Amosando publicacións coa etiqueta 2º CICLO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º CICLO. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de xuño de 2017

COÑECE AS ENERXÍAS CON CANCIÓNS

Os nenos de 3º de Primaria inventaron cancións para reflexionar sobre os usos da enerxía e coñecer que enerxías son renovables. Os deixamos coas creacións de Dani Sobrino coa canción "Pica, Pica, Pica" e Martín Álvarez e Martín Docampo coa canción "A enerxía". Todos os nenos da aula seleccionamos estas cancións para representar o traballo da nosa investigación.

Pica, Pica, Pica



A enerxía

domingo, 31 de xaneiro de 2016

COUSIÑAS DE PAZ

COUSIÑAS DE PAZ

 Este grupo de nenos e nenas queremos contarvos e cantarvos alguhas cousiñas da PAZ.

mércores, 26 de xuño de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO. EDUCACIÓN PRIMARIA.

 O curso escolar que remata, tivo unha actividade final para o alumnado de Educación Primaria que consistiu nunha saída de todo o día á MUIÑADA DE BAROSA

Ao longo da mañá realizamos diversos talleres e despois de xantar fixemos unha pequena ruta polos sendeiros próximos. Esta experiencia gustoulle moito aos rapaces.

xoves, 2 de maio de 2013

O ECO DO ROCÍO.


Con esta actividade os nenos e nenas traballaron o xornal, sobre todo,  dúas seccións moi relacionadas cos proxectos que se están a levar a cabo na escola: Bouzas e 12 meses 12 paisaxes. Neste traballo a colaboración das familias foi fundamental.
Grazas.

XOGAMOS A PLANTAR E SEMENTAR. APRENDEMOS A PLANTAR E SEMENTAR.

Continuando co noso proxecto medioambiental, seguimos a facer a horta da nosa escola. Papás, tal e como vos contabamos  esoutro día xa distribuímos o espazo, calculamos as dimensións dos bancais, angazamos,...

Tamén plantamos árbores froiteiras, bulbos, sementes e plantas. O lugar non o tivemos que buscar, xa  que o patio da escola nolo deixa pero si que o acondicionamos. Agora xa temos auga, o que nos permite utilizar as mangueiras para regar. De tódolos xeitos ata o de agora non nos fixera moita falla pois leva chovido tanto que non era preciso o rego da horta. Agora si, coa chegada do sol e as agradables temperaturas, xa temos que facer quendas de rego. 

Parece que o emprazamento non está mal, pois a partir de media mañá xa lle dá o sol e polas tardes tamén. Xa temos unha composteira para poder estercar a horta,... é o máis importante tódalas árbores froiteiras xa teñen gromos, follas e algunha, flores.  A profe dí que agora toca o máis importante da horta OBSERVAR. Dí que temos que observar as plantas, tentar que non lles falte auga, que non lles afecte ningunha enfermidade. A verdade é que ten razón, as plantas dos amorodos xa teñen flor, e as sementes de ervellas xa xerminaron e saíron unhas pequenas plantas das sementes de xirasol. 

Agora observade o noso traballo e xa vos iremos informando da evolución da nosa horta.

domingo, 28 de abril de 2013

ROTEIRO POR BOUZAS SEGUNDO E TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA.

Grazas a inestimable e gratuíta colaboración da ASOCIACIÓN VECIÑAL EDUARDO CHAO coa nosa escola, poidemos darlle un toque de calidade ao noso mergullo na vila de Bouzas. Foi unha ruta cultural  dunha hora e media de duración que resultou moi interesante e que nos permitiu gozar dun anaco da historia de Bouzas. No roteiro realizamos unha ruta peonil a través do casco antigo, centrándonos nos puntos máis salientables do mesmo.

  • Igrexa S. Miguel de Bouzas
  • Casa do Patín
  • AAVV Bouzas
  • Casa de Lira
  • Capela do Carme
  • Alameda
  • Cruceiro Vello 
  • Xardíns de D .José Casás 
  • Monumento a Eduardo Cabello 
  • Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de S. Miguel de Bouzas 
  • Praia do Adro.


xoves, 4 de abril de 2013

DEBUXAMOS A REPOBOACIÓN DE ÁRBORES.


A actividade de repoboación arbórea na nosa escola e na contorna é vista de diferente xeito por cada un dos nosos alumnos e  alumnas. Unha actividade moi interesante que obtivo unhas grandes...
 OBRAS DE ARTE.
 GRAZAS NENOS E NENAS POLO VOSO TRABALLO.
SODES  UNS ARTISTAS.

PLAN PROXECTA: DOCE MESES, DOCE PAISAXES. OBXECTIVO: REPOBOAR A NOSA ESCOLA, REPOBOAR A AVENIDA DE CASTELAO.

Todos os alumnos e alumnas de educación primaria da nosa escola, celebraron dúas xornadas de clase en contacto directo coa natureza, coincidindo case en tempo coa celebración do DÍA DA ÁRBORE. Dende a escola pensamos que é unha boa maneira de que os alumnos e alumnas aprecien a natureza que os arrodea na nosa cidade, e en concreto na súa escola, é participando activamente na plantación. 






