Logo de moitos días de preparativos, hoxe a escola festexou a festividade de benvida do outono, coincidindo coa celebración do día de San Martiño.
Nesta festa, a castaña é a gran protagonista. No Resío, levamos moitos anos tentando manter vivas todas as nosas tradicións, polo que preparamos moitas actividades e obradoiros para celebralo. Tivemos tamén música, e reparto de castañas, grazas a aportación familiar e GRAZAS a colaboración da ANPA, que mercou nada máis e nada menos que 25 kg, para que todos e todas, poidesemos gozar de novo dun MAGOSTO ABERTO ÁS FAMILIAS.
|
TEMPO DE LECER
|
|
CARREIRAS DE SACOS
|
|
BILARDA |
|
A CORDA
|
|
A ESCOBA
|
|
ZANCOS |
|
PEÓNS |
|
ESCOBA |
Presidindo a festa estaba, coma sempre, a nosa castañeira, que con esta festa de orixe Celta nos lembra a chegada do outono e como non do "veraniño de San Martiño", polo que nesta xornada de festa gozamos de moi bo tempo.
Nas aulas, prepararon os cornetes, e traballaron unha unidade didáctica do magosto, mentras tanto, as familias colaboradoras, ataniscaron castañas, prepararon o asador, e estiveron toda a mañá traballando para que todos gozaramos deste rico alimento. GRAZAS.
Deixamos unha mostra do ven que o pasamos na seguinte ligazón.
https://photos.app.goo.gl/CMBknv3dXm1T3gf46