Amosando publicacións coa etiqueta PICOLIMPIADAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PICOLIMPIADAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xullo de 2017

II PICOLIMPIADAS DO SABER


Por segundo ano consecutivo, tiveron lugar as Picolimpíadas do Saber na escola, nas que o alumnado de primaria ten que demostrar os coñecementos adquiridos ao longo do curso e que se viron afianzadas nas Xornadas de Expertos na temática anual, neste caso PaseArte polo tempo.
O día 20, os equipos finalistas, competiron a un gran nivel, e foron agasallados pola ANPA da escola OS IRMANDIÑOS, cunha entrada para o Cine no CC. Gran Vía.





sábado, 28 de maio de 2016

I TORNEO DE XADREZ VIRXE DO ROCÍO


Este xoves botou a andar o noso I TORNEO DE XADREZ para o que tanto estivemos adestrando estes meses. Sorte a tódol@s participantes!

luns, 2 de novembro de 2015

INAUGURACIÓN DO ANO PICOLÍMPICO

O presente curso escolar, celebraremos
        O ano Picolímpico,
polo que o pasado luns día 26 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, os nenos e nenas da escola, axudados polos mestres e coa colaboración das familias festexamos por todo o alto cun acto de inauguración.
Picolindo chegou á escola a iso das 12:20 h. portando na súa man un facho. Viña camiñando dende Grecia e precisaba comezar unhas remudas co alumnado.
O recibiron os nenos e nenas de tres aniños, que recolleron o facho, e achegáronllo aos de catro anos, estes aos de cinco, e estes os de primeiro,.... e así ata chegar xunta os nenos e nenas de sexto que estaban convertidos nunha tribo helena. Déronlle a benvida e acompañaron a Picolindo na  presentación do evento.



Explicaron a tódolos presentes en que consistían os xogos olímpicos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,


O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA

estes xogos, teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa algo como: máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:


LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
O alumnado recibe na pista á tribo helena representando a bandeira olímpica:
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.

Escoitamos o himno olímpico, izouse a bandeira e deuse por inaugurado este ano Picolímpico coa colocación do facho no facheiro. O facheiro foi elaborado polas familias. Está  formado por tres pés, que simbolizan os tres piares da escola:
  • os nenos e nenas,
  • os mestres,
  • e as familias.
O facho ten nove lapas que simbolizan cada unha das aulas da escola. O facheiro permanecerá na entrada da escola durante todo o curso escolar.





Finalizado o acto, entregáronselle as medallas ao esforzo que farán ao longo do curso ao alumnado e repartíronse as mochilas viaxeiras que darán a coñecer moitos libros e materiais diferentes cos que conta a nosa biblioteca.















REMUDAS PICOLÍMPICAS


DISCURSO PICOLÍMPICO
O FACHO NO FACHEIRO
LER MAIS, PENSAR MAIS, SABER MAIS