PAGINA

martes, 29 de abril de 2014

GRANDE OBRA DE TEATRO: XIGANTES.

 
Continuando coas actividades do mes do libro, este venres, día 25 de Abril ás 12h., tivo lugar no ximnasio da nosa escola a representación da obra  de Miro Magariños “XIGANTES”.
Esta obra puido ser levada a cabo na nosa escola grazas á editorial SM, que achegou un grande espectáculo para a nosa comunidade educativa.

Esta obra é unha versión do libro O XIGANTES DE NUNCA ACABAR de  Ana Mª Fernández  e Xoan Babarro, da editorial SM.
IMOS deixar que lembredes unha parte do espectáculo.

e outro anaco.

domingo, 27 de abril de 2014

COCIÑA DE CONTOS.

Dentro da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA levada a cabo polo Concello de Vigo, en colaboración coa editorial OQO  e desenvolvida do 23 ao 30 de maio, tivemos a sorte de ser un dos primeiros centros seleccionados para desenvolver o OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN  COAS MANS NA MASA.
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de educación primaria, gozaron durante noventa minutos cada grupo dun contacontos que relacionaba dun xeito marabilloso a literatura coa gastronomia. Traballaron con masa de pan, fariña e pintura.
O conto a traballar foi o de MARUXA, de EVA  MEJUTO, e a ilustradora portuguesa MAFALDA MILHÕES.
 
EVA E MAFALDA fixeron que os nosos alumnos gozasen con Pepiño e Maruxa, os protagonistas do conto.







Aquí un cachiño da sesión de contacontos.





E aquí os traballos realizados.

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA.



Cando os mestres que estamos na escola eramos pequenos utilizabase a publicidade dentro dos programas infantiles para fomentar a lectura. A continuación un dos spots máis míticos no que se nos daba un consello moi sabio:
SE NON QUERES SER COMA ELES,
 LEE!

mércores, 23 de abril de 2014

HOXE É O DÍA DO LIBRO.

Hoxe, 23 de abril celebramos na escola o
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
 PADRIÑOS E MADRIÑAS,
 AFILLADOS E AFILLADAS,
 TODOS A LER. 





UNHA ACTIVIDADE PRECIOSA
na que todos os nenos gozan.
Grandes e pequenos, todos importantes.
Uns elixen e preparan os contos, sentense responsables;
outros dispostos a escoitar , gozar e sentense atendidos polos maiores.
Unha das actividades máis bonitas e de maior tradición da nosa escola. 


Entregamos o agasallo á gañadora dos autocolantes. 
MAGDALENA DIAS DINOS



martes, 22 de abril de 2014

23 de ABRIL DÍA DO LIBRO

COMEZAMOS CUNHA CANTIGA:


CONTINUAMOS CUN CONTO,


E FINALIZAMOS,  ILUSTRANDO A LECTURA, cun recurso sacado do BIBLIOCOLE
C.E.I.P. Mestres Goldar (Vigo)

colección de imaxes de ilustradores/as con prestixio no mundo da ilustración.



O ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA VISITA AFAGA.

Os  alumnos/as de 6º de Primaria  visitaron o Centro de Día Beiramar, xestionado por Afaga. Participaron nos diversos obradoiros preparados para a visita. Foi unha marabillosa experiencia.

 


sábado, 12 de abril de 2014

REVISTA ESCOLAR ORBALLO. ANO 2014. SUXESTIÓNS TURÍSTICAS.

Dentro do proxecto GALICIA 3 6 5, e grazas á colaboración das familias, conseguimos ter unha revista escolar dixital que nos permitirá coñecer algúns dos lugares máis bonitos da nosa terra.
Aproveitade este tempo vacacional e...
 coñecede a nosa terra!.

CUARTA XORNADA: OS NENOS DE CATRO ANOS CONTAN TODO O QUE INVESTIGARON SOBRE O PORCO CELTA.

 Chegou o turno dos nenos e nenas do quinto curso de educación infantil, que con so catro anos explicanlles a todos os nenos e nenas da escola todo o que investigaron sobre o porco celta.. Unha conferencia do máis interesante.
Noraboa, rapaces!

 

TERCEIRA XORNADA DE EXPERTOS. SEXTO DE PRIMARIA. O CAMIÑO DE SANTIAGO.

O Camiño de Santiago, é unha das máis antigas e principais vías de peregrinación da cristiandade. Desde O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago innumerables peregrinos se puxeron en camiño cara a Compostela para venerar as súas reliquias.

Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do cristianismo, xunto a Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven amenazada a súa fe polo avance do Islam afírmanse nela peregrinando ao recén descuberto Sepulcro de Santiago Apóstolo, a partir do século IX. Así crearonse, paso a paso, rutas que conducían a Santiago de Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes países e rexións europeos.

O Camiño de Santiago.
Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á "Casa de Santiago", á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer todas as rutas de peregrinación.
 Existen distintas rutas para peregrinar a Santiago e sobre esto versou a conferencia dos rapaces de sexto curso, que amenizaron a todos explicándonos cantos camiños hai e como se poden facer.
 
  • O Camiño Francés
Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.
  • O Camiño do Norte
Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.
  • O Camiño Primitivo
Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.
  • O Camiño Inglés
Así coñecido pola afluencia de peregrinos das illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol e desprazándose desde alí a pe.
  • O Camiño Portugués
Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.
  • A Vía da Plata
Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.

BO TRABALLO, RAPACES!

luns, 7 de abril de 2014

SEGUNDA XORNADA DE EXPERTOS. EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS. OS SÍMBOLOS DE GALICIA.

Continuamos coas XORNADAS de EXPERTOS na escola, onde os nen@s de tres anos, continuando co  PROXECTO GALICIA 365
 foron os encargados de explicar os SÍMBOLOS DE GALICIA.
A BANDEIRA, O ESCUDO, O HIMNO e a LINGUA.
 Para aprender máis.
 http://centros.edu.xunta.es/ceipopineirino/recursos/galicia/galicia.html