mércores, 27 de novembro de 2019

I CONCURSO FOTOGRÁFICO: NATUREZA E MEDIO AMBIENTE

Esta  actividade comezou o pasado mes de outono, xa quedan poucos días para que remate a vosa participación no concurso. Lembrade que a derradeira data dpara entregar fotografías é o día 21 de nadal.
Esta actividade é moi sinxela de facer, polo que participar é divertido. Tedes que utilizar unha cámara de video, teléfono móbil ou tablet, disparar unha imaxe e acompañala dun lema en galego que axude a espertar a conciencia ambiental.
As bases de participación son as que seguen: 

luns, 25 de novembro de 2019

CONMEMORACIÓN DUN DÍA INTERNACIONAL

Hoxe na escola, tivo lugar un pequeno acto para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller (establecido pola ONU o 17 de  nadal do 1999). Xuntámonos todos no patio de infantil, para escoitar un pequeno texto lido polo alumnado de 6º  de primaria; era  o retrouso da canción "Ella" de Bebe.

"Hoxe descubrirás que o mundo é só para ti.
Que ninguén pode facerte dano.
Hoxe vas comprender que o medo pódese romper dunha soa portada.
Hoxe vas facer rir.
Porque os teus ollos cansáronse de ser pranto"

Ao tempo que soaba a canción, o alumnado colgou dunha árbore seca da horta, lazos morados como símbolo reivindicativo e  como xeito de expresar o apoio á igualdade de dereitos a nivel social e laboral. Ó uso da cor morada como símbolo da loita feminista, adoptouse a partires do 1908, cando se comezou a usar en defensa do voto feminino.

venres, 22 de novembro de 2019

PLAN PROXECTA: A COMPOSTAXE.

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola con INÉS; ela foi a monitora do obradoiro de compostaxe. Os mestres inscribironse no Plan Proxecta: Recicla con Sogama, sendo un dos 25 centros seleccionados pola Consellería para participar neste programa.
Coa nosa participación, pretendemos que a recollida do lixo sexa selectiva e que toda a Comunidade Educativa coñeza os tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.

Inés  axudounos a comprender o proceso da compostaxe.
Nesta formación inicial, a educadora, explicou ao alumnado a cadea alimentaria, logo,  experimentaron e buscaron miñocas en bandexas de compost, e fixeron  unhas boliñas con sementes para botar polo terreo aló pola primavera. 


Máis tarde, nun momento no que cesou a choiva, saímos á horta para colocar as composteiras. Explicáronnos como se ten que compostar para logo botalo na horta. 



xoves, 21 de novembro de 2019

ESCOLA ECO-LÓXICA





 
Logo de moitos días de traballo, por fin temos o mural do tema anual rematado. 
Canto traballo nós deu! 
e  sobre todo...
 canto nos fai reflexionar a imaxe!

TEATRO "CATRO MONOS"

Todo o alumnado de educación primaria asistiu, ao longo desta semana, ao Auditorio do Concello para asistir como público á obra de teatro "Catro Monos" dentro da campaña "IMPÓRTANOS".

Esta obra de teatro, da Compañía  Tropa de Trapo achegounos a valores e comportamentos tan importantes como a cooperación e a solidariedade. A obra consta de catro pequenas historias que fan reflexionar sobre como nos relacionamos entre nós e co medio.
Pasámolo moi ben!



mércores, 20 de novembro de 2019

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA O ALUMNADO

A ANPA da escola ofreceu esta semana uns obradoiros de formación do alumnado sobre o tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas.
Levouse a cabo unha sesión por nivel para tratar os seguintes obxectivos:
  • Previr o acoso entre iguais, o sexismo e a homofobia dende as primeiras idades.
  • Favorecer o respecto ás diferenzas persoais e familiares.
  • Favorecer o coñecemento  e o respecto dos dereitos humanos
  • Atender a diversidade afectiva e sexual do alumnado e das súas familias.
 

luns, 18 de novembro de 2019

SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS

Do 16 ao 24 de novembro celébrase a SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS.
Na campaña de SOGAMA,  informannos de  que o mellor residuo é o que non se produce. Se cambiamos os nosos hábitos podemos diminuir a produción de refugallos.
Na escola, para celebralo, comezamos a traballar no proxecto: 
"Patrulla eco-lóxica do Resío" 
Aquí temos á primeira patrulla:



Estas patrullas encárganse de vixilar a produción de refugallos e o seu correcto tratamento, orientando ao alumnado sobre o contedor a usar para cada un así como de concienciar da importancia de reducir os resíduos dos petiscos e  manter as instalacións limpas e en orde.
                        Bo traballo!


venres, 15 de novembro de 2019

CHARLA DA POLICIA NACIONAL, O ACOSO ESCOLAR.

Hoxe contamos coa presencia na escola da Policía Nacional para falar con nós sobre o acoso escolar.
Moi boa a charla, e moi bos consellos para o alumnado.

martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Preme na imaxe para gozar con todas as fotos do evento
Hoxe tivo lugar a tradicional festa do magosto. O alumnado durante as dúas primeras sesións estiveron cos seus titores para traballar aspectos culturais e tradicionais da festa. Namentras, uns entusiastas colaboradores axudaron a ataniscar ou amosegar as castañas, facer os cornetes e preparar a zona de traballo da Señora Maruxa, a castañeira.


 Dúas grandes axudantes tivo Señora Maruxa, Emma e Alba, traballaron arreo para que todo estivese a punto. O asador non tivo parada.
 Mentras tanto o alumnado, dividido por etapas, gozou de distintos obradoiros. En educación infantil, debuxaron o magosto, xogaron ao tragacastañas, fixeron un circuíto de castañas e estiveron nun obradoiro de pintacaras.

En primaria,  fixeron carreiras de sacos, tiro de corda, peóns, castaña na fronte, billarda, Zancos, Golf-castaña e o Rap do Magosto.
Por mor da choiva todas as actividades foron no interior.


Rematados os obradoiros, tocou papar as castañas e bailar. 
Se premes na imaxe poderás ver fotografías da etapa de educación infantil

Grazas a todos este Magosto foi posible!

domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O pasado venres  8, grazas á colaboración económica da ANPA da escola, tivemos a sorte de contar con Diddier, un percusionista que desenvolveu co alumnado do cuarto, quinto e sexto cursos de primaria, dous obradoiros de ECOPERCUSIÓN, con materiais de refugallo. Traballaron os ritmos, e dividíronse en planos sonoros. Tras o ensaio, os alumn@s, dirixidos por Diddier,  conformaron unha banda de percusión que  ofreceu, como  colofón,  unha actuación para  o resto do alumnado da escola. Isto é música!
Como explicar a actividade é complicado, subimos un par de gravacións coas actuacións.


sábado, 2 de novembro de 2019

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

Como vén sendo habitual, antes da exposición pública dos microrelatos de medo e da entrega de premios, o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria interpreta unha  terrorífica canción  para todos os grupos da escola.
Moi bo traballo!