O alumnado do sexto curso de primaria experimentou para demostrar que un decímetro cúbico equivale a un litro.
Esta actividade a levaron a cabo coa axuda do seu mestre Alejandro no PROA.
Que ben o pasaron!
Grazas Alejandro!
E na casa, Sandra,
Irene,
Candela,
Antía,
Ariadna,
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIENCIA A CONCIENCIA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPERIENCIA A CONCIENCIA b>. Amosar todas as publicacións
venres, 7 de xuño de 2019
xoves, 25 de abril de 2019
VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA
Hoxe, o alumnado de educación primaria da escola, levaron a cabo una visita educativa aos museos científicos da coruña para completar o proxecto anual Experiencia a conCIENCIA.
A pesar do mal tempo, gozamos coas múltiples actividades:
Xogamos, imaxinamos, sorrimos,...
Na pranta baixa o péndulo de Foucault, e a incubadora dos pitiños.
PÉNDULO DE FOUCAULT |
PÉNDULOS |
No primeiro andar xogamos coa física.
e ata montamos nun bambán para estudar o movemento pendular.
No segundo andar, estivemos na exposición
" LA ASTRONOMÍA COMO TE LA CUENTAN"
O Sistema solar, planetas extrasolares,...
o relevo,
a vida dos astronautas no espazo,...
E finalmente, visitamos o planetario, onde repasamos moitos coñecementos de astronomía.
Na Domus,
tocar, tocar, e experimentar co corpo, tanto que ata tivemos que facer batallas para relaxar a nosa mente.
Coñecimos aos nosos antepasados,
e a grandes científicos
Unha saída espectacular!
venres, 12 de abril de 2019
CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA
O pasado mércores día 10, conmemorábase o Día Mundial da Ciencia e da Tecnoloxía. Na escola adiamolo ata o venres día 12 unha vez rematadas as IX Xornadas de Expertos.
Esta data se conmemora en honra do médico e farmacéutico arxentino Bernardo Houssay, Premio Nobel de Medicina no 1947, polos seus descubrimentos científicos e médicos.
Na escola fixeronse dúas actividades paralelas nas distintas etapas educativas.
En Educación Infantil, contamos coa inestimable colaboración da familia GARAZO DOMÍNGUEZ, pais de dúas alumnas da escola que levaron a cabo a Actividade :
"Los Peces y la Ciencia"
Agradecemos a "MARINE STEWARDSHIP COUNCIL (MSC)" a participación nesta actividade.
En Educación Primaria, contamos coa inestimable colaboración do CETMAR, situado en Bouzas e centro no que traballa a familia CABRERA CHAPELA, na que se desenvolveron seis obradoiros adaptados ás idades do alumnado de primaria.
Rematamos o día facendo unha xornada de limpeza na praia de Bouzas. En pouco tempo, canta basura recollida!
xoves, 11 de abril de 2019
NOVENA CONFERENCIA, EXPERTOS NA ELECTRICIDADE
Hoxe clausuraronse as xornadas de expertos da ciencia dentro do proxecto Experiencia a conCiencia.
O alumnado do sexto curso de primaria fixo unha breve exposición sobre a electricidade e as fontes de enerxía. Aproveitaron para explicar os seus catro proxectos de traballo colaborativo e puidemos comprobar que a vida do científico non é sinxela, pois as veces, pese ao esforzo, non se acadan os obxectivos previstos.
CHUVIA DE CORES
Por fín, é xoves, de novo os pequenos científicos do Resío. Nesta ocasión dúas alumnas do segundo curso de primaria, Erea e Julia. Imos comprobar o que nos ensinaron no tempo de lecer, atentos!
mércores, 10 de abril de 2019
OITAVA CONFERENCIA, EXPERTOS NA MATERIA
A materia,
que é a materia?
O alumnado do quinto curso de primaria fixéronse expertos e nolo explican.
martes, 9 de abril de 2019
SÉTIMA CONFERENCIA: EXPERTOS NO AIRE
Hoxe foron os alumnos e alumnas do primeiro curso de primaria os encargados de dar a conferencia. Eles estiveron preparándose ao longo do curso para ser expertos no aire.
luns, 8 de abril de 2019
SEXTA CONFERENCIA, EXPERTOS NA AUGA
Comezou a semana coa sexta conferencia dos expertos do presente curso escolar. Nesta ocasión son os pequenos do segundo curso de primaria os encargados de transmitir as súas pescudas aos compañeiros e compañeiras da escola.
venres, 5 de abril de 2019
QUINTA CONFERENCIA: EXPERTOS NA LUZ E NA DESCOMPOSICIÓN DA LUZ
Parece ser que os nosos compañeiros de terceiro curso de primaria estivo a experimentar tanto no laboratorio do Doutor Bacillus e na aula que en troques de estudar fixeron máxia.
