Amosando publicacións coa etiqueta RECICLAXE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta RECICLAXE. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de maio de 2021

17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio celébrase o día mundial da reciclaxe. Na escola co gallo da tradicional festa dos maios, e por mor da actual situación socio sanitaria, temos de deixar de facer a tradicional recreación da festa dos MAIOS e buscar unha alternativa segura. Por ese motivo, fíxose unha proposta "en familia" para crear uns maios de reciclaxe. Grazas pola vosa colaboración, os maios quedaron espectaculares.


 





Moita creatividade e ilusión demostrades nas vosas produccións.

 Grazas pola vosa axuda e colaboración, ...

As FAMILIAS sodes parte esencial

 da nosa escola, O RESÍO.

domingo, 10 de maio de 2020

CREA O TEU MAIO, DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE


Benqueridas familias, agardamos que sigades ben. Confiemos en que, aos poucos, comecemos a ver a luz. Namentres, coidádevos moito.
 
Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa escola facemos cada ano para conmemorar dúas festas tradicionais na nosa terra:


  •       A festa dos maios
  •       O día das Letras Galegas.

No marco do “Día Mundial da Reciclaxe”, que se celebrará o próximo 17 de maio, queremos facervos unha proposta:

CREA O TEU MAIO
CON MATERIAL DE REFUGALLO


1.   Fai un cono con cartón
2.   Recúbreo cun manto verde, sempre de refugallo 
3.   Decórao como máis che guste, botóns, tapóns, macarróns,...


Unha vez feito o teu mini-maio, 

1.   Sácalle unha foto
2.   Mándaa ao watshap da escola 658715569
3.   O prazo vai dende o luns 11 ao luns 18 de maio.

Animádevos!    Participade!
Haberá Pikeuros para tod@s.


venres, 22 de novembro de 2019

PLAN PROXECTA: A COMPOSTAXE.

Hoxe tivemos a sorte de contar na escola con INÉS; ela foi a monitora do obradoiro de compostaxe. Os mestres inscribironse no Plan Proxecta: Recicla con Sogama, sendo un dos 25 centros seleccionados pola Consellería para participar neste programa.
Coa nosa participación, pretendemos que a recollida do lixo sexa selectiva e que toda a Comunidade Educativa coñeza os tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.

Inés  axudounos a comprender o proceso da compostaxe.
Nesta formación inicial, a educadora, explicou ao alumnado a cadea alimentaria, logo,  experimentaron e buscaron miñocas en bandexas de compost, e fixeron  unhas boliñas con sementes para botar polo terreo aló pola primavera. 


Máis tarde, nun momento no que cesou a choiva, saímos á horta para colocar as composteiras. Explicáronnos como se ten que compostar para logo botalo na horta. 



martes, 23 de abril de 2019

DINOSETO E DINOSETIÑO NO ROCÍO

Hoxe, chegaron á escola da man do Concello de Vigo , Dinoseto e Dinosetiño, para aprenderlle aos alumnos e alumnas de segundo, terceiro e cuarto de primaria a importancia de reciclar e manter limpa a nosa cidade.


Explicoulles aos nenos a importancia de reciclar nos colectores amarelo, azul, verde, pilas, lixo orgánico e os novos de aceite e roupa.

Cantamos xuntos a canción do seu videoclip Vigo-Recicla



PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS


mércores, 24 de maio de 2017

OS NOSOS RAPACES AXUDAN A RECICLAR A DINOSETO


Hoxe tivemos unha  visita moi especial. Hoxe estivo na nosa escola,  Dinoseto e que ademáis estaba de aniversario.
Viu ao cole a facer unha xornada sobre a reciclaxe. Con el descubrimos a importancia de reciclar, como hai que facerlo e por suposto, aprendimos o seu rap da reciclaxe.
Pasámolo moi ben e ademais, deunos un pequeno agasallo de recordo.
A partir de agora, continuaremos reciclando!






 Pasou pola escola LOCALIA TV, e saímos no telexornal



Nesta actividade participaron os alumnos do segundo, terceiro e cuarto curso de Educación Primaria que xogaron con Dinoseto para lembrar que os colectores e papeleiras serven para manter limpa a nosa cidade.


luns, 11 de novembro de 2013

RECICLIÑO E RECICLIÑA.

No día de hoxe, visitou a nosa escola unha unidade móbil do Concello de Vigo, para falar do tema da RECICLAXE co alumnado de segundo, terceiro e cuarto de educación primaria.
O noso Concello leva xa dez anos traballando coa reciclaxe. A finalidade deste proxecto é que os nenos e nenas aprendan a separar na casa os productos reciclables e levalos aos colectores.
Agasallaronnos ao final da actividade cunha camiseta, unha bolsa e un antiface.