Hoxe foi a quenda dos rapaces de 2º ciclo de primaria (terceiro e cuarto), EXPERTOS no ANOXO. Aprendimos moitas formas diferentes de dicir "estou enfadado" en idiomas do noso país ou doutros próximos, ou en idiomas de nen@s extraxeiros que estudan na nosa escola (romanés, ruso, árabe, grego, alemán, chinés).
Representaron dúas pequenas obras para amosarnos que "algunhas veces" cando nos enfadamos con alguén e sentimos esa sensación que tanto nos desagrada, podiámolo evitar fixándonos nos "pequenos detalles". As veces, os enfados non son máis que "malos entendidos" ou confusións que se poderían arranxar falando.
Os protagonistas de hoxe foron os nen@s do 1º ciclo de primaria (primeiro e segundo). Xuntos fixeron unha conferencia divertida que espertou os sorrisos de todo@s os nen@s e mestres que os escoitabamos. Explicaron o que os fai felices, as músicas e obras de arte que lles inspiran felicidade e como recoñecer e vivir esta emoción. Tamén contaron chistes e recitaron poemas. Ao final, proxectaron vídeos graciosos para rematar rindo ás gargalladas.
Hoxe o protagonismo foi dos nen@s de 5 anos que explicaron en profundidade o sentimento daTRISTURAfacendo fincapé en "A MORRIÑA". Co apoio dun power point con imaxes-resumo do seu proxecto de aula e a súa mestra Maricruz, os nen@s conseguiron manter a todo o público interesado por coñecer e aprender máis sobre o fascinante "MUNDO EMOCIONAL"
Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlles aos nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada
clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha
conferencia na que explicarán ao resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor
para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven
con moitos nervios o momento de falar en público.
O programa de conferencias é o seguinte:
LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS 4 anos, expertos no MEDO MARTES: 5 anos, expertos na TRISTURA MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos na LEDICIA XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR
Onte, inauguramos as II Xornadas de Expertos, esta vez, sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos e 4 anos foron os protagonistas!!
Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Parabéns nen@s!!
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de vós...fixo que perderades a concentración... Traballastes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia de presentación....
Imaxes do gran momento!!
Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos. Expertos no MEDO, explicaron o que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe.
Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.
Traballar con masa de sal foi todo un éxito. Os nenos e nenas gozaron coa actividade de amasado, modelado e posterior pintado das figuras creadas. Nada máis que contar, visualizade a presentación e enviade os vosos comentarios. Un saúdo. Angela.
Este
ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que
destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta
e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como
na súa faceta empresarial, a Galicia e á súa lingua.
Nos
seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de
Galicia, que forman parte da exposición que está situada nos distintos andares da escola.
Hoxe, dende as 12h. traballamos en conxunto para acadar completar o album de D. Valentín Paz Andrade. Aprendimos moitas cousas e pasámolo fenomenal. Por se non revisachedes as mochilas ou simplemente non tivechedes tempo de lelo, aquí o tedes:
Unha vez rematados os albumes, cada curso leu unha poesía e para finalizar a celebración cantamos o noso Himno. Agora imos ver como traballamos.
Outra das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro, un grande ilustrador de contos e de bandas deseñadas, con él tivemos a oportunidade de aprender e pór en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha gran rapidez comezou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun intre. Presentounos aos seus piratas cibernéticos, mentres, explicába como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos,... Falamos do seu libro Xoeliki, aventuras dun ciberpirata e aprendemos a debuxar os personaxes. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interese nas cousas que contaba. Aquí tedes imaxes da súa visita.
ANGELA NOVOA BLANCO.
Outra das actividades entorno ao Día do Libro foi a visita de Fina Casalderrey á nosa escola.
Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión
de mestra .O pasado venres día 11 achegouse á nosa escola para falar con nós dos libros que estivemos a ler dela. É moi simpática e fixo que estivesemos atentos en todo momento. Gustoulle moito a nosa mascota, Picolindo, que decidiu darlle unha aperta de agradecemento.
Esta mestra escribiu moitos libros e ademáis colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos
eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio,
mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a
Gastronomía... e recibiu moitos premios e distincións honoríficas, unha delas polo libro que limos os nenos de terceiro e cuarto de primaria "CHAMIZO".
Fai uns días, os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria, tivemos unha visita moi especial. Ángela, a representante de FRUTAS NIEVES, veu desinteresadamente a facernos un obradoiro de alimentación, que tiña como finalidade fomentar hábitos de alimentación saudables. Este obradoiro non so o fan na nosa escola senón que o desenvolven en distintos colexios de Vigo e a súa contorna.Organizaron unha degustación de froitas variadas. Había plátanos, mandarinas, mazás, amorodos, piña, kiwis, melón , sandía,... Cada un de nos colleu un pauciño e fixo unha brocheta de froitas. A algúns soubéronos unha chea!!! De feito NON DEIXAMOS NADA!!! E como fomos moi bos catadores de froitas, para rematar agasalláronnos cun vale para visitar unha tenda próxima de FRUTAS NIEVES, e recoller un agasallo do Club vitaminas. Pasámolo moi ben.
Onte
sábado ,día 12 de maio, disputouse en Vigo oOpen
Escolar de nataciónna súaV
edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado poloC.N.Galaicoe oC.N.Rías Baixas. Catro
alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25
crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é
apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia
do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas
non federados representaron a 10 colexios deVigoe os seus arredores, moitos deles
participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais
e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a
natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
Para
a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa
presenza do alcalde de VigoD.Abel
Caballeroe o concelleiro de
deportesD. Manel Fernández,aos cales entregaron aos nosos alumnos
dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non
se puidesen anotar ao evento máis alumnos/as, pois non puidemos participar nas
remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O NOSO CAMPIÓN ,NICO,E OS SEUS MOMENTOS ESTRELARES.
A OUTRA SORPRESA FOI DE MAR:
PEIXE LÚA OU MOLA-MOLA.
Os nenos/as da profe Rosa fixeron un proxecto sobre o "Peixe Lúa" e,a derradeira semana déronnos invitacións para asistir ao evento na súa aula.
Foi moi divertido e os nenos/as de 4 anos demostraron ser uns verdadeiros expertos neste extrano e descoñecido peixe.
Na presentación veredes todo o aprendido,pero antes,o vídeo do Mola-Mola ou Peixe Lúa.
Onte sábado día 12 de maio, disputouse en Vigo o Open Escolar de natación na súa V edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado polo C.N.Galaico e o C.N.Rías Baixas. Catro alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo. As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25
crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na
cidade, é apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes
da importancia do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75
futuros deportistas non federados representaron a 10 colexios de Vigo e
os seus arredores, moitos deles participaron en todas as edicións. O
graderío estivo completo por parte de pais e familiares que disfrutaron
cos nen@s nun deporte tan complicado como é a natación. Na nosa escola participaron tres alumn@s:
Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
Para a entregada
entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa presenza do
alcalde de Vigo D.Abel Caballero e o concelleiro de deportes D. Manel Fernández, aos cales entregaron aos nosos alumnos dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non se puidesen anotar ao evento máis alumnos, pois non puidemos participar nas remudas e quedamos sen opción ao trofeo. GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O domingo 6 de maio celebrouse o Marathon Infantil de Coia, organizado pola Asociación de Veciños Cristo da Victoria. Moitos nenos e nenas do noso cole participaron, sendo para algúns a primeira vez que participaban nunha competición. Parabéns para todos eles. Esperemos que na próxima edición aínda superemos a participación deste ano.