Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.
Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.
Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Logo de dous meses traballando con Legos, seguindo instruccións, chegou o momento de crear. Tivemos que crear soportes para apoiar o noso dispositivo móbil e non lesionar as cervicais.
Estes foron os seus inventos:
E fixeron unha presentación e defensa dos mesmos diante dos seus compañeiros, analizando as debilidades e fortalezas do grupo de traballo.
Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.
O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.
O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade.
O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.
Xornada divertida a vivida no primeiro curso de primaria traballando co robot OZOBOT. Debuxar trazos e acadar que o robot siga a liña, é moi divertido!
Hoxe, o alumnado do sexto curso de Educación Infantil, estivo repasando os trazos de números co robot Ozobot, que seguía o camiño que debuxabamos cambiando de cor e copiando o que nós debuxamos. Foi un obradoiro moi divertido!
Como todos os anos, non queremos esquecer as nosas
tradicións,a orixe do noso Samaín e as celebracións de Santos e
Defuntos ,como festexaban os nosos antergos estas festividades,que
comían,que son os calacús…
Por iso, na escola sempre
fixemos unha degustación de doces típicos do Samaín e froitos do
outono,pero nestes dous derradeiros anos e por mor da
pandemia, tivemos que suspender esta actividade coas familias
e substituila por darvos receitas e consellos para facer na casa e
pasar un serán agradable elaborando algunha receita rica, cos
vosos fill@s.
Este ano, compartironse con vos as receitas de chulas de cabaza e de biscoito de cabaza da profe Maricruz.
Foron moitas as familias que gozaron da actividade e enviaron ás mestras as mostras gráficas da súa elaboración. A mediados de novembro farase unha
escolma de todas as producións e poderedes acceder a elas a través
da aula virtual de “Psicomúsica” da profe Maricruz.