Amosando publicacións coa etiqueta PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de marzo de 2019

TRABALLANDO A TERRA

CHEGOU A PRIMAVERA, E CON ELA...
A NOSA HORTA
Levabamos días preparando a terra dos bancais da escola, e hoxe, celebrando a chegada da primavera...

 Tocou sementar, que ben o pasamos!
 E que fermosos quedaron as nosas leiras. Agora toca coidala, regala e mantela todos os días para que chegado o verán teñamos unha gran recolleita.

martes, 15 de maio de 2018

PROGRAMA "FROITA NA ESCOLA"


A vindeira semana comezará o Programa de distribución de froita fresca ao alumnado correspondiente ao presente curso escolar. A froita que se lles ofrecerá aos rapaces no tempo de lecer está subvencionada con fondos europeos, e pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades. 

A froita ofréceselle á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable.
A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas.

Grazas pola vosa colaboración.

martes, 25 de abril de 2017

PROXECTO LEIRA

Este xoves, 20 de abril, o alumnado de primaria, botou sustrato as súas leiras, e sementaron leitugas, tomates, cabazas, pepinos, feixons,amorodos,...




venres, 21 de abril de 2017

A NOVA HORTA DA ESCOLA

Na escola estamos moi contentos. Esta semana puidemos comezar a traballar na nosa horta.
GRAZAS ao noso amigo e porteiro vixilante Jesús, as leiras cambiaron de lugar. A mala experiencia dos dous últimos cursos, nos que non eramos quen de levar nin unha leituga para casa, fixo que os mestres lle pediran a Jesús que cambiase as leiras para a zona soleada que linda co comedor. A nova ubicación é todo un éxito e cada aula tomou posesión do seu terreo. Agora que xa sementamos leitugas, tomates, acelgas, remolacha, feixóns, pepinos e cabaciñas, ... temos que construir o primeiro habitante das mesmas, os espantallos.
Cómo o fixemos?, Ingrid, conta a súa experiencia a través do cómic.
Nos próximos días, subiremos máis traballos e fotografías.

venres, 22 de abril de 2016

TRABALLANDO NA HORTA

Aproveitando unha melloa no tempo, volvemos ao traballo na horta. Unha das primeiras actividades na horta, foi limpar os bancais de malas herbas. Tivemos que traballar arreo, pero ó final sacamos unha gran cantidade de malas herbas, que foron a parar a composteira para facer compost. Nesta ocasión prantáronse cogombros, cabaciña,tomates, leitugas e porros. Aquí tedes as fotos de como quedou o noso traballo.

luns, 4 de abril de 2016

A NOVA HORTA 16


A horta é un medio excelente para potenciar a aprendizaxe do alumnado  e espertar o seu interesse pola alimentación sá e saudable.
O contacto coa natureza é unha experiencia moi útil para os nenos, pois é un laboratorio vivo , podendo traballar de xeito trasversal en distintas áreas.

martes, 24 de marzo de 2015

PLAN PROXECTA: ALIMENTATE BEN.



DISTRIBUCIÓN DA FROITA NA ESCOLA.
Resultado de imaxes para FROITA NA ESCOLA




Hoxe comezou unha das catro semanas nas que se distribuirá froita fresca ao alumnado.
Levamos xa tres anos incorporados ao Plan de consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos e alumnas.
O plan englobado nun proxeto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. A froita ofrécese no momento do recreo, á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saude non sexa recomendable. A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas do 23 ao 27 de marzo. O éxito do plan depende moito da vosa colaboración.
 Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumnos, organizaremos actividdes de ambientacikón e traballo en equipo, e comezaremos a traballar na horta escolar...
E as familias precisamos que levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así, poderá ter éxito este programa.

venres, 7 de novembro de 2014

PLAN PROXECTA: PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.

