xoves, 27 de abril de 2017

ANIMACIÓN LECTORA: MÓNICA RODRÍGUEZ


O alumnado do sexto curso de primaria preparou a visita da escritora MÓNICA RODRÍGUEZ, que acode á escola da man da editorial ANAYA. 
"Alma y la isla" é o relato traballado por este grupo de rapaces. Un fermoso relato na que a través dunha sinxela lectura, fai que os lectores analicen o que está a pasar ao carón do noso país coa inmigración ilegal.



Mónica Rodríguez, recibe o  XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2016 por este libro.
Entre outras cousas, explicounos...


 Antes da visita os nenos e nenas explican os seus sentimentos.




Logo da visita están moi satisfeitos e contentos. Unha grande experiencia. 
GRAZAS!!!





mércores, 26 de abril de 2017

DESCUBRIMOS A GLORIA FUERTES

El centenario de Gloria Fuertes saca a la escritura de su olvido. Para reivindicar su obra y su legado, el mundo editorial como diversas instituciones homenajearán su figura con múltiples actividades. EFE | La Voz de Galicia, 2016-08-21 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/literatura/2016/08/21/centenario-gloria-fuertes-saca-escritura-olvido/00031471808099434594496.htm:

Este ano 2017, celébrase o centenario do nacemento de
 GLORIA FUERTES.
Grande autora de contos para nenos, poesía para nenos e adultos, colaboradora en distintos programas de televisión.
Unha anécdota, sempre levaba posta unha gravata!
As aulas da escola decoraronse con poesias desta gran escitora, fixádevos que chulas quedaron!



Agora agardamos os vosos vídeos. Mentras chegan, lembramos  esta canción, coa letra desta poetísa, que escribiu especialmente para a sintonía deste famoso programa infantil de Televisión Española, compúxoa GLORIA FUERTES.

UN GLOBO, DOS GLOBOS, TRES GLOBOS











RECITANDO NA CASA CON GLORIA FUERTES

Chegan os primeiros videos familiares. Marabillosos!



Animádevos a seguir enviando moitos mais!

martes, 25 de abril de 2017

PROXECTO LEIRA

Este xoves, 20 de abril, o alumnado de primaria, botou sustrato as súas leiras, e sementaron leitugas, tomates, cabazas, pepinos, feixons,amorodos,...




luns, 24 de abril de 2017

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2017

Un ano máis, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, aparecen en escea os PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES, cos seus AFILLAD@S.
Fermosa é a palabra máis axeitada para describir a mesma. Os rapaces dos cursos altos de primaria, preparan con entusiasmo un conto para os seus afillados.
Deixamos unha mostra do traballo realizado e o vídeo dunha canción sobre o día do libro.




LEDICIA COSTAS VISITA A ESCOLA

Hoxe, tivemos na escola  unha actividade de animación á lectura con LEDICIA COSTAS!
Como nos gustou escoitar as súas verbas sobre a súa novela "Escarlatina a cociñeira defunta"
Canta ilusión nos fixo volver a tela en persoa connosco!


domingo, 23 de abril de 2017

CONCURSO DE DESEÑO DE IDENTIFICATIVOS DO DÍA DO LIBRO

Despois dun proceso democrático de votación, no que participaron tódolos alumnos de primaria da escola,  xa temos o deseño gañador:
DESEÑADORA: INGRID CAAMAÑO TUBÍO
1º PREMIO


DESEÑADORAS:  UXÍA FERNÁNDEZ CRUZ e SILVIA MARTÍNEZ NOVOA

 2º PREMIO

 

DESEÑADORA: DAIRA ALONSO FEIJOO
3º PREMIO



venres, 21 de abril de 2017

OS ALUMNOS DO QUINTO CURSO PREPARAN A VISITA DE LEDICIA COSTAS




Os nenos e nenas do quinto curso de primaria, comezaron a prepararse para a gran visita do luns día 24.  A escritora LEDICIA COSTAS, visita a nosa escola para conmemorar o día do libro.
Ledicia Costas, e unha escritora moi nova, de tan só 38 anos , naceu en Vigo . A súa primeira novela é “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita cando era adolescente. No 2000 publicou,  o relato “Negrita” no volume “Narradoras” . “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a súa segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con
                                                           
    “Escarlatina, a cociñeira defunta” 
  que é o libro que este curso acaba de ler.
 En 2016 publicou“Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015.
Como este é un libro que conta con moitas receitas, decidiron facer unha coa profe Begoña. Adiviñades que receita fixeron?
A escola arrecendía a....

A NOVA HORTA DA ESCOLA

Na escola estamos moi contentos. Esta semana puidemos comezar a traballar na nosa horta.
GRAZAS ao noso amigo e porteiro vixilante Jesús, as leiras cambiaron de lugar. A mala experiencia dos dous últimos cursos, nos que non eramos quen de levar nin unha leituga para casa, fixo que os mestres lle pediran a Jesús que cambiase as leiras para a zona soleada que linda co comedor. A nova ubicación é todo un éxito e cada aula tomou posesión do seu terreo. Agora que xa sementamos leitugas, tomates, acelgas, remolacha, feixóns, pepinos e cabaciñas, ... temos que construir o primeiro habitante das mesmas, os espantallos.
Cómo o fixemos?, Ingrid, conta a súa experiencia a través do cómic.
Nos próximos días, subiremos máis traballos e fotografías.

mércores, 19 de abril de 2017

IDENTIFICATIVOS DÍA DO LIBRO 2017

Chegan os primeiros deseños para o identificativo da actividade do día do libro, moi chulos todos. Antes do luns  coñeceremos o gañador ou gañadora.

venres, 7 de abril de 2017

NOVENA CONFERENCIA: EXPERTOS NO TEATRO

O alumnado do sexto curso de educación primaria, desenvolveu no día de hoxe a novena e última conferencia das VIII XORNADAS DE EXPERTOS correspondientes ao curso 2016/2017.
PASEARTE POLO TEATRO permitiulle aos seus compañeiros coñecer as distintas partes dun teatro, coñecer a algún escritor de obras de teatro e gozar coa súa actuación.




xoves, 6 de abril de 2017

OITAVA CONFERENCIA: EXPERTOS NA MÚSICA

O alumnado do quinto curso de Educación Primaria, deunos un paseo pola música. A Música é unha arte, definida por moitos autores  como a combinación de sons e silencios dun xeito organizado. Eles tentaron que aprenderamos moitas cousas sobre a música e tivemos a sorte de que algún alumno tocou unha peza en directo.
Aquí tedes a grabación da conferencia. Esperamos que vos guste!


Estes alumnos, xa prepararan con anterioridade unha ópera que agasallaron ás familias polo Nadal.
Agora, podedes disfrutar dela de novo.


mércores, 5 de abril de 2017

SÉTIMA CONFERENCIA

Quenda do alumnado do sexto curso de educación infantil, tema anual,...
A DANZA
Estupenda a conferencia impartida polos nenos e nenas máis maiores de Educación Infantil. Foron capaces de dar a entender ao seu público que a danza é un arte, que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música.
Cal foi o xeito de demostralo?
Aquí o podedes ver.

martes, 4 de abril de 2017

SEXTA CONFERENCIA: EXPERTOS NO CINE

Hoxe foi a quenda do alumnado do terceiro curso de educación primaria. Eles xunto coa súa profe María, levan traballando nun proxecto moi interesante e motivador dende principio de curso:
O CINE
Grazas ao seu traballo en grupos cooperativos, fixeron que hoxe fóra un día especial:
ESTREA DA CURTAMETRAXE:
O NENO INVISIBLE

 Antes, deron unha fermosa conferencia sobre cómo se organizaron para crear a mesma, falaronnos da escritura do guión, da importancia da expresión corporal, de como utilizaron distintos medios audiovisuais...
Esta foi unha experiencia moi enriquecedora!
Os nenos gozaron facendo a curtametraxe!

luns, 3 de abril de 2017

QUINTA CONFERENCIA: EXPERTOS NA PINTURA

O alumnado do segundo curso de Educación Primaria, foi o encargado de dar a conferencia no día de hoxe. Demostraron que todas as súas pescudas deron pé a unha escolma de informacións sobre a evolución da mesma. Centráronse en distintas obras de arte significativas ao longo da historia, e a través da observación, e o diálogo déronse conta que os artistas expresan os seus sentimentos e sensacións a través da obra e que somos nós os que temos que ser quen de valoralas.
Esperamos que vos guste tanto como a nós.