 Coa construción da nosa escola perdéronse tódalas árbores froiteiras existentes, polo que: mans á obra, comezamos a facer as divisións no terreo no que temos que facer a plantación.




 Plantamos oito árbores( un limoeiro, unha pereira, unha maceira, unha cerdeira, un granado, un fatoneiro, unha ameixeira e unha árbore que de kakis). Tamén plantamos oito arbustos, e comezamos a preparar uns bancales nos que xa plantamos, amorodos, pementos, tomates, leitugas, ... Na entrada principal replantamos céspede e colaboramos coa replantación da Avenida de Castelao. Esta actividade consistiu en desprazarse ata o Pavillon de Coia onde íamos plantar en grupos de tres distintas especies de árbores. Como a climatoloxía non nos acompañou, dentro do pavillón se ultimaron os preparativos para simular a mesma. Nenos e nenas de outras escolas da contorna tamén participaban neste proxecto. Os nenos e nenas acompañados polos seus mestres escoitaron as explicacións que nos deu a coordinadora do proxecto, e ao Alcalde que convidou aos nenos a coidar, protexer a masa arbórea que nos rodea. Esta xornada rematou co agasallo dun camelio a cada alumn@, unha pá para cada aula como recordo da participación no programa e a degustación dun chocolate quente. Cando mellore o tempo, prometen convidarnos a facer a verdadeira plantación. Por se  non é así, nos xa a  fixemos a nosa na escola.

UN BO XEITO DE CELEBRAR A CHEGADA DA ...

PRIMAVERA.

mércores, 27 de febreiro de 2013

MAÑÁ VISITARÁ A NOSA ESCOLA, VIOLETA MONREAL.

Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.

Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación. 



Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa  ONU na
ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican
constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.


Este e o noso traballo previo a súa visita.

xoves, 13 de decembro de 2012

TEMPO DE NADAL.

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.

Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados. 



 NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.


Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para  felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.


Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,

BOUZAS,

12 MESES, 12 LUGARES.

E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .

De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. 

O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.

luns, 10 de decembro de 2012

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas,  imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?

venres, 16 de novembro de 2012

CONCERTO NO ROCIO


 Hai uns días gozamos dun estupendo concerto na escola.
                    Viñeron visitarnos unha soprano e un guitarrista:
Araceli Fernández e Hannu Siiskonenn.

Foi unha músuca diferente da que escoitamos sempre pero... GUSTOUNOS MOITO!.

Se queredes saber algo máis sobre eles premede na ligazón 

http://www.araceli-fernandez.ch/ 








domingo, 3 de xuño de 2012

II XORNADAS DE EXPERTOS

   Ao longo desta semana tiveron lugar as II Xornadas de Expertos na nosa escola.
     Os nen@s amosaron todo o aprendido ao longo deste curso e explicaron, como conferenciantes EXPERTOSo medo, a tristura, a ledicia, o anoxo e o amor.
Parabéns nen@s!!
Malia os nervios, o traballo e o "medo escénico" TOD@S sodes brillantes EXPERTOS.
Nesta presentación podedes ver todas as conferencias que se levaron a cabo


xoves, 31 de maio de 2012

EXPERTOS NO ANOXO

Hoxe foi a quenda dos rapaces de 2º ciclo de primaria (terceiro e cuarto), EXPERTOS no ANOXO. Aprendimos moitas formas diferentes de dicir "estou enfadado" en  idiomas do noso país ou doutros próximos, ou en idiomas de nen@s extraxeiros que estudan na nosa escola (romanés, ruso, árabe, grego, alemán, chinés).
Representaron dúas pequenas obras para amosarnos que "algunhas veces" cando nos enfadamos con alguén e sentimos esa sensación que tanto nos desagrada, podiámolo evitar fixándonos nos "pequenos detalles". As veces, os enfados non son máis que "malos entendidos" ou confusións que se poderían arranxar falando.
Parabéns nen@s do 2º ciclo!!
A vosa conferencia foi todo un éxito!!


martes, 15 de maio de 2012

FINA CASALDERREY VISITA A NOSA ESCOLA.

Outra das actividades entorno ao Día do Libro foi a visita de Fina Casalderrey á nosa escola.

Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión de mestra .O pasado venres día 11 achegouse á nosa escola para falar con nós dos libros que estivemos a ler dela. É moi simpática e fixo que estivesemos atentos en todo momento. Gustoulle moito a nosa mascota, Picolindo, que decidiu darlle unha aperta de agradecemento.
Esta mestra escribiu moitos libros e ademáis colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía... e recibiu moitos premios e distincións honoríficas, unha delas polo libro que limos os nenos de terceiro e cuarto de primaria "CHAMIZO".









ANGELA NOVOA BLANCO

xoves, 19 de abril de 2012

Un conto de AMOR

Dentro do noso MAR DE EMOCIÓNS os nenos de 2º de Educación Primaria interpretan no seguinte video unha historia de amor cantada que se titula "O crocodilo namórase".

Gozádea!!!

martes, 17 de abril de 2012

GONZALO MOURE NO CEIP DO ROCIO

O xoves pasado tivemos a sorte de gozar coa presenza de Gonzalo Moure no colexio.
Mirade e escoitade os nosos comentarios !!