Os nenos e nenas de primaria, como verdadeiros artistas decoraron as paredes da entrada da nosa escola. GÚstavos?. A nós si.
martes, 31 de xaneiro de 2012
OS NEN@S DE QUINTO FAN UN VOLCÁN.
Un dos contidos a traballar en coñecemento do medio son os volcáns. Aquí tedes un experimento feito por Victoria e explicado a todos e cada un dos seus compañeiros.
OS NENOS DE TRES ANOS FAN A POMBA DA PAZ.
Os nenos e nenas de tres anos nas sesións de plástica fan unha pomba con motivo do día da paz. Así a fixeron.
venres, 27 de xaneiro de 2012
A PAZ NA AULA DE 5 ANOS.
O LUNS, 30 DE XANEIRO, CONMEMÓRASE O DÍA DA PAZ. NÓS, NA AULA LEVAMOS A TRABALLAR DÚAS SEMANAS SOBRE TÓDOLOS VALORES HUMANOS QUE TEÑEN QUE VER COA PAZ. IMOS AMOSARVOS ALGÚNS DELES PORQUE TODOS É IMPOSIBLE: CURTAS CON COMENTARIOS, TRABALLOS SOBRE ESCENAS E O SEU SIGNIFICADO, DIFERENTES TIPOS DE ACCIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE ESTAS, CANCIÓNS SOBRE A PAZ, CONTOS E DIFERENTES TRABALLOS PLÁSTICOS.
NESTA PRESENTACIÓN PODEDES MIRALOS COA MÚSICA DE FONDO DE JUANES, QUE ,AÍNDA QUE NON É A CANCIÓN QUE IMOS CANTAR TODA A ESCOLA, GÚSTANOS MOITÍSIMO.
ESTES SON ALGÚNS DOS CONTOS QUE TRABALLAMOS NA AULA.
SE QUEREDES MIRAR OS CONTOS ,QUE VEÑEN A CONTINUACIÓN, MÁIS GRANDES, DEBEREDES DE PREMER EN "EXPAND" E LISTO.
E ESTA É A CANTIGA QUE IMOS CANTAR TODA A ESCOLA O LUNS.
A CANTIGA, NO VÍDEO, ESTÁ EN PORTUGUÉS PERO NÓS ÍMOLA CANTAR EN GALEGO.
PODEDES CANTAR A CANTIGA DE JUANES "PAZ, PAZ, PAZ"E "A CACIÓN DOS ABRAZOS"COS VOSOS FILLOS /AS, NA CASA, E PASAREDES UN CACHIÑO MOI DIVERTIDO.
FACEDE ESTE PRECIOSO QUEBRACABEZAS.
XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR A SÚA DIFICULTADE CAMBIANDO O NÚMERO DE PEZAS. XOGAREDES TÓDALA FAMILIA.
xoves, 26 de xaneiro de 2012
mércores, 25 de xaneiro de 2012
luns, 23 de xaneiro de 2012
venres, 20 de xaneiro de 2012
TEÑO O CORAZÓN CONTENTO,CHEO DE LEDICIA.
COMO AS FAMILIAS SABEN ,O TEMA ESTRELA DESTE ANO SON AS EMOCIÓNS, E AGORA TÓCALLE A QUENDA Á "LEDICIA".EMPEZÁMOLO A TRATAR NO NADAL E CONTINUÁMOLO AGORA, POIS TEMOS MOITÍSIMOS MOTIVOS PARA TER O CORAZÓN CONTENTO.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POR CONTRIBUIR, COAS SÚAS ONDAS VERDOSAS, A FACER O PANEL DA "LEDICIA". TAMÉN AGRADECEMOS AOS NENOS/AS DE PRIMARIA POR FACER MARABILLOSA A ENTRADA Á NOSA ESCOLA. MIRADE PORQUÉ!.
TEÑO O CORAZÓN CONTENTO,CHEO DE LEDICIA.
