TELERESÍO
xoves, 30 de abril de 2020
DÍA 46 #NaCasa, NOVAS EN TEMPO DE CONFINAMENTO
Durante este tempo de confinamento, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria, convértese en xornalista para unha nova canle de televisión:
mércores, 29 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2020
luns, 27 de abril de 2020
domingo, 26 de abril de 2020
sábado, 25 de abril de 2020
SOLUCIÓN ENIGMA II DO DOUTOR BACILUS
Novos 5 puntiños para: Martín A. 6º, Cristian 5º, Marina 4º , Xiana 3º e Rebeca 2º. NORABOA !!!
venres, 24 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
RECICLA E CREA CON LIBROS . DÍA 39 #Na Casa
Moi bo traballo o realizado por tod@s nas vacacións de Semana Santa.
Grazas por aceptar e colaborar coa nosa proposta. Durante ese tempo de vacacións a rapazada escolleu o seu libro favorito e fixo unha manualidade con material de refugallo que representaba un personaxe, a historia, a portada... fotografárona e nola enviaron. Este é un xeito ideal para Celebrar o Día do Libro dende o confinamento obrigado.
Deixamos un video feito cunha composición de imaxes con mensaxes sobre a lectura. Esperamos que vos guste.
Aquí tedes os participantes; moitísimos!
Estamos moi orgullos@s do voso traballo,
familias, sodes estupendas!
mércores, 22 de abril de 2020
martes, 21 de abril de 2020
NOVO RETO
PROPOÑEMOS UN NOVO RETO:
Crear historias axudándonos de títulos de libros que teñamos na casa...
EXEMPLO:
Crear historias axudándonos de títulos de libros que teñamos na casa...
EXEMPLO:
ANIMÁDESVOS???
Creade as vosas historias con libros e serán publicadas aquí.
luns, 20 de abril de 2020
DÍA 36 #Na Casa
O alumnado do quinto e sexto curso de primaria escenifican o tema "Chea de vida" de Gaudi Galego para lembrarlle a toda a comunidade educativa que máis cedo que tarde VOLVEREMOS VERNOS.
domingo, 19 de abril de 2020
sábado, 18 de abril de 2020
venres, 17 de abril de 2020
xoves, 16 de abril de 2020
2º ENIGMA DO DOUTOR BACILUS NA CASA
Ben, rapazas e rapaces aquí estou cun novo enigma, dádelle un pensamento, fixádevos ben e animádevos a contestar .
SOLUCIÓN 1º ENIGMA DO DOUTOR BACILUS
Despois de agardar polas vosas respostas máis dos cinco días que vos dixen , aquí está a solución ao 1º enigma.
Agardo que vos animedes co 2º que ven a continuación.
Conseguiron 5 puntos: Xiana de 3º, Carlos de 4º, Noa de 6º, Rebeca de 2º, Cristian de 5º e Pablo de 3º
mércores, 15 de abril de 2020
martes, 14 de abril de 2020
luns, 13 de abril de 2020
domingo, 12 de abril de 2020
sábado, 11 de abril de 2020
venres, 10 de abril de 2020
xoves, 9 de abril de 2020
mércores, 8 de abril de 2020
martes, 7 de abril de 2020
CONCURSO MASCOTA EN 3D
Este concurso chegou ao fin. Grazas familias pola ampla participación!! Chegaron á escola 54 mascotas, todas elas preciosas. Quedou demostrado que o material de refugallo da
casa serve para crear nov@s compañeir@s de xogos. Nin falar dos nomes...a cal máis orixinal (só se repite un).
Aquí a grande exposición virtual, prometida. Pero non esquezades coidala ben, porque cando nos deixen voltar á escola teremos o
O GRANDE ENCONTRO MASCOTEIRO DO RESÍO
Tod@s os participantes tedes acadado moitos Pikeuros!
E para rematar, oito dos nos@s alumn@s demostran a súa competencia lingüística presentando a súa mascota.
Grazas, polo voso traballo!,
sodes estupend@s!
luns, 6 de abril de 2020
domingo, 5 de abril de 2020
sábado, 4 de abril de 2020
venres, 3 de abril de 2020
PRIMEIRA BOOKTUBER NA CASA
Xa chega o primeiro video de recomendación lectora desde a casa , Julia é curiosa e quere saber cousas do mundo , mentras fica na casa descobre cousas interesantes...
Animádevos chicas e chicos !! , contade que libros ledes.
Papá , mamá vos tamén .
Animádevos chicas e chicos !! , contade que libros ledes.
Papá , mamá vos tamén .
CONCURSO CREAR UNHA MASCOTA EN 3 D
Queridos nenos e nenas, este concurso está a chegar ao seu fin. Lembrade, o luns 6 de abril remata o prazo. Están a chegar unhas mascotas preciosas. O material de refugallo da casa está a servir para crear un nov@ compañeir@ de xogos. Lembrade que :
Unha mascota á que lle podamos poñer un nome e contar as nosas cousas, esas cousas que ao mellor non lle contamos a ninguén-
- Que quere dicir en 3 D? pois que non vale un debuxo ( que ten 2 D), ten que ser unha figura que se teña en pé , é dicir: con altura , anchura e lonxitude
- E con que a construímos? Pois con materiais de refugallo que atopemos pola casa estes días : caixas, envoltorios, arames, botóns, lá, roupa vella …
- E de que tamaño? Do que queirades. A cousa é que sexa chula.
Mandade as fotos ou vídeos ( se é que se move) dende o luns 23 de marzo ata o luns 6 de abril .
Faremos unha gran exposición virtual no Blogue :” un pase de modelos ".
Coidádea moi ben , porque teredes que traela ao cole en canto botemos fora aos dichosos virus, será O GRAN ENCONTRO MASCOTEIRO DO RESÍO.
Animádevos! Participade!
Haberá Pikeurospara todos sobre todo para as mais votadas.
xoves, 2 de abril de 2020
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2020 E BOOKTUBERS NA CASA
Ola a todas e todos, son Picolindo e veño recordarvos que hoxe 2 de Abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil porque celebramos o nacemento dun dos mais grandes escritores de historias para nenas e nenos: Hans Christian Andersen , o autor de contos como O patiño feo, A Sereíña, A traxe nova do emperador, A Raíña das Neves... e tantos máis .
Iste é o cartel que este ano presenta o IBBY (International board on books for young people)
Iste é o cartel que este ano presenta o IBBY (International board on books for young people)
Sei que estades na casa facendo un pouco de todo, supoño que tamén ledes contos, os da biblioteca quedaron alí aburridos, botándovos en falla...
O que vos propoño é que vos animedes a mandar vídeos, (cortiños 2 minutos como moito ) contándonos qué libro estás a ler , ou recomendando algún especialmente guay. Papá, mamá, avós ... tamén podedes participar !!
Poñerémolos eiquí e irá ao recanto BOOKTUBERS NA CASA.
Animádevos estou agardando impaciente...
Ah! que a onde mandades os videos ? coma sempre, ao correo:
biblioteca@colexiorocio.com ou ao móbil do cole.
Xa sabedes que ademáis son moi xeneroso cos Pikeuros con todas e todos os que participedes . He he he!!!
mércores, 1 de abril de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)