Do 16 ao 24 de novembro celébrase a SEMANA EUROPEA DA PREVENCIÓN DE RESIDUOS.
Na campaña de SOGAMA, informannos de que o mellor residuo é o que non se produce. Se cambiamos os nosos hábitos podemos diminuir a produción de refugallos.
Na escola, para celebralo, comezamos a traballar no proxecto:
"Patrulla eco-lóxica do Resío"
Aquí temos á primeira patrulla:
Estas
patrullas encárganse de vixilar a produción de refugallos e o seu
correcto tratamento, orientando ao alumnado sobre o contedor a usar para
cada un así como de concienciar da importancia de reducir os resíduos
dos petiscos e manter as instalacións limpas e en orde.
Bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario