venres, 26 de maio de 2017

KIKA NO FUTURO

O noso compañeiro Martín Docampo foi o seleccionado no concurso de contos sobre Kika na aula de 3º de Primaria. Parabéns pola historia Martín!! 
Gozaríamos moito dunha segunda parte ;)
Deixámosvos co vídeo para que poidades escoitala. 

xoves, 25 de maio de 2017

MEDRAN AS PLANTAS

Hoxe atopámonos con novidades nas nosas leiras. As nosas plantas xa están a medrar! As tomateiras, teñen tomates, e as leitugas   seguen imparables, os cogombros están a facerse agardar e os amorodos. Os amorodos están moi, moi saborosos.
E que dicir das árbores; flores e froito en todos eles.
Como gozamos na horta!




E sabedes... o mellor é usar a mangueira nos nosos pés!!!

OS ESPANTALLOS INVADEN AS LEIRAS

-Profe, profe,... os paxaros están a comer os nosos amorodos.
-Profe, profe,... as gaivotas, atacan a nosas plantas.
(Estas eran frases habituais cando estabamos a coidar a nosa leira.)
- Tedes razón, temos que facer uns espantallos!
- Que é un espantallo?
- Os espantallos, son uns bonecos que se empregan para escorrentar os paxaros que se comen as sementes.
A semana pasada os nenos de primeiro nos ensinaban os seus espantallos. Ao longo da semana, chegaron ao cole novos espantallos, queredes coñecelos?


ARQUITECTOS DE CORES

O alumnado do primeiro curso de primaria, segue a demostrar que o seu tema anual de ARQUITECTURA lles encanta. Gozaron no día de onte facendo estructuras e construccións con caixas,  celofán e a gran colaboración do SOL. 
Entre todos, e dun xeito colaborativo, xogaron coa luz, fixeron que trocase de cor é...logo xogaron coas súas sombras...
Non imos a contar mais, con ver as imaxes podedes dar conta do expertos que son.



mércores, 24 de maio de 2017

CAIXA DE SUXESTIÓNS

No blogue da escola e na web, aparece esta imaxe. Esta é a CAIXA DE SUXESTIÓNS, para que calquera membro da nosa comunidade educativa poida deixar as súas ideas, queixas ou suxestións.
A finalidade e tentar que a escola sexa cada día mellor.  
O único requisito para poder utilizar este servizo é que non se poden usar descalificativos, insultos ou palabras inapropiadas, e en todo caso identificarase a través dunha dirección de e-correo.


OS NOSOS RAPACES AXUDAN A RECICLAR A DINOSETO


Hoxe tivemos unha  visita moi especial. Hoxe estivo na nosa escola,  Dinoseto e que ademáis estaba de aniversario.
Viu ao cole a facer unha xornada sobre a reciclaxe. Con el descubrimos a importancia de reciclar, como hai que facerlo e por suposto, aprendimos o seu rap da reciclaxe.
Pasámolo moi ben e ademais, deunos un pequeno agasallo de recordo.
A partir de agora, continuaremos reciclando!






 Pasou pola escola LOCALIA TV, e saímos no telexornal



Nesta actividade participaron os alumnos do segundo, terceiro e cuarto curso de Educación Primaria que xogaron con Dinoseto para lembrar que os colectores e papeleiras serven para manter limpa a nosa cidade.


mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 17

Onte celebramos todos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O escritor homenaxeado foi
CARLOS CASARES
Este gran escritor, nado en Ourense no 1941, vivía moi preto da nosa escola, en Nigrán ata que á idade de 60 anos faleceu por mor dun infarto. Gran narrador e articulista caracterizabase por dinamizar a cultura e tentar renovar a literatura galega.
Autor de grandes obras, nas que podemos destacar  Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima,  Vento Ferido e Os mortos daquel verán, para adultos e a colección de Toribio, A Galiña Azul,   As laranzas máis laranxas de tódalas laranxas, O Principiño, O can Rin e o lobo Crispín, entre outras.
Dirixiu a Editorial Galaxía, a revista Grial e foi o presidente do Consello da Cultura Galega.

Para celebralo fixemos co alumnado de primaria unha Gymkana, na que mezclados por cursos e en trece equipos, debían atopar unhas pistas seguindo o mapa. Unha vez atopadas, os nenos dirixíanse aos mestres, que lles facían unha pregunta relacionada con CARLOS CASARES. Unha vez atopada a información, de ser correcta, acadaban unha das 130 pezas dos puzles que se montaron colaborativamente, en tres equipos, sobre a vida e obra de Carlos Casares.
O alumnado gozou moito coa celebración.



Esta  é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
Web: www.brincavai.com
Facebook: http://www.facebook.com/BrincaVai


A festa rematou cantando entre todos o Himno Galego.

OS MAIOS

E despois de días de traballo, chegou á escola a Festa dos Maios. Esta é unha das festas máis fermosas e tradicionais galegas que se celebra o primeiro día do mes das flores. Na escola recuperamos esta tradición galega que festexa a chegada do bo tempo, o triunfo da primavera sobre o inverno. Grazas á achega de flores, herba, fentos, e ovos, construímos entre todos o noso Maio.










A continuación, cada curso cantou as súas coplas dedicadas á primavera.






 E o alumnado de cuarto, como é tradición na escola, despois de días de preparación agasallounos a todos co BAILE DAS FITAS.



Para finalizar a celebración paseamos o maio
.


venres, 12 de maio de 2017

OS NOVOS HABITANTES DA ESCOLA

Onte foi un día especial, nunha das leiras comezaron a vivir catro novos habitantes. Fixádevos que guapos son!!. Os seus creadores tamén.

VISITA A EXPOSICIÓN

Rapaces e rapazas de Educación Primaria animáronse a traer libros de Gloria Fuertes da súa casa. Están a descubrir a esta gran poetísa. ESTADES CONVIDADOS A VISITALA!
Por outra banda, na escola están distribuidas cartelas cos vídeos das poesías, animádevos a ler o código QR!

mércores, 10 de maio de 2017

CANTAN E CONTAN A GLORIA FUERTES

O video-libro sonoro de Gloria Fuertes, incrementa as súas gravacións.
 GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

luns, 8 de maio de 2017

JACOBO FERNANDEZ SERRANO NA ESCOLA

O debuxante e ilustrador, pintor e autor de banda deseñada, JACOBO FERNÁNDEZ, visitou o pasado venres día 5 a nosa escola. Este artista vigués, estivo acompañado polo alumnado do primeiro e segundo curso de educación primaria que son seguidores das súas creacións. Encántalles entre outras, MARCOPOLA.
Os nenos estiveron todos moi atentos ao que lles contaba e como despedida fíxo unha dedicatoria personalizada para cada un dos nosos libros, e tamén fixo unha no libro de visitas da escola. Quedou moi bonita!

Grazas Jacobo, por ensinarnos tantas cousas!



domingo, 7 de maio de 2017

EXPOSICIÓN DA HISTORIA DA FOTOGRAFÍA

O alumnado do quinto curso de educación infantil, coa súa profe Maricruz e coa inestimable axuda das familias, teñen aberta unha fermosa exposición sobre o mundo da fotografía. Ao longo do curso escolar e como expertos, traballaron arreo para dedicarnos este gran traballo.
No vídeo, facemos un percorrido polo recanto que podedes visitar en horario de atención ás familias.