TAMÉN ESTAMOS MOI CONTENTOS POIS O REI MELCHOR DEIXOUNOS O AGASALLO ESPERADO. FIXEMOS ALGUNHAS FOTOS MOI CHULAS.
AGORA ESTÁ NO TALLER A REARAR ,POIS TIVO UNHA PEQUENA AVARÍA.
SEGURO QUE SE PRODUCÍU NO TRANSPORTE DENDE ORIENTE ATA VIGO.
DE SEGURO QUE A TEMOS ARRANXADA MOI PRONTO.
GRAZAS,REI MELCHOR!
ALBA E SILVIA ATOPAN O AGASALLO. |
É A CÁMARA QUE PEDIMOS AOS REIS! |
OS NENOS/AS DE 5ANOS E A PROFE MARICRUZ, DESEXAMOS QUE TODO O MUNDO TEÑA O CORAZÓN CONTENTO.
xoves, 19 de xaneiro de 2012
CHEGA O COLE E CHEGAN OS PIOLLOS.
No día de hoxe volveuse enviar unha notificación para indicarvos que en varias aulas apareceron nenos e nenas con piollos. Por favor, revisade a testa aos vosos fillos e fillas e LEMBRADE que os piollos son un parásito que adoita visitar as cabezas limpas.
O aspecto dun piollo é o seguinte:
Os piollos, son insectos que se atopan sobre todo nas persoas, prioritariamente na cabeza. Os piollos dependen de nós para sobrevivir, a calor e a humidade son fundamentais para a súa subsistencia. Eles aliméntanse do noso sangue. Teñen un tamaño de entre dous e tres milímetros, son de cor gris amarronada e teñen forma de araña. Contáxianse polo contacto directo dos cabelos dunha persoa á outra. Nin saltan nin voan. Non os transmiten os animais domésticos.
O proído é o primeiro síntoma que se pode apreciar, principalmente porque se alimentan entre seis e oito veces ao día. Ao igual que os mosquitos, a saliva que inxectan é moi irritante.
Os ovos ou lendias, son ovaladas, de cor marrón clara, tardarán unha semana en eclosionar. Atópanse a medio centímetro do coiro cabeludo. É moi común confundilos con caspa.
A prevención é a mellor arma. Por favor, revisade as cabezas dos vosos fillos e, de existir parásitos ,efectuade a desinfeción cun produto preparado para o efecto.
A Dirección.
luns, 16 de xaneiro de 2012
A FELICIDADE AOS 4 ANOS
COMO SABEDES, ESTE CURSO ESTAMOS INMERSOS NUN MAR DE EMOCIÓNS: ENTRE ELAS, A FELICIDADE, LEDICIA, CONTENTO... EN FIN, O QUE OS NENAS E NENAS EXPRESAN COMO ESTADO DE BENESTAR. A AULA DE 4 ANOS (5º DE E. INFANTIL) QUEREN COMPARTIR CON TODOS NÓS AQUELA COUSA QUE QUE MÁIS CONTENTO LLES PRODUCE. UNS O TEÑEN MOI CLARO, OUTROS DUBIDAN SE ESTO OU ESTOUTRO; UNS , UN POUQUIÑO MÁIS TÍMIDAMENTE, OUTROS, CON MOITA DESENVOLTURA... PERO TOD@S SON QUEN DE TRANSMITIRNOS ESA EMOCIÓN TAN INTENSA E TAN GRATIFICANTE. ESCOITÁDEOS E ENCHÉDEVOS DE SATISFACCIÓN. QUE BONITO RESULTA ESCOITAR AOS PROPIOS FILLOS EXPRESARSE DESE XEITO, NON SÍ?
domingo, 15 de xaneiro de 2012
sábado, 14 de xaneiro de 2012
TANGA E O GRAN LEOPARDO.
ROMINA,A RAPAZA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO, AMOSOUNOS UN CONTO SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO, QUE NOS ENCANTOU.
QUEREMOS QUE MIREDES OS TRABALLOS QUE FIXERON OS RAPACES COA PROFE MARICRUZ SOBRE O CONTO, QUE COÑEZADES O CONTO E QUE APRENDADES UNHA CANCIÓN DE "ANDRÉS MESEGUER" QUE TRAE UNHA MENSAXE DE PAZ E SOLIDARIEDADE CO POBO AFRICANO.
ESPERO QUE POIDADES GOZAR NA CASA DO NOSO TRABALLO IGUAL QUE FIXERON OS VOSOS RAPACES, E QUE TEÑADES CONCIENCIA DE QUE A EDUCACIÓN NON SON SÓ MATEMÁTICAS E LINGUAXE, SENON TAMÉN OS VALORES QUE POIDAMOS TRANSMITIR AOS NENOS/AS DENDE PEQUENOS PARA QUE NUN FUTURO TEÑAMOS UN MUNDO MELLOR.
TANGA E O GRAN LEOPARDO.
xoves, 12 de xaneiro de 2012
III CERTAME DE ARTE POSTAL DO CONCELLO DE VIGO.
Por terceiro ano consecutivo, a nosa escola participou no Concurso de Arte Postal promovido pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Tódolos nenos e nenas de Educación Primaria, e como parte da programación didáctica da área de expresión artística, realizan un debuxo, que este ano tiña como tema
"O mar de Vigo"
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.
O obxectivo do concurso era incentivar a creación artística e valorar a importancia da creatividade.
O traballo do alumnado foi excelente, polo que calquera debuxo tiña opcións de ser gañador. So serían 12 os nenos e nenas seleccionados entre todas as escolas que se presentaron, e tivemos a sorte que un deles foi da alumna do primeiro curso de educación primaria
INGRID CAAMAÑO TUBÍO.
Aquí tedes o seu traballo.
Aquí tedes o seu traballo.
O pasado xoves día 5, a Concellería de Educación convocou á nosa alumna a un acto de entrega de premios.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entregou esa mañá 12 galardóns a outros tantos nenos e nenas de Vigo gañadores, nun encontro no que amosou a súa satisfacción. Logo de felicitar a gañadores e familiares, agradeceu aos profesores o esforzo e o traballo que desenvolven. Este ano participaron 914 estudantes de 36 colexios, polo que é un mérito para a nosa escola contar cunha gañadora.
No acto de entrega de diplomas estiveron presentes, ademáis das familias, o coordinador do programa, Mingos Teixeira, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz.
Parabéns Ingrid!!! e grazas tamén á túa familia pola colaboración prestada.
Pero a cousa non quedou aí, entrevistarona uns periodistas e saíu na tele ese mesmo día, e tamén no xornal. Aquí tedes a entrevista.
Que vos parece?
Agora, admirade os traballos realizados por todos vós.
Moi ben. Unha aperta para todos!.
Agora, admirade os traballos realizados por todos vós.
Moi ben. Unha aperta para todos!.
mércores, 11 de xaneiro de 2012
martes, 10 de xaneiro de 2012
OBRADOIRO DE IGUALDADE
Os rapaces e rapazas de 2º e 4º tivemos hoxe un obradoiro sobre a igualdade de sexos...
Homes e mulleres temos os mesmos sentimentos e emocións e podémolos expresar do mesmo xeito: rindo, chorando, berrando...
Velaquí tedes unhas fotos do obradoiro desta mañá
.nel aprendemos algo que xa intuïamos: homes e mulleres somos iguais, só existe unha pequena diferenza física.
TEMOS OS MESMOS DEREITOS E DEBERESHomes e mulleres temos os mesmos sentimentos e emocións e podémolos expresar do mesmo xeito: rindo, chorando, berrando...
Velaquí tedes unhas fotos do obradoiro desta mañá
luns, 2 de xaneiro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)