Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTE ESCOLAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DEPORTE ESCOLAR. Amosar todas as publicacións

mércores, 27 de abril de 2022

XADREZ NA ESCOLA

 Segunda xornada do programa de Xadrez na escola, grazas ao programa xogade. 

O alumnado do terceiro curso de primaria aprenden e coñecen o xadrez, un xogo educativo que permite o desenvolvemento do pensamento computacional. Xogando o alumnado identifica, analiza e resolve os problemas que se lle propoñen. 

Seguiremos a coñecer este deporte tan fermoso!







xoves, 31 de marzo de 2022

ATLETISMO EN PISTA

 O alumnadodo quinto curso de primaria participou hoxe 31 de marzo nunha divertida xornada de atletismo xunto a outras escolas da cidade. Facía frío nas pistas do CUVI, mais os nosos rapaces fixeron unha gran actuación e pasárono moi ben competindo nas carreiras, lanzamentos e salto de lonxitude. A proba máis emocionante foi a carreira de remudas, na que os nosos equipos conseguiron clasificarse na segunda posición.


 

martes, 21 de xaneiro de 2020

CROSS ESCOLAR

A nosa escola inscribiuse no programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, coñecido como XOGADE co obxectivo de fomentar  unha práctica deportiva, educativa e saudable. Procuramos difundir os valores da competición dende unha perspectiva regrada facilitándolle ao alumnado a práctica dun deporte con grande tradición na nosa terra.
Nesta primeira fase, participou todo o alumnado da escola dende segundo de primaria ata sexto. Hoxe, varios alumn@s,  clasificaronse para a FASE PROVINCIAL,  e posteriormente, destes, algúns ou todos se clasificarán para a fase autonómica.
A actividade desenvolveuse nun entorno fermoso, o Parque de Castrelos, e gozamos dunha xornada matinal marabillosa.
Se premedes na imaxe podedes gozar cos distintos momentos da carreira.
https://photos.app.goo.gl/U7XP76ySYaNUVMBWA

martes, 26 de marzo de 2019

ATLETISMO EN PISTA

Fenomenal o traballo levado a cabo no día de hoxe polo alumnado do quinto curso de educación primaria no CUVI. 
Tras participar en diversas modalidades atléticas, chegamos á escola con varios campions e campioas.
Noraboa polo gran traballo en equipo rapaces!
Se queredes gozar coas imaxes da competición, preme na imaxe.
PREME NA IMAXE

 

mércores, 23 de xaneiro de 2019

OBRADOIRO DE POPPING DANCE


Dany Boogz e Reche,  son os dous expertos bailaríns que visitaron a escola o pasado martes día 22 da man da ANPA e fixeron que os noso cativos gozasen dunha pequena exhibición.
Contaron que comezaron xogando ao futbol e sobre os dezaséis anos co programa Fama a bailar espertou neles unha paison que lle cambiou a vida. O que comezou sendo un hobbie converteuse no seu traballo. Comentaronlle aos cativos que todos os días gozan no momento de erguerse da cama porque sabe que van facer algo que lles gusta. Animaron aos rapaces a que sexan o que sexan, músicos, pintores, médicos, escultoras,... loiten por facer os seus soños unha realidade.








LOITA POLOS TEUS SOÑOS!

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Liga Escolar de Bádminton

Como continuación á campaña de bádminton que realizou o club RACHAPLUMAS no noso centro o pasado mes de decembro, vaise disputar unha liga escolar de bádminton, na que poden participar todos os alumnos de 3º a 6º da Educación Primaria que o desexen.
Esta competición desenvolveráse unha vez ao mes, comezando o domingo 25 de febreiro, no Pavillón Municipal da ETEA (Avda. Marina Española, s/n, TEIS-Vigo).
Para poderen participar deben encher o impreso de autorización que se adxunta, envialo por ecorreo a cbrachaplumas@yahoo.es e entregar o orixinal o primeiro día da competición na que participen. Este impreso é imprescindible para poder participar e tramitar o seguro deportivo. O custo desta actividade é 0,00 € e o único que teñen que traer á instalación é roupa deportiva e raqueta, se a teñen.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR (Hai que enviala antes do 9 DE FEBREIRO)  

O calendario de xornadas é o seguinte:

        - Domingo 25 de febreiro de 2018.

        - Domingo 18 de marzo de 2018.

        - Domingo 22 de abril de 2018.

        - Domingo 13 de maio de 2018.

        - Domingo 20 de maio de 2018 (Remate)

  Pódese participar nunha, varias ou todas as xornadas.

    - Horario:de 09:30 h. a 14:30 h.

        - A derradeira xornada é posible que se xogue todo o día. 


martes, 23 de xaneiro de 2018

Campionato Provincial de Campo a Través

Finalmente, a nosa escola tan só puido enviar unha representante ao Campionato Provincial de Campo a Través, Olyvia Fernández de 5º de Ed. Primaria, quen realizou unha extraordinaria carreira na que se mediu coas mellores corredoras da provincia de Pontevedra. O resultado foi máis que satisfactorio, xa que competía con xente que se dedica ao atletismo desde hai anos, adestrando varios días á semana. Foi unha grande alegría que a nosa compañeira Olyvia se clasificase no 12º posto da carreira. Unha grande experiencia para a nosa compañeira, que de certo terá os seus froitos en futuros eventos deportivos. 
Parabéns e un enorme aplauso para ela!!!



xoves, 18 de xaneiro de 2018

Xornada de Loita Olímpica

Onte 17 de xaneiro os rapaces e raparigas de 4º de Ed. Primaria fomos ao CUVI  realizar unha xornada de Loita Olímpica. Alí practicamos diversos xogos, xa traballados nas aulas de Ed. Física, nos que nos medimos cos nenos doutros centros cos que compartimos esta actividade: CEIP A Dobrada, CEIP Carballal e o CEIP Sobreira. Foi unha xornada moi intensa, pasámolo xenial!!!

mércores, 17 de xaneiro de 2018

Campionato Provincial de Campo a Través

Tras a participación do noso centro no Cross Zonal de Zamáns, no mes de novembro, varios dos nosos alumnos conseguiron a clasificación para o Campionato Provincial de Campo a Través, que terá lugar o próximo martes 23 en Portas (Caldas de Reis).

Parabéns para os nosos atletas:
ALEJANDRO FERNÁNDEZ LABAJO (Benxamín Masculino)
OLYVIA FERNÁNDEZ LIM (Alevín Feminino)
NOA GROBA COMESAÑA (Infantil Feminino)

BO TRABALLO RAPACES!!!! 


xoves, 30 de novembro de 2017

CROSS ESCOLAR ZAMÁNS NOVEMBRO 2017

No día de hoxe, o alumnado de segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto curso de primaria participaron nun CROSS ESCOLAR, organizado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. O noso alumnado gozou dun día de deporte xunto con outras escolas da contorna. Estupenda iniciativa que permite achegar aos máis cativos ao mundo da competición.
SODES UNS CAMPIÓNS!
SE PREMES NA IMAXE PODERÁS VER E DESCARGAR FOTOS DO CROSS ESCOLAR