xoves, 25 de decembro de 2025
mércores, 17 de decembro de 2025
luns, 15 de decembro de 2025
O RESÍO ARRECENDE A NADAL
Na Escola do Resío xa arrecende a Nadal. Nestas datas tan especiais para as familias, o centro énchese de vida, ilusión e cor, converténdose nun espazo no que aprender tamén significa convivir, crear e desfrutar xuntos.
Como vén sendo tradición, aulas e corredores vístense para a ocasión:
- os vidros
pintados, unha das actividades plásticas máis agardadas polo alumnado,

- as aulas decoradas con esmero,
- os corredores ambientados e,
- un hall de entrada que
destaca polo seu carácter acolledor e creativo, froito do traballo conxunto de
toda a comunidade educativa.
Se na nosa cidade as rúas brillan con millóns de luces, na nosa escola son as oliveiras as que nos reciben cheas de luz. Ao acceder ao centro, atopámonos cunha gran árbore temática de Nadal, símbolo dun Nadal “feito a man”, construído con ilusión e colaboración entre alumnado, profesorado e familias.
Queremos agradecer especialmente a estas últimas a súa implicación, achegando unha gran variedade de adobíos elaborados en familia con materiais naturais.
Xunto á árbore, cobran protagonismo outros elementos singulares: o Apalpador, figura destacada do Nadal galego; a cheminea, a grande estrela construída con cabaletes de madeira e a casiña do Nadal, que esperta a curiosidade de grandes e pequenos.
Durante estes días tamén traballamos valores fundamentais. O alumnado escribiu cartas de desexos non materiais e deseñou a postal de Nadal coa que o centro felicitará as festas ás familias. Tras unha preselección, os propios nenos e nenas participaron nun proceso democrático de votación para elixir os debuxos de cada ciclo que conforman a postal deste ano.
venres, 5 de decembro de 2025
martes, 31 de decembro de 2024
venres, 20 de decembro de 2024
FESTIVAL MÁXICO DE NADAL
Non hai mellor agasallo para as familias que as actuacións dos seus fillos e fillas. Hoxe foi un día marabilloso no que puidemos gozar dun gran espectáculo artístico.
Comezou o día coa visita ao Paxe Real. Tódolos cursos pasaron polo recibidor e pediron os seus desexos de Nadal.
Se premes na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes do evento.
| |||
| 6ºB |
| 6A |
![]() |
| 5ºEP |
![]() |
| 4º EP |
![]() |
| 3º EP |
![]() |
| 2º EP |
![]() |
| 1º EP |
![]() | ||
| 6º EI |
![]() |
| 5º EI |
![]() |
| 4º EI |
Logo desenvolveronse as distintas actuacións que poderedes gozar de novo na seguinte presentación. Un gran traballo o desenvolvido nas aulas polo que se mereceron todos un chocolate con churros ofrecido pola ANPA da escola.
Finalizado
o festival, a rapazada gozou dun merecido tempo de lecer e finalizamos a
mañá coas tradicionais Badaladas de Nadal. Para poder desenvolvelas
temos que agradecer novamente á ANPA que mercou as uvas e colaborou en
preparar todos os vasos coas uvas para que a rapazada desfrutara deste
acto.
Agora é tempo de descanso e familia. Vémonos o 8 de xaneiro, xa no 2025!
Grazas a tódalas familias pola súa axuda e colaboración!
mércores, 18 de decembro de 2024
LUZ NEGRA POLO NADAL
Hoxe, na aula de música aconteceu algo moi especial que deixou abraiada á rapazada.
A maxia do Nadal fixo posible esta experiencia inolvidable.
sábado, 14 de decembro de 2024
luns, 29 de xaneiro de 2024
ACTIVIDADE INTERCENTROS: O NADAL DE SHREK
Felicitar aos organizadores desta actividadeintercentros onde o alumnado de primeiro e bacharelato de Artees nos ofreceu a obra de teatro "O Nadal de Shrek". O noso alumnado e profesorado quedou encantado coa experiencia
Esperamos poder ter máis actividades colaborativas co IES ALEXANDRE BÓVEDA, instituto ao que estamos adscritos.
sábado, 6 de xaneiro de 2024
domingo, 24 de decembro de 2023
xoves, 21 de decembro de 2023
martes, 19 de decembro de 2023
DECORAMOS A PÉRGOLA DE BOUZAS. COLABORAMOS COA ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS
Hoxe, e segundo o acordado coa Asociación Cultural Vila de Bouzas, o alumnado de Infantil, primeiro e segundo curso de Primaria fixemos unha saída ao noso barrio de Bouzas. Estivemos decorando a pérgola cos adornos feitos por nós. Tamén fixemos un percorrido polo barrio e miramos as fermosas decoracións do Nadal das casas.




















.png)




















.jpg)




