PAGINA

mércores, 30 de outubro de 2013

A TÚA OPINIÓN É IMPORTANTE.

A TÚA OPINIÓN É IMPORTANTE...
FAI COMENTARIOS,
A NÓS, DANOS MOITO TRABALLO FACER AS ENTRADAS NOS BLOGUES.
SABEMOS QUE OS VISITADES, PERO...
SE NON COMENTADES, O NOSO BLOGUE MORRE.

martes, 29 de outubro de 2013

PREPARANDO O SAMAÍN 2013.


Os nenos e nenas de terceiro de primaria foron os encargados de decorar as paredes preparadas polos mestres para facer o recuncho do medo con motivo da festa tradicional celta do Samaín.
Logo, a colaboración das familias faise imprescindible para a realización da actividade que terá o seu momento máis importante ao longo de mañá pola mañá.


Agora un par de recomendacións lectoras para estos días:
CONTO: CORRE ,CORRE CABACIÑA.
OQO EDITORA.


CANTIGA: CORRE, CORRE CABACIÑA.



CONTO: FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS.


Angela.

luns, 28 de outubro de 2013

GALICIA 365. CHEGA O OUTONO.

Co comezo das clases comeza o outono, co outono chega o tempo de vendima. Os nosos rapaces comezan a traballar, facemos entre todos un mural de vendima .Quedou precioso.
Os nenos e nenas de cinco anos no seu taller de plástica traballaron arreo. Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.













Angela.

sábado, 26 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

 Dende a escola propoñemos celebrar dun xeito especial o DÍA DA BIBLIOTECA, a pesares de coincidir co día da folga no ensino, polo que extenderemos a actividade ao longo da semana que vén.  Propomos unha actividade en familia: 
RECOMENDA LIBROS A TODOS E TODAS.
Seguro que tedes moitos, un para cada día do ano ou para cada estado de ánimo: teredes libros para días de chuvia, para os días tristes, contos para o Nadal ou para ler nas vacacións, libros para celebrar ou para chorar, o voso libro favorito,...
O noso obxectivo é conseguir 
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico

Nos días de chuva ou vento: 
libros de entretenemento.
Nos de néboa e poalla:
libros de risas a esgalla.
Días de nubes con sol:
libros de contos de amor.
Para días de treboada:
libros de meigas e maxia.

Nos días de moito frío:
libros que falen de amigos.
E nos días de calor:
algúns libros de terror. 

e
versos segundo o estado de ánimo!!
Días nos que estou furioso:
libros para nenos curiosos.
Días de moita alegría:
libros..., libros de poesía!
Días de tristura e choros:
libros de música e coros.
Para os días sen paciencia:
libros de animais e ciencia.
Nos días de aburrimento:
libros de historias, a centos.
Para eses días escuros:
Libros de cómics, seguro!
E para tódolos días...
libros das "estanterías"! 
 
Animádevos a participar!

Dende o día de hoxe, comezan a rodar polas casas as nosas mochilas viaxeiras, cheas de recomendacións.
 
E os novos alumnos e alumnas coñecerán a nosa mascota picolindo que lles agasallará co seu carnet da biblioteca. 


 
 

venres, 25 de outubro de 2013

24 de Outubro. FOLGA XERAL NO ENSINO.

HOXE, 24 DE OUTUBRO DICIMOS: NON Á LOMCE.
Un vídeo para reflexionar.

xoves, 10 de outubro de 2013

BAILAMOS?

Unha visión para reflexionar...



mércores, 2 de outubro de 2013

A BIBLIOTECA DE TARDE

Nenos e nenas,
por fin chegou o momento de abrir as portas pola tarde!!
Xa podedes vir e gozar 
de todo o material da nosa biblioteca!!
Non sexades tímidos!!
Achegádevos pola tarde de 16 a 18 h
facer empréstitos de libros,
buscar un relato fascinante,
resolver as tarefas do día ou 
usar os nosos ordenadores para buscar información, 
visitar os nosos blogues ou aprender cun xogo interactivo!!
Non esperedes máis para vir visitarme!!
Vémonos!!