venres, 22 de novembro de 2024
xoves, 21 de novembro de 2024
MONICREQUES NA CASA DE LEO
As mochilas viaxeiras non paran de visitar as casas do noso alumnado. Esta semana fixeron unha parada na casa de Iago e... así de ben o pasaron.
mércores, 20 de novembro de 2024
MONICREQUES NA CASA DAS IRMÁS ABELLEIRA
As mochilas viaxeiras non paran de visitar as casas do noso alumnado. Esta semana fixeron unha parada na casa de Olivia e Martina e... así de ben o pasaron.
martes, 19 de novembro de 2024
OBRADOIRO EN FAMILIA, DÍA INTERNACIONAL DO NENO
Hoxe martes 19, ás 16.30h, desenvolveuse un obradoiro de profesorado e familias de Ecopercusión. Adultos e nenos traballando xuntos e, pais e nais sendo quen de ver a realidade a través dos ollos dos seus fillos. Que ledicia gozar dun obradoiro xuntos e poder "desconectar" da rutina diaria con nada máis que a música no centro da nosa atención. Primeiro foi a quenda dos máis cativos da escola, 30 minutos de batucada e logo os de primaria, 90 minutos nos que todos quedamos convertidos en verdadeiros músicos dirixidos por Diddier.
Diddier, fixonos conscientes de como unha gran cantidade de obxectos que nos rodean poden converterse en instrumentos de percusión.
Logo,... con botes de pintura baleiros e baquetas...que máis contar, gozade coas imaxes.
Unha gran experiencia da que gozamos grazas a colaboración do CFR de Vigo, e por suposto grazas familias por colaborar e asistir, esta é a primeira "quedada" do ano, agárdannos moitas máis.
martes, 12 de novembro de 2024
MAGOSTO
Polo San Martiño, magosto no Resío.
Fermoso día de festa, e convivencia. Grazas as familias colaboradoras, sen eles este Magosto non sería posible.
Unha mañá que comezou con obradoiros nas aulas e que logo dun pequeno tempo de lecer, a rapazada gozou de diferentes obradoiros interniveis.
TIRO DE CORDA
PEÓNS
CARREIRA DE SACOS
ZANCOS
UNHA FERMOSA CASTAÑEIRA
E COMILONA DE CASTAÑAS ENTRE AMIGOS
Preme na seguinte ligazón para gozar coas imaxes da festividade.
Os máis cativos, gozaron de:
CIRCUÍTO DE CASTAÑAS
TRAGACASTAÑAS
VARRECASTAÑAS
DEBUXAR O MAGOSTO
Logo, papamos moitas castañas! Que día máis divertido!