Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FAMILIAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de maio de 2024

FACEMOS CERÁMICA COA MAMÁ DE ESTELA E ROI

 Hoxe visitounos Paula, nai dos alumn@s Estela e Roi, para levar a cabo un obradoiro de artesanía. Explicounos como manipula, coce e decora o barro no seu taller de cerámica e a continuación tivemos a oportunidade de experimentar co barro e decorar uns vasiños agasallo de Paula, que posteriormente cocerá no seu forno e traerá rematados.

Moitísimas grazas, Paula, por esta experiencia tan gratificante!. Encantounos!



 

 

luns, 22 de abril de 2024

LOLO E A PAPIROFLEXIA

 Hai uns días visitounos Lolo, o pai de Irene de 1º de Primaria. Tivemos unha divertida xornada aprendendo a facer papiroflexia. Fixemos unha máscara, un vaso e un páxaro que ata o botamos a voar. 

Moitas grazas Lolo!



 

luns, 15 de abril de 2024

ESCOLA DE PAIS

 O pasado luns, a ANPA do Resío organizou un taller para familias do cole sobre "Riscos asociados ao uso da Internet aos que se expoñen os nosos fillos e fillas. Foi impartido pola Policía Nacional no marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. No taller, que foi moi interactivo con moitas preguntas e dúbidas por parte dos pais e nais asistentes, falouse da conveniencia ou non de que os nenos e nenas teñan teléfono móbil, cando deben poder usalo, como e que poden facer os pais e nais para lograr un uso óptimo da Internet por parte da rapazada; de como debemos acompañalos... Faláronnos do acoso por internet, do uso das RRSS dende idades temperás ou de como o 80% dos nenos e nenas menores de 10 anos en Europa teñen algún tipo de acceso á pornografía en internet.

O taller foi realmente ilustrativo para as familias, pois falaron e discutiron de temas que, sabendo da súa roblemática, foi didáctico e enriquecedor coñecer máis datos da man dun experto. 



 

venres, 23 de novembro de 2018

A MOCHILA CIENTÍFICA

Tiña razón Picolindo, a nosa mascota, cando dicía que nos iamos converter en científicas e científicos dispost@s a explorar, aprender e divertirnos.
O traballo en familia dá os seus froitos. Nenos e nenas están a enviar vídeos con xogos e actividades relacionados con algún aspecto científico.
Esta mochila que sae da escola os venres e regresa os xoves,  permítenos observar, manipular e facer uso EN FAMILIA de tódolos materiais que leva. Parece que está a gustar.
Imos amosarvos algún dos vídeos que chegaron esta semana á escola.

FAMILIA LETICIA FERNÁNDEZ MARÍA


FAMILIA SARA FIGUEIREDO


FAMILIA IRIA PORTABALES



GRAZAS FAMILIAS!

venres, 4 de maio de 2018

OS AVÓS NA ESCOLA

Inaugurada a lareira pola avoa de Clara e pola parte institucional polo Sr. Alcalde, tamén visitou a nosa lareira a avóa de Xoana do quinto curso de educación Infantil. Esta avoa contounos cousas de cando era pequena e lles aprendeu a xogar ao pasemisí.

 Beni e Ricardo son deses avós entrañables de toda a vida orgullosos sempre dos seus netos.





 Naceron e medraron nunha vila moi pequena así que foron quen de transportarnos a unha vida rural chea de aventuras.




 A avoa Beni ensinounos a técnica do encaixe de Camarias (coas que ten feito verdadeiras obras de arte). 





Mentres palillaba, nos contaba como a súa nai panadeira amasaba, ccocía e vendía o pan. O avó ricardo contounos como era a súa vida nunha aldea pequeniñas e como viviu os seus anos de escola. 




Falamos dos avós de Carla e Diego Romero.





Tamén tivemos a visita dunha avoa aventureira chamada Amalia, que un día decidiu encher o seu tempo libre expresándose coas mans: facendo esculturas.




 Viu dende A Coruña, nun día de cans acompañada dalgunhas das súas obras esculpidas en madeira, arxila ou poliespán. Comprobamos de primeira man a dificultade que ten esculpir a madeira e fíxonos gozar da sensación de crear un anaco de arxila. 



Quen sabe se en algún de nós está agochado un futuro Miguel Anxo!



Da aula do cuarto curso de educación infantil, visitaronnos os avós de Sofía Leirós. 


O avó Avelino aprendeulles aos cativos a xogar cun xadrez xigante, preparado para que os nenos e nensas poidan manipular as pezas, eran case irrompibles. 



A súa avoa María José cantounos cancións acompañadas por un instrumento musical chamado Ukelele. 



Logo aproveitou a ocasión para contarlles o conto dos tres porquiños.

Tamén tivemos a sorte de contar coa avoa de Xoel, Isabel,  que xogou cos nosos alumnos e alumnas a moitos xogos tradicionais:
  • o escondite inglés,
  • o pano
  • ...


Para finalizar, contoulles un conto que os tivo moi atentos.


No sexto curso de educación infantil visitaronnos os avós de Iria Portabales. Mostraron imaxes antigas de Vigo,... 










Do primeiro curso de Educación Primaria visitáronos dous avós e unha avoa.
O primeiro en visitarnos foi Benito o avó de Eric. Benito, contounos  duas historias de medo e intriga e  nos fixeron estar a tod@s  moi atentos…! 




Outro día visitáronos a avoa de Xosé, Pastora e o seu avó Pepe. Pepe que foi conductor de autobuses, contounos moitas historias interesantes, e gustounos moito coñecer cómo facía os xoguetes cando era pequeño.











Moitas grazas aos avós por compartir con nós eses contos reais na lareira.


mércores, 26 de abril de 2017

RECITANDO NA CASA CON GLORIA FUERTES

Chegan os primeiros videos familiares. Marabillosos!



Animádevos a seguir enviando moitos mais!