PAGINA

venres, 25 de novembro de 2022

25 DE SANTOS, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Grazas a moitas familias, puidemos desenvolver esta actividade, na que cada unha delas creaba un eslogan, en contra da violencia de xénero.

Unha actividade que se leva a cabo tras o traballo desenvolto nas aulas.

Grazas a todas as familias colaboradoras! 


martes, 22 de novembro de 2022

CELEBRAMOS O DÍA DE SANTA ICÍA: EXPOSICIÓN DE CAIXAS DE MÚSICA

 

A linguaxe musical é unha das linguaxes a traballar este ano, e que mellor que comezar facendo unha exposición de caixas musicais. Sabemos que a súa orixe se remonta a finais do século XVIII en Suiza. Existen mecanismos musicais anteriores, poren podemos consideralos os seus antecesores.

 Unha caixa de música non consta de moitas pezas, ten un cilindro xiratorio, un peine plano de púas e unha manivela ou chave de man. Para que sone, basta con xirar a chave polo que o cilindro xirará e ao rozar  as puntas elevadas  fará a liña melódica da mesma.

Non houbo moitas caixas na exposición pero sí que foron variadas.

Grazas familias pola vosa colaboración!


venres, 18 de novembro de 2022

RECOÑECEMENTO AO NOSO TRABALLO: PREMIADOS NO VIII CONCURSO DE PROXECTOS DE BIBLIOTECA

 Hoxe acabamos de recibir a gran nova de que a escola vai recibir un premio trala participación no

VIII Concurso de Traballos por Proxectos

da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios, para o curso 2021/2022 co tema da PDI "Alén do Resío"

A nosa escola recibe un premio de 2000€ para investir en fondos informativos da nosa biblioteca.

Se queres coñecer os proxectos premiados, clica na ligazón.

 

venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO

 

Logo de moitos días de preparativos, hoxe a escola festexou a festividade de benvida do outono, coincidindo coa celebración do día de San Martiño.

 

Nesta festa, a castaña é a gran protagonista. No Resío, levamos moitos anos tentando manter vivas todas as nosas tradicións, polo que preparamos moitas actividades e obradoiros para celebralo. Tivemos tamén música, e reparto de castañas, grazas a aportación familiar e GRAZAS a colaboración da ANPA, que mercou nada máis e nada menos que 25 kg, para que todos e todas, poidesemos gozar de novo dun MAGOSTO ABERTO ÁS FAMILIAS. 


TEMPO DE LECER

CARREIRAS DE SACOS


BILARDA

A CORDA

A ESCOBA

ZANCOS

PEÓNS

ESCOBA





 

Presidindo a festa estaba, coma sempre, a nosa castañeira, que con esta festa de orixe Celta  nos lembra a chegada do outono e como non do "veraniño de San Martiño", polo que nesta xornada de festa gozamos de moi bo tempo.

Nas aulas, prepararon os cornetes, e traballaron unha unidade didáctica do magosto, mentras tanto, as familias colaboradoras, ataniscaron castañas, prepararon o asador, e estiveron toda a mañá traballando para que todos gozaramos deste rico alimento. GRAZAS.

Deixamos unha mostra do ven que o pasamos na seguinte ligazón.

https://photos.app.goo.gl/CMBknv3dXm1T3gf46

 




martes, 1 de novembro de 2022

RETO EN FAMILIA: RECUNCHOS DE MEDO

 

Con estas dúas imaxes chegadas á última hora, agradecemos a colaboración das familias neste novo reto  e enviamos un vídeo co resto das propostas. Sodes uns artistas. Menudos recunchos de medo máis diversos.