Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO "O NOSO CANTO" DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

 Participamos na campaña da Xunta polo 8M, ‘O Noso Canto’.



Na escola desenvolveuse a gravación dunha versión da canción “O noso canto", contando co talento e a ilusión do profesorado e do alumnado. O primeiro paso foi analizar os recursos humanos cos que contabamos: persoas que sabían tocar instrumentos e outras con interese e capacidade para cantar. A partir desta análise, organizamos quen se encargaría da interpretación vocal e instrumental.

Dispúxose dunha ampla variedade de instrumentos: pandeiro, pandeireta, piano, viola, xilófono, caixón, óboe e guitarras, o que permitiu enriquecer a nosa proposta musical.

Repartíronse as partituras e as letras, e a canción comezou a escoitarse no fío musical do centro en cada sesión de traballo, favorecendo a súa familiarización.

Nas aulas ensaiamos a canción e, na sesión de música e noutros tempos de lecer e descanso, fixéronse probas e gravacións individuais, e decidiuse como facer un acompañamento coas mans ao retrouso. Poderíase dicir que fomos construíndo a nosa versión pouco a pouco.

Durante o proceso de gravación detectáronse certas limitacións tecnolóxicas, polo que se recorreu ao uso dun iPad. A cámara da que dispoñemos non ten amplitude suficiente. Non dispor de gradas,  condicionou a disposición do alumnado. Estas dificultades foron superadas grazas á colaboración e implicación de todos os participantes.

O proxecto constituíu unha experiencia de traballo colaborativo moi positiva, na que cada persoa achegou o seu papel ao resultado final. Así mesmo, permitiu traballar a importancia da igualdade, promovendo a reflexión sobre a necesidade de construír unha sociedade máis xusta e igualitaria, así como sobre o papel das mulleres na sociedade.

En conclusión, valórase moi positivamente a experiencia, tanto polo  proceso vivido como polo resultado  final acadado.

Consideramos que fixemos un proxecto marabilloso.

Agora, xa podedes gozar do noso traballo!

Canto nos divertimos! 

 

Preme na imaxe para ver o video

Esperamos que vos guste! 

 

martes, 6 de xaneiro de 2026

AUDICIÓNS PRIMEIRO TRIMESTRE

 O xoves 18 de nadal, o alumnado do segundo e terceiro ciclo de primaria, deleitaron a a toda a rapazada da escola e mailo profesorado á primeira audición musical do curso 2025/2026. Ofrecémolo hoxe como agasallo de Reis.

 

luns, 17 de febreiro de 2025

VIDEOCONFERENCIA COA SOPRANO ARACELI FERNÁNDEZ

 

Dentro do noso proxecto "La ópera", o alumnado de 1º e 2º de Primaria fixo unha videochamada coa soprano viguesa Araceli Fernández, que na actualidade reside en Suiza. 
Aprendemos moitas cousas da vida dunha artista profesional e tamén falamos dalgunhas óperas famosas.
 Moitisimas grazas Araceli.


 

domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O pasado venres  8, grazas á colaboración económica da ANPA da escola, tivemos a sorte de contar con Diddier, un percusionista que desenvolveu co alumnado do cuarto, quinto e sexto cursos de primaria, dous obradoiros de ECOPERCUSIÓN, con materiais de refugallo. Traballaron os ritmos, e dividíronse en planos sonoros. Tras o ensaio, os alumn@s, dirixidos por Diddier,  conformaron unha banda de percusión que  ofreceu, como  colofón,  unha actuación para  o resto do alumnado da escola. Isto é música!
Como explicar a actividade é complicado, subimos un par de gravacións coas actuacións.


sábado, 2 de novembro de 2019

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

Como vén sendo habitual, antes da exposición pública dos microrelatos de medo e da entrega de premios, o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria interpreta unha  terrorífica canción  para todos os grupos da escola.
Moi bo traballo!

sábado, 16 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE VOZ POR ARACELI FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

Este venres tivemos o pracer de contar na nosa escola coa soprano Araceli Fernández.
Reside en Suiza, e traballa como docente co prestixioso coro masculino   KnabenKantorei Basel - (KKB) como formadora de voz e na escola municipal de música Aesch-Pfeffingen como mestra de canto; aproveitando uns días de vacacións na súa cidade natal, Vigo, ofreceunos un obradoiro para o alumnado da escola.

