A linguaxe musical é unha das linguaxes a traballar este ano, e que mellor que comezar facendo unha exposición de caixas musicais. Sabemos que a súa orixe se remonta a finais do século
XVIII en Suiza. Existen mecanismos musicais anteriores, poren podemos consideralos os seus antecesores.
Unha caixa de música non consta de moitas pezas, ten un cilindro xiratorio, un peine plano de púas e unha manivela ou chave de man. Para que sone, basta con xirar a chave polo que o cilindro xirará e ao rozar as puntas elevadas fará a liña melódica da mesma.
Non houbo moitas caixas na exposición pero sí que foron variadas.
Grazas familias pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario