Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de outubro de 2018

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe a rapazada de 5º e 6º de primaria gozou dun faladoiro ben interesante sobre a navegación pola internet.


Un enxeñeiro informático explicoulles o bo e o non tan bo da rede...
Deulles consellos para navegar con seguridade e aclarou dúbidas.
Deixou un enderezo moi útil para os pais e nais e os nenos e nenas. 
Animámosvos a visitalo!


sábado, 4 de outubro de 2014

COMEZADO OUTUBRO, PICOLINDO EMPRENDE A SÚA VIAXE.

Benqueridas familias, a mascota da nosa biblioteca quere comunicarvos que se atopa de viaxe.
Picolindo emprendeu unha viaxe en busca dunha marabilla.
Para poder facelo tivo que preparar a súa maleta maila súa documentación
Non lle chega con dispor do DNI, tamén tivo que facer o seu PASAPORTE.

O pasaporte é un documento, expedido na Comisaría da Policía Nacional, que acredita a nosa identidade noutro Estado, para poder viaxar a moitos países.

O PASAPORTE é un documento imprescindible. 
Agora, que xa está lonxe, agardamos novas, polo que se queremos viaxar con él tamén temos que preparar todos nós, o noso pasaporte. Divertirémonos moito facendoos. Temos moitas ganas de aprender coas viaxes de Picolindo, coñecer novos países,...


Imos personalizar os nosos pasaportes, sacámonos fotos en TIC, recortamos e traballamos cun programiña de edición de imaxes,  e cubrimos todos os nosos datos persoais (nome completo, data de nacemento, lugar de nacemento e país e número de pasaporte). En pouco tempo poderedes comprobar os nosos avances.
ONDE ESTÁS PICOLINDO?














    martes, 4 de xuño de 2013

    A ESCOLA PÚBLICA- Difunde o teu sentir!!

    O alumnado de 5º de Primaria da nosa escola elaborou no curso 2012-2013 este vídeo no que expresan que é para eles a ESCOLA PÚBLICA. As conclusións expresadas e as gravacións son obra exclusiva do propio alumnado. Se queres apoiar o ensino publico, INFÓRMATE e preme aquí

    ESCOLA PÚBLICA PARA TODOS

    venres, 8 de xuño de 2012

    SOMOS CENTRO ABALAR.

    A Consellería de Educación, Cultura e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2012-2013. Na citada relación aparece a nosa escola entre os 165 centros seleccionados. Isto vai supoñer que o noso centro conte no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de E. P. Cada aula dixital contará co seguinte equipamento: 
     * Un ultraportátil para cada alumno/a. 
     * Un portátil por aula para o uso dos docentes. 
     * Un encerado dixital interactivo.
     * Un proxector. 
     * Un armario para a carga dos equipos. 
     * Rede wifi. 
    Abalar é o proxecto que procura a integración plena das TIC na práctica educativa e tende cara á modernización e mellora da educación. Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes e pretende maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos vosos fillos e fillas. Isto non podería ser posible sen o grande apoio do profesorado que se forma día a día de cara á modernización do ensino. Prometemos camiñar pasiño a pasiño e queremos comunicarvos que estamos de noraboa. 
     

    domingo, 3 de xuño de 2012

    II XORNADAS DE EXPERTOS

       Ao longo desta semana tiveron lugar as II Xornadas de Expertos na nosa escola.
         Os nen@s amosaron todo o aprendido ao longo deste curso e explicaron, como conferenciantes EXPERTOSo medo, a tristura, a ledicia, o anoxo e o amor.
    Parabéns nen@s!!
    Malia os nervios, o traballo e o "medo escénico" TOD@S sodes brillantes EXPERTOS.
    Nesta presentación podedes ver todas as conferencias que se levaron a cabo


    mércores, 30 de maio de 2012

    EXPERTOS NA ALEGRÍA

    Os protagonistas de hoxe foron os nen@s do 1º ciclo de primaria (primeiro e segundo). Xuntos fixeron unha conferencia divertida que espertou os sorrisos de todo@s os nen@s e mestres que os escoitabamos. Explicaron o que os fai felices, as músicas e obras de arte que lles inspiran felicidade e como recoñecer e vivir esta emoción. Tamén contaron chistes e recitaron poemas. Ao final, proxectaron vídeos graciosos para rematar rindo ás gargalladas.
    Noraboa nen@s do 1º ciclo!!