Que divertido resultou o seu traballo!
xoves, 4 de abril de 2019
CUARTA CONFERENCIA, EXPERTOS NO MAGNETISMO
O alumnado do cuarto curso de educación primaria, nunha exposición elaborada en base aos seus traballos foi quen de transmitir aos seus compañeiros e compañeiras de escola parte das súas pescudas ao longo do presente curso escolar.
mércores, 3 de abril de 2019
TERCEIRA CONFERENCIA, EXPERTOS NA COR
O alumnado do cuarto curso de infantil, e polo tanto os máis cativos da escola, foron os conferenciantes no día de hoxe. Explicáronnos dun xeito sinxelo as distintas cores e todos os experimentos que levan feito na aula.
No seguinte video podedes escoitalos,
A calidade da imaxe non é boa, pero seguro que gozaresdes con él. Tentamos preservar os dereitos de imaxe dalgún alumno/a.
martes, 2 de abril de 2019
SEGUNDA CONFERENCIA. EXPERTOS NO VINAGRE
Hoxe foi a quenda do alumnado do quinto curso de infantil, que acompañados pola súa mestra Maricruz, ensinaronnos todas as propiedades do vinagre. Fixeron unha descripción do mesmo ao longo da historia e mostraronnos como o usan todos e cada un deles na súa vida diaria.
Fermosa conferencia!
sábado, 30 de marzo de 2019
xoves, 21 de marzo de 2019
mércores, 20 de marzo de 2019
TRABALLANDO A TERRA
CHEGOU A PRIMAVERA, E CON ELA...
A NOSA HORTA
Levabamos días preparando a terra dos bancais da escola, e hoxe, celebrando a chegada da primavera...
Tocou sementar, que ben o pasamos!
E que fermosos quedaron as nosas leiras. Agora toca coidala, regala e mantela todos os días para que chegado o verán teñamos unha gran recolleita.
martes, 12 de marzo de 2019
CORREDOIRA O RESÍO
Hoxe tivo lugar no corredor da escola a primeira corredoira científica do Resío, onde o alumnado do quinto e sexto curso de primaria desfilaron mostrando as súas orixinais produccións ao resto do alumnado. Aquí un pequeno resumo do acontecido.
Se queres ver as imaxes do evento preme na imaxe.
Se queres ver as imaxes do evento preme na imaxe.
luns, 11 de febreiro de 2019
MAGNA INAUGURACIÓN DO LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS
Hoxe, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no tempo de lecer parte do alumnado e mailo profesorado estiveron presentes na INAUGURACIÓN DO LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS.
Logo de cortar a cinta, inaugurouse o espazo. Estiveron presentes tres grandes científicos. En primeiro lugar, estivo o Doutor Xaquín Mayo, que con bicarbonato e espuma de afeitar fixo neve artificial.

Logo, foi a quenda das Doutoras, Ainhoa Gil e Laura Millara, que encheron un globo con bicarbonato e vinagre.
A partires de hoxe, o laboratorio do Doutor Bacilus funcionará tódolos xoves, Animádevos a participar!
venres, 8 de febreiro de 2019
O LABORATORIO DO DOUTOR BACILUS INAUGÚRASE
O laboratorio do Doutor Bacilus inaugúrase este luns día 11 de candeas. Nel poderemos presentar os nosos experimentos máis...
marabillosos,
máxicos,
interesantes,
sorprendentes,
alucinantes,
abracadabrantes,...
a todos e a todas @s que queiran vir no tempo de lecer.
Se tes un experimento que reúne esas características proucra os materiais necesarios para poñelo en práctica, ensáiao varias veces se é posible e cando funcione, entregalle a ficha de solicitude cuberta a un meste para que te adxudiquemos unha data de LABORATORIO.
Papás, mamás, tíos, tías, avós, avoas... se tamén queredes vir experimentar estariaos encantados de recibirvos, ponédevos en contacto cos titores.
Grazas!
venres, 23 de novembro de 2018
A MOCHILA CIENTÍFICA
Tiña razón Picolindo, a nosa mascota, cando dicía que nos iamos converter en científicas e científicos dispost@s a explorar, aprender e divertirnos.
O traballo en familia dá os seus froitos. Nenos e nenas están a enviar vídeos con xogos e actividades relacionados con algún aspecto científico.
Esta mochila que sae da escola os venres e regresa os xoves, permítenos observar, manipular e facer uso EN FAMILIA de tódolos materiais que leva. Parece que está a gustar.
Imos amosarvos algún dos vídeos que chegaron esta semana á escola.
FAMILIA LETICIA FERNÁNDEZ MARÍA
FAMILIA SARA FIGUEIREDO
FAMILIA IRIA PORTABALES
GRAZAS FAMILIAS!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)