Por segundo ano consecutivo, desenvolvemos na escola o programa PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA. Este programa consta desta actividade formativa destinada a sensibilizar ao noso alumnado de Educación Primaria sobre a importancia de levar unha vida saudable e ensinar unhas pequenas pautas moi sinxelas para levar a cabo unha alimentación sa . Un xeito é a través da explicación da industria conserveira, que en Galicia está moi arraigada.
Os nosos alumnos nunha sesión fixeronse un bocata con leituga, tomate, cenoria, millo, olivas, sardiñas e atún, que logo degustaron no seu tempo de lecer e foron partícipes dun obradoiro na que se lle axudaba a coñecer os distintos grupos de alimentos e as cantidades que se deben tomar cada día para estar sans. En definitiva aprenderon a crecer de xeito saudable.

martes, 3 de xuño de 2014

A NOVA HORTA.

Por fin, a horta escolar!. Tentamos aló polo mes de febreiro iniciar o traballo da horta escolar pero non foi posible, o mal tempo, non só non nos permitiu sair a sementar,  senon que,  este ano,  nos esperaba un traballo adicional, pois cos temporais do inverno estragouse toda a horta. Coa axuda dalgunha familia da escola, conseguimos que no terceiro trimestre a horta fora reconstruída, con travesas. E enchendo os bancais con nova  terra, os nenos e nenas  poden volver a experimentar a semente, planta, coidado e posible recolleita de hortalizas. Con esta actividade pretendemos que os nenos e nenas valoren o esforzo necesario para a obtención do alimento, coñecendo:
  • as ferramentas máis usuais do labrego, 
  • as partes das plantas: raíz, talo, follas, flor e pétalos,
  • as necesidades das plantas.
  • as diferenzas entre as distintas sementes.
  • extracción das sementes das distintas froitas.
  • trasplante de cepellóns dos testos á horta.
  • plantas aromáticas tales como a menta, o ourego, ...
  • ...


venres, 30 de maio de 2014

PROGRAMA DE DISTRIBUCIÓN DE FROITA NA ESCOLA.


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBLB2HKijbK3maTyiu_DTkrfuBeINqS2HBQTTk2x1rnpwGXkujqfNCWRCNFDC7-9sJ8W0v468CvErJDaizJIXsSBOSOnMA3Q96Tz99qWZ2dGORrPo3IGd3JsJt7-dcQMLcIvQvIOLRO-s/s1600/20140205_110008.jpg



martes, 4 de febreiro de 2014

COMEZA A SEMANA DAS FROITAS.

Hoxe, luns 3 de febreiro comezamos a distribución de froitas na escola.
Gustavos a iniciativa?
Que vos contan os vosos fillos?
Pedimos a vosa colaboración.
A introdución das froitas e verduras en idades tempranas é fundamental.
COMEZAMOS CO...
 MELÓN. 
 

xoves, 30 de xaneiro de 2014

SEMANA DE FROITA NA ESCOLA.


Neste curso 2013/14 continuamos a participar no   Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
 
 O plan, encadrado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. Ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha, a vindeira semana, do 3 ao 7 de febrero, outra do 7 ao 11 de abril, e outra, sen determinar,  ao longo do mes de maio.
 Os nenos, terán  a oportunidade de volver  saborear as froitas no momento do recreo.
 A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde, non sexa recomendable.
 A intención é que os nenos coman a froita en lugar do petisco que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas nesas datas. 
Comezaremos con melón, pera, mandarina, mazá e plátano.
 O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. 
Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E, precisamos, que  as familias  levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

luns, 28 de outubro de 2013

GALICIA 365. CHEGA O OUTONO.

Co comezo das clases comeza o outono, co outono chega o tempo de vendima. Os nosos rapaces comezan a traballar, facemos entre todos un mural de vendima .Quedou precioso.
Os nenos e nenas de cinco anos no seu taller de plástica traballaron arreo. Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.













Angela.

mércores, 3 de abril de 2013

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA.

 



Neste curso 2012/13  incorporamonos ao Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
O plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. De momento ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha foi a principios de marzo e agora, a vindeira semana teremos a oportunidade de volver a saborear as froitas no momento do recreo. A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable. A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas do 8 ao 13 de abril.
O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. Os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E as familias precisamos que levedes unha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.