Como remate deste primeiro trimestre, no novo programa de Radio
Resío facemos un resumo dos acontecementos que tiveron lugar na nosa
escola ao longo deste outono. Agardamos que vos guste.
Na
Escola do Resío xa arrecende a Nadal. Nestas datas tan especiais para as
familias, o centro énchese de vida, ilusión e cor, converténdose nun espazo no
que aprender tamén significa convivir, crear e desfrutar xuntos.
Como
vén sendo tradición, aulas e corredores vístense para a ocasión:
os vidros
pintados, unha das actividades plásticas máis agardadas polo alumnado,
as aulas
decoradas con esmero,
os corredores ambientados e,
un hall de entrada que
destaca polo seu carácter acolledor e creativo, froito do traballo conxunto de
toda a comunidade educativa.
Se
na nosa cidade as rúas brillan con millóns de luces, na nosa escola son as
oliveiras as que nos reciben cheas de luz. Ao acceder ao centro, atopámonos
cunha gran árbore temática de Nadal, símbolo dun Nadal “feito a man”,
construído con ilusión e colaboración entre alumnado, profesorado e familias.
Queremos agradecer especialmente a estas últimas a súa implicación, achegando
unha gran variedade de adobíos elaborados en familia con materiais naturais.
Xunto
á árbore, cobran protagonismo outros elementos singulares: o Apalpador, figura
destacada do Nadal galego; a cheminea, a grande estrela construída con
cabaletes de madeira e a casiña do Nadal, que esperta a curiosidade de grandes
e pequenos.
Durante
estes días tamén traballamos valores fundamentais. O alumnado escribiu cartas
de desexos non materiais e deseñou a postal de Nadal coa que o centro
felicitará as festas ás familias. Tras unha preselección, os propios nenos e
nenas participaron nun proceso democrático de votación para elixir os debuxos
de cada ciclo que conforman a postal deste ano.
Hoxe tivemos a sorte de contar na escola cun obradoiro de xogos de mesa en familia, de 16h. a 18.30h. Este obradoiro foi impartido por Andrea MINIMONSTROS, profesional do sector dos xogos de mesa.
Co obradoiro pretendimos fomentar o vínculo familiar e a diversión en familia a través do xogo, traballar habilidades sociais, cognitivas e motoras da rapazada e promover a cooperación, o respeto e a comunicación positiva.
Tamén quixemos dar a coñecer xogos de mesa que favorecen a lectoescritura, a competencia matemática e o pensamiento lóxico.
Houbo xogos para todas as idades e familias. Xogamos con:
Tu cabra rema
varios xogos de IQ LOVE, de lóxica e resolución de problemas.
De uvas a peras
Brick Like This! de Lego
Crash cats challenge
Batalla de genios
Secret number
Secret word
Crazy kick
Spilsh splash
Magicaboo
Mucho cucurucho
Bim bam
Halli galli, entre outros.
E o máis importante, pasamos unha tarde moi divertida de xogos.
As inscripcións fixeronse a través dun formulario de AbalarBox con 55 participantes entre os membros das familias mailo profesorado. A organización do obradoiro fíxose grazas a colaboración da Dirección da escola, a ANPA, ENAPAS, e o CFR de Vigo.
O profesorado aproveitou para falar tamén doutros xogos, facer unha selección e pedirlle aos Reis Magos unha pequena ludoteca para a biblioteca. Serán quen de conseguilo?
Xogar en familia a través de actividades
desenchufadas, como os xogos de mesa non tradicionais, non debería ser unha
experiencia puntual ligada a unha tarde especial de xogos na escola, senón unha
práctica habitual nos fogares. Cando estas actividades se incorporan á rutina
familiar, convértense nunha ferramenta educativa de gran valor.
A través do xogo, os nenos e nenas aprenden a
seguir normas e quendas, a aceptar límites desde unha disciplina positiva e a
xestionar emocións como a frustración, a espera ou a alegría compartida.
Estas aprendizaxes,
vividas nun clima afectivo e de benestar, facilitan que poidan trasladar o
respecto polas regras e pola convivencia á súa vida diaria, comprendendo a
importancia das normas que, como sociedade, temos establecidas.
O pasado
luns, os/as alumnos/as de 6°de E.I tivemos a sorte de contar con Sheila,
a nai de Leo, para levar a cabo un obradoiro de Sushi continuando co
noso proxecto de Xapón. Cociñamos Sushi, concretamente "Maki", que leva
alga Nori, arroz branco, e cenoria.
O obradoiro foi todo un éxito!
Querían máis e máis. Moitas grazas Sheila por colaborar con nós!
Hoxe, na nosa escola, vivimos unha xornada moi especial e profundamente significativa. O 25 de novembro é unha data que nos lembra a urxencia de construír un mundo libre de violencia, un mundo no que cada persoa poida vivir con respecto, dignidade e igualdade.
Durante máis de dez días, o alumnado coas súas familias, estivo creando pequenos cadros tecidos que, esta mañá, se uniron no ximnasio para formar un gran tapiz no que se lía claramente 25N.
Un símbolo colectivo que representa a forza da unión e o compromiso da comunidade educativa contra a violencia de xénero.
Mañá, as familias continuarán este labor cosendo os cadradiños, reforzando así a idea de que só xuntas e xuntos podemos tecer un futuro mellor.
Queremos agradecer a todas as familias, e de maneira especial ás avoas, avós, tías e tíos,... pola súa colaboración e para tecer os cadradiños de lá.
As fermosas verbas e frases enviadas, cheas de esperanza e rexeitamento á violencia, recordáronnos que a educación e a palabra son ferramentas poderosas para transformar a sociedade.
Con emoción compartimos tamén o vídeo recopilatorio das familias participantes, desexando que algún día non sexa necesario seguir conmemorando esta data porque a violencia xa non exista.
Logo, Ana, a Xefa de Estudos, presentounos aos seus amigos, do grupo ACORDEIRETA, formado por Alex Balbuena, que toca o acordeón e Patricia González que toca a pandeireta, de ahí o seu nome.
E a que viñeron á escola?
Eles trouxéronnos un agasallo moi especial: a estrea do Videoclip do "Canto de Esperanza", como primicia para a nosa escola posto que hasta hoxe, 25 de santos non se "presentaba en sociedade".
Este canto foi escrito pola poeta Raquel de Alxén e acompañado polas pandereteiras A Buxaina.
Foi un privilexio contar con eles na escola e poder gozar, xunto ao alumnado e profesorado, dun acto tan fermoso e cheo de sentido.
Grazas a todas e todos por facer deste 25N unha celebración de compromiso, unión e esperanza.
GRAZAS!
Este é o videoclip, marabilloso!
Coñecedes a alguén nel?
Agora poderedes gozar da presentación de Alex e Patricia do canto ante o alumnado da escola. Un pracer contar con vós na nosa escola.