Comezamos aprendendo o que é a voz.




Lemos as notas no pentagrama,



Escoitamos un anaco de ópera,



Cantando as notas con moita velocidade, 





Unha canción de ABBA, entre todos.




Acompañamos a Araceli




Agora nós sos somentes acompañados polo piano de Areaceli.




Para despedirse unha cantiga de Enrique Granados.



GRAZAS ARACELI POR SER TAN AMABLE E LEVAR A CABO ESTE FERMOSO OBRADOIRO
 E,...
GRAZAS BEGOÑA POR PRESENTARNOS A TÚA IRMÁ!

venres, 2 de marzo de 2018

VIDEOCLIP DO ROCÍO

Os nenos e nenas da escola presentan o  noso traballo á comunidade educativa dun xeito moi especial. 


GÚSTAVOS?

mércores, 1 de novembro de 2017

O CONCERTO DE SAMAÍN

O alumnado do quinto e sexto curso de primaria, dan un concerto para o resto da escola.
DANZA MACABRA

sábado, 21 de maio de 2016

O BAILE DAS FITAS

Dentro da celebración dos Maios, na escola temos arraigada unha tradición, na que o alumnado do cuarto curso de educación primaria fai o Baile das Fitas.
Ensaiaron moito, e o resultado é espectacular.
GRAZAS RAPACES!

xoves, 12 de novembro de 2015

OS NENOS DE SEXTO AMENIZAN A FESTA DO SAMAÍN

Como nos últimos cursos escolares, o día da festa do SAMAÍN, nenos e nenas de sexto curso de primaria tocan unha canción ao resto dos nenos de primaria e posteriormente fanno no túnel do medo.
SODES UNS ARTISTAS!!!






xoves, 12 de marzo de 2015

venres, 16 de novembro de 2012

CONCERTO NO ROCIO


 Hai uns días gozamos dun estupendo concerto na escola.
                    Viñeron visitarnos unha soprano e un guitarrista:
Araceli Fernández e Hannu Siiskonenn.

Foi unha músuca diferente da que escoitamos sempre pero... GUSTOUNOS MOITO!.

Se queredes saber algo máis sobre eles premede na ligazón 

http://www.araceli-fernandez.ch/ 








xoves, 16 de decembro de 2010

ACHEGASE A EPOCA DAS PANXOLIÑAS.

Bos días, nenos e nenas!. Que bonita estades a pór a miña casiña!. Esa árbore de Nadal é preciosa e día a día a engalanades cuns preciosos libriños. Esta noite gocei coa lectura dalgún deles. Vouvos dar unha suxestión, por que non poñedes música de Nadal ?. Aquí tedes unha panxoliña que a mín gustame un mundo.



venres, 10 de decembro de 2010

UN TESOURO SONORO

O pasado martes 30 de santos, os nenos do 2º ciclo de E.P. asistiron a unha audición musical que se desenvolveu no comedor do cole.
Viñeron uns músicos da e-TRAD.


Contáronlles a historia duns nenos que atoparon os restos dun naufraxio na praia, unhas caixas que contiñan cousas que eles descoñecían. Coa axuda dun vello da aldea souberon o que había nas caixas. 
Dentro das caixas había... instrumentos musicais !
Cos músicos e cos instrumentos pasámolo en grande: tocamos, cantamos e bailamos.
Aí tedes as fotos que o demostran:
Os músicos fannos bailar e cantar

Coa axuda dun vello da aldea...


Estivemos moi atentos


Pasámolo moi ben

Tocamos...

Cantamos...
Bailamos...
A que o fago ben?

Sei tocar a pandeireta!