PAGINA

luns, 1 de novembro de 2021

@s cociñeir@s do Resío de Educación Infantil

 


Como todos os anos, non queremos esquecer as nosas tradicións,a orixe do noso Samaín e as celebracións de Santos e Defuntos ,como festexaban os nosos antergos estas festividades,que comían,que son os calacús…

Por iso, na escola sempre fixemos unha degustación de doces típicos do Samaín e froitos do outono,pero nestes dous derradeiros anos e por mor da pandemia, tivemos que suspender esta actividade coas familias e substituila por darvos receitas e consellos para facer na casa e pasar un serán agradable elaborando algunha receita rica, cos vosos fill@s.

Este ano, compartironse con vos as receitas de chulas de cabaza e de biscoito de cabaza da profe Maricruz.

Foron moitas as  familias que gozaron da actividade e enviaron ás mestras as mostras gráficas da súa elaboración. A mediados de novembro farase unha escolma de todas as producións e poderedes acceder a elas a través da aula virtual de “Psicomúsica” da profe Maricruz.


Moitísimas grazas pola vosa  colaboración.

 


 

 


Ligazón ás fotos das familias ,das chulas e os biscoitos.

O máis importante, gozar en familia!


 

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario