venres, 4 de maio de 2018

OS AVÓS NA ESCOLA

Inaugurada a lareira pola avoa de Clara e pola parte institucional polo Sr. Alcalde, tamén visitou a nosa lareira a avóa de Xoana do quinto curso de educación Infantil. Esta avoa contounos cousas de cando era pequena e lles aprendeu a xogar ao pasemisí.

 Beni e Ricardo son deses avós entrañables de toda a vida orgullosos sempre dos seus netos.





 Naceron e medraron nunha vila moi pequena así que foron quen de transportarnos a unha vida rural chea de aventuras.




 A avoa Beni ensinounos a técnica do encaixe de Camarias (coas que ten feito verdadeiras obras de arte). 





Mentres palillaba, nos contaba como a súa nai panadeira amasaba, ccocía e vendía o pan. O avó ricardo contounos como era a súa vida nunha aldea pequeniñas e como viviu os seus anos de escola. 




Falamos dos avós de Carla e Diego Romero.





Tamén tivemos a visita dunha avoa aventureira chamada Amalia, que un día decidiu encher o seu tempo libre expresándose coas mans: facendo esculturas.




 Viu dende A Coruña, nun día de cans acompañada dalgunhas das súas obras esculpidas en madeira, arxila ou poliespán. Comprobamos de primeira man a dificultade que ten esculpir a madeira e fíxonos gozar da sensación de crear un anaco de arxila. 



Quen sabe se en algún de nós está agochado un futuro Miguel Anxo!



Da aula do cuarto curso de educación infantil, visitaronnos os avós de Sofía Leirós. 


O avó Avelino aprendeulles aos cativos a xogar cun xadrez xigante, preparado para que os nenos e nensas poidan manipular as pezas, eran case irrompibles. 



A súa avoa María José cantounos cancións acompañadas por un instrumento musical chamado Ukelele. 



Logo aproveitou a ocasión para contarlles o conto dos tres porquiños.

Tamén tivemos a sorte de contar coa avoa de Xoel, Isabel,  que xogou cos nosos alumnos e alumnas a moitos xogos tradicionais:
  • o escondite inglés,
  • o pano
  • ...


Para finalizar, contoulles un conto que os tivo moi atentos.


No sexto curso de educación infantil visitaronnos os avós de Iria Portabales. Mostraron imaxes antigas de Vigo,... 










Do primeiro curso de Educación Primaria visitáronos dous avós e unha avoa.
O primeiro en visitarnos foi Benito o avó de Eric. Benito, contounos  duas historias de medo e intriga e  nos fixeron estar a tod@s  moi atentos…! 




Outro día visitáronos a avoa de Xosé, Pastora e o seu avó Pepe. Pepe que foi conductor de autobuses, contounos moitas historias interesantes, e gustounos moito coñecer cómo facía os xoguetes cando era pequeño.











Moitas grazas aos avós por compartir con nós eses contos reais na lareira.


1 comentario:

  1. Fue una gran experiencia para el olor y sobretodo para los abuelos!! Gracias

    ResponderEliminar