Dende a escola propoñemos celebrar dun xeito especial o DÍA DA BIBLIOTECA, a pesares de coincidir co día da folga no ensino, polo que extenderemos a actividade ao longo da semana que vén. Propomos unha actividade en familia:
RECOMENDA LIBROS A TODOS E TODAS.
Seguro que tedes moitos, un para cada día do ano ou para cada estado de ánimo: teredes libros para días de chuvia, para os días tristes, contos para o Nadal ou para ler nas vacacións, libros para celebrar ou para chorar, o voso libro favorito,...
O noso obxectivo é conseguir
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico
Nos días de chuva ou vento:
libros de entretenemento.
Nos de néboa e poalla:
libros de risas a esgalla.
Días de nubes con sol:
libros de contos de amor.
Para días de treboada:
libros de meigas e maxia.
Nos días de moito frío:
libros que falen de amigos.
E nos días de calor:
algúns libros de terror.
e
versos segundo o estado de ánimo!!
Días nos que estou furioso:
libros para nenos curiosos.
Días de moita alegría:
libros..., libros de poesía!
Días de tristura e choros:
libros de música e coros.
Para os días sen paciencia:
libros de animais e ciencia.
Nos días de aburrimento:
libros de historias, a centos.
Para eses días escuros:
Libros de cómics, seguro!
E para tódolos días...
libros das "estanterías"!
Animádevos a participar!
Dende o día de hoxe, comezan a rodar polas casas as nosas mochilas viaxeiras, cheas de recomendacións.
E os novos alumnos e alumnas coñecerán a nosa mascota picolindo que lles agasallará co seu carnet da biblioteca.