O Camiño de Santiago, é unha das máis antigas e
principais vías de peregrinación da cristiandade. Desde O descubrimento
do sepulcro do Apóstolo Santiago innumerables peregrinos se puxeron en
camiño cara a Compostela para venerar as súas reliquias.
Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das
relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do
cristianismo, xunto a Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven
amenazada a súa fe polo avance do Islam afírmanse nela peregrinando ao
recén descuberto Sepulcro de Santiago Apóstolo, a partir do século IX.
Así crearonse, paso a paso, rutas que conducían a Santiago de
Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes
países e rexións europeos.
O Camiño de Santiago.
Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á
"Casa de Santiago", á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer
todas as rutas de peregrinación.
Existen distintas rutas para peregrinar a
Santiago e sobre esto versou a conferencia dos rapaces de sexto curso, que amenizaron a todos explicándonos cantos camiños hai e como se poden facer.
Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na
Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León,
Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.
Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.
Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia
Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no
último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.
Así coñecido pola afluencia de peregrinos das
illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol
e desprazándose desde alí a pe.
Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.
Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.