PAGINA

xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.


 

Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.


Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 



mércores, 17 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 

O pasado venres día 12 celebramos na escola o MAGOSTO!

Esta festa tradicional unida ao bo tempo e as ganas de troula fixeron que todo saíra estupendamente!

O primeiro que fixemos foi montar a castañeira.

 

Moitas grazas ás familias e ao noso porteiro,  Carlos,  polas saborosas castañas.

E parabéns a toda a rapazada polo seu comportamento!

Fixemos obradoiros nas aulas, xogos populares no patio e compartimos unha estupenda merenda de castañas. Logo deixamos todo recollido.



Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta fantástica xornada!

Tamén fixemos un programa de radio especial. Aquí tedes a ligazón.

luns, 15 de novembro de 2021

NA ESCOLA CREAMOS

 Logo de dous meses traballando con Legos, seguindo instruccións, chegou o momento de crear. Tivemos que crear  soportes para apoiar o noso dispositivo móbil e non lesionar as cervicais.

Estes foron os seus inventos:


 


E fixeron unha presentación e defensa dos mesmos diante dos seus compañeiros, analizando as debilidades e fortalezas do grupo de traballo.

Parabéns rapaces!

xoves, 11 de novembro de 2021

FACENDO ARTE

 No laboratorio das artes e das ciencias algo está a artellarse. Que será?

 

mércores, 10 de novembro de 2021

ESCONXUROS DE SAMAÍN

Como manda a tradición,  xa están aquí, todos os esconxuros das meigas e meigos do Resío no Samaín. 

 

 

 

Porque na nosa terra,  moitos males os solucionamos coa maxia. 

 Non todo ía ser cabazas e traxes!


 

martes, 9 de novembro de 2021

OBRADOIROS IGUALDADE

 Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades  de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.



O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia  e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.

 

 

O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade. 

 


O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.

luns, 8 de novembro de 2021

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 6º A

 Para rematar a celebración do Samaín, no 6º A de primaria desenvolveron un obradoiro de cociña, no que elaboraron unhas boísimas chulas de cabaza.




 

Animádevos a cociñar na vosa casa!

domingo, 7 de novembro de 2021

Aprendemos a facer trazos con OZOBOT

 Xornada divertida a vivida no primeiro curso de primaria traballando co robot OZOBOT. Debuxar trazos e acadar que o robot siga a liña, é moi divertido!






 

venres, 5 de novembro de 2021

XOGANDO E APRENDENDO CON OZOBOT

 Hoxe, o alumnado do sexto curso de Educación Infantil, estivo repasando os trazos de números co robot Ozobot, que seguía o camiño que debuxabamos cambiando de cor e copiando o que nós debuxamos. Foi un obradoiro moi divertido!



 

martes, 2 de novembro de 2021

PROPOSTAS DE SAMAÍN NO 5º CURSO DE INFANTIL

Traballouse tamén o conteo, a lectoescritura e vocabulario propio desta festa tradicional.


Creamos unhas fermosas cabazas creativas.

Pasámolo fenomenal!

 

luns, 1 de novembro de 2021

@s cociñeir@s do Resío de Educación Infantil

 


Como todos os anos, non queremos esquecer as nosas tradicións,a orixe do noso Samaín e as celebracións de Santos e Defuntos ,como festexaban os nosos antergos estas festividades,que comían,que son os calacús…

Por iso, na escola sempre fixemos unha degustación de doces típicos do Samaín e froitos do outono,pero nestes dous derradeiros anos e por mor da pandemia, tivemos que suspender esta actividade coas familias e substituila por darvos receitas e consellos para facer na casa e pasar un serán agradable elaborando algunha receita rica, cos vosos fill@s.

Este ano, compartironse con vos as receitas de chulas de cabaza e de biscoito de cabaza da profe Maricruz.

Foron moitas as  familias que gozaron da actividade e enviaron ás mestras as mostras gráficas da súa elaboración. A mediados de novembro farase unha escolma de todas as producións e poderedes acceder a elas a través da aula virtual de “Psicomúsica” da profe Maricruz.


Moitísimas grazas pola vosa  colaboración.

 


 

 


Ligazón ás fotos das familias ,das chulas e os biscoitos.

O máis importante, gozar en familia!