nosos sentidos para dar forma a unha sobremesa típica do Entroido. Despois do traballo comémolas todas!! Estaban moi boas!! por iso o mércores a merenda foi de volta para casa!!
    Grazas profe Ángela por ensinarnos a facer orellas de Entroido!!
    Mirade a presentación e o vídeo do proceso...




    O Entroido é especial, é máxico!!

    mércores, 8 de febreiro de 2012

    OS NENSO/AS DO NOSO COLE, PROTAGONISTAS NO XORNAL "ATLÁNTICO DIARIO"

    HOXE, 8 DE FEBREIRO, FOMOS PROTAGONISTAS DUN ARTIGO NO SUPLEMENTO "XORNAL ESCOLAR" DO XORNAL "ATLÁNTICO DIARIO". NEL EXPLICAN PARTE DA NOSA XORNADA, ADICADA A PAZ, DO LUNS 30 DE XANEIRO. EXPOÑEMOS ALGUNHAS FOTOS DO SUPLEMENTO.

    A PROFE MARICRUZ CONNOSCO E O NOSO LEMA.

    NÓS CO NOSO LEMA:"DUN SORRISO NACE A PAZ"

    NÓS COS NENOS/AS MAIORES AO NOSO CARÓN.


    OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS  DE 3 E 4 ANOS.
    GÚSTANOS SAÍR NA PRENSA E QUE A XENTE SAIBA O MOITO QUE TRABALLAMOS COS NOSOS PROFES E AS COUSAS IMPORTANTES QUE FACEMOS.
    SENTÍMONOS ORGULLOSOS/AS DO NOSO TRABALLO.

    TAL DÍA COMO HOXE, HAI 200 ANOS, NACEU DICKENS

    Charles Dickens

    martes, 7 de febreiro de 2012

    ATRISTURA, AULA DE 4 ANOS

    INMERSOS COMO ESTAMOS ESTE CURSO DENTRO DUN MAR DE EMOCIÓNS, @S NEN@S DA AULA DE 4 ANOS QUEREN MOSTRARNOS QUE A MAIS DE SENTIRSE LEDO@S, HAI VECES NAS QUE SINTEN TRISTURA. ESTES SON  ALGUNS DOS MOTIVOS.



    sábado, 4 de febreiro de 2012

    CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ.

    O pasado luns, día 3, foi un DÍA ESPECIAL no CEIP VIRXE DO ROCÍO!!. Festexamos O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.  Este ano, elaboramos entre todas as aulas da escola, un acróstico da frase “PEDIMOS PAZ”. Cada aula tiña asignada unha letra da frase e con ela tiña que crear a súa “frase de paz”.
    Despois da actividade cantamos todos xuntos a cantiga da paz deste ano adicada as apertas, como apócema máxica segreda da tristura e mentres bailabamos e cantabamos, agasallabamos a todos os nosos amigos e mestras da escola con apertas.


    xoves, 2 de febreiro de 2012

    FORON TANTAS AS APERTAS...! FESTA DA PAZ NA ESCOLA. NEN@S DE 5 ANOS.

    O LUNS,30 DE XANEIRO, POR FIN FIXEMOS A NOSA FESTA DAS APERTAS.
    FORON TANTOS OS ABRAZOS QUE NON CHEGARON OS BRAZOS PARA OS ABRAZOS!.

     

    CONCURSO, QUE É UN REI PARA TI?.

    Por quinto ano consecutivo, a nosa escola participa no Concurso Nacional" Que é un rei para ti". Este ano os nenos e nenas de sexto curso, quinto e cuarto de Educación Primaria traballaron nas súas casas e en colaboración coa súa familia. Aquí tedes o resultado dos traballos presentados. GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN.

    mércores, 1 de febreiro de 2012

    FRASES CÉLEBRES

    FRASES CELEBRES.
    Estes famosos personaxes da historia deixáronnos moitas frases célebres acerca de a paz e todo o que a rodea. Se premes SOBRE CADA FOTO saberás o que pensaba cada un deles.

    Albert Einstein          Ernest Hemingway   Napoleón Bonaparte    Oscar Wilde


    webs.ono.com/nachovaldes/frases_celebres.htm