     
     
     

    martes, 29 de maio de 2012

    AS CONFERENCIAS DE EXPERTOS

    Esta semana comezamos as II  Xornadas de EXPERTOS
            Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlles aos nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha conferencia na que explicarán  ao resto do alumnado a súa "especialidade"
    Esta actividade ten un importante valor para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven con moitos nervios o momento de falar en público.

    O programa de conferencias é o seguinte:

    LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS
                4 anos, expertos no MEDO
    MARTES: 5 anos, expertos na TRISTURA
    MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos na LEDICIA
    XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO
    VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR

    Onte, inauguramos as II Xornadas de Expertos, esta vez,  sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos e 4 anos foron os protagonistas!! 
          Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
    Parabéns nen@s!! 
    Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de vós...fixo que perderades a concentración... Traballastes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
    Unha mostra da conferencia de presentación....



    Imaxes do gran momento!!


    Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos.
    Expertos no MEDO, explicaron o que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!


      Mañá seguiremos cos EXPERTOS NA TRISTURA...
    Viva a SEMANA DE EXPERTOS!!

    xoves, 24 de maio de 2012

    DÚAS MESTRAS DA ESCOLA ASISTEN A EDUCACLIC.

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe. Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.

    venres, 30 de marzo de 2012

    TECNOLOXÍA OU METODOLOXÍA

    INTERESANTE ESTE VIDEO QUE ATOPEI NAVEGANDO POLA REDE.



    Con este video queremos evidenciar que a incorporación  TIC  ás nosas aulas require de estratexias metodolóxicas que vaian á par con  este  desafío.
    O acceso á información  axúdanos  a acurtar a fenda cultural , e axuda,  a máis,  a expandir  o  capital  cultural dos nosos estudantes.
    As nosas clases con TIC non poden ser igual que as nosas clases expositivas...


    luns, 21 de febreiro de 2011

    ADIVIÑA QUEN SON...

    A TRAVÉS DE SINXELAS MONTAXES COAS NOSAS FOTOS,PODEMOS TROCARNOS EN PERSONAXES OU COUSAS DIFERENTES.É MOI DIVERTIDO.PEKY,A NOSA AMIGA FOTÓGRAFA E EXPLORADORA,ADEMÁIS DA PROFE MARICRUZ,FIXERON POSIBLE ESTA MONTAXE PARA QUE RIADES UN POUQUIÑO NESTE ENTROIDO FOTOGRÁFICO NA AULA DE 4 ANOS.
    ADIVIÑA QUEN SON. on PhotoPeach

    venres, 28 de xaneiro de 2011

    O FEITIZO DA PAZ

    Os nenos e nenas de 5 anos temos o segredo para encontrar A PAZ. Se seguides estas 10 fórmulas máxicas conseguiredes O FEITIZO DA PAZ. Vede o vídeo e animádevos a poñer PAZ nas vosas vidas!!

    luns, 17 de xaneiro de 2011

    NAVEGAR POLA INTERNET CON SEGURIDADE


    O pasado mércores 12 de xaneiro visitounos a Policia Nacional para informar os nenos e nenas do 3º ciclo de primaria dos riscos de internet. Todos os nen@s amosaron moitísimo interese coa conversa do inspector Luaces que relatou paso a paso cales son os perigos que poden encontrar na web e que precaucións deben tomar para evitar problemas. Entre outros temas falouse da pornografía infantil, a piratería, os chats...

    Invítovos a que vexades o vídeo onde se resume o máis importante.

    venres, 17 de decembro de 2010

    ORIXE E UTILIDADES DUN BLOGUE

    Se queres saber que é un blogue, onde xurdiron por primeira vez e cales son as utilidades que teñen...Mira este video...

    xoves, 16 de decembro de 2010

    QUEN É QUEN???

    As mestr@s do Rocío comparten lembranzas da súa infancia en forma de xogo. Podes intentalo!! Adiviñas a que mestr@ se corresponden estas fotos de nen@s????
     

    luns, 13 de decembro de 2010

    POSTAIS DE NADAL

    Os nenos e nenas de Educación infantil de 5 anos queren desexarvos un BO NADAL




    Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron unha postal moi bonita co TUXPAINT, un programa para debuxar con ferramentas dixitais.


    E os máis pequenos do colexio, os nenos e nenas de 3 anos felicítannos as festas mentres aprenden o uso do encerado dixital interactivo.

    Para todos e todas,
    FELICES FESTAS!!