O alumnado do segundo curso de Educación Primaria, foi o encargado de dar a conferencia no día de hoxe. Demostraron que todas as súas pescudas deron pé a unha escolma de informacións sobre a evolución da mesma. Centráronse en distintas obras de arte significativas ao longo da historia, e a través da observación, e o diálogo déronse conta que os artistas expresan os seus sentimentos e sensacións a través da obra e que somos nós os que temos que ser quen de valoralas.
Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Noraboa a mestres e alumnos. Fixerono todos moi ben e é unha iniciativa estupenda! As habilidades que desenvolven nesta actividade seralles de grande utilidade no futuro. Moitas gracias!
ResponderEliminar