Neste curso 2013/14
continuamos a participar no Plan
de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos,
pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras
dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.
O plan, encadrado nun
proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos
escolares co consumo habitual de froita. Ofreceremos a froita durante dúas
semanas, unha, a vindeira semana, do 3 ao 7 de febrero, outra do 7 ao 11 de
abril, e outra, sen determinar, ao longo
do mes de maio.
Os nenos, terán a oportunidade de volver saborear as froitas
no momento do recreo.
A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por
motivos de saúde, non sexa recomendable.
A intención é que os nenos coman a
froita en lugar do petisco que habitualmente traen da casa. Por este motivo
pregamos que adecuedes as merendas nesas datas.
Comezaremos con melón, pera,
mandarina, mazá e plátano.
O éxito do plan
depende moito da vosa colaboración.
Os mestres traballaremos aspectos da
alimentación, animaremos aos nosos alumn@s, organizaremos actividades de
ambientación e traballo en equipo,... E, precisamos, que as familias levedes unha
alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter
éxito este programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario