xoves, 10 de maio de 2018

QUEREMOS SABER, QUEREMOS INFORMAR


Hai xa sete cursos que, dende a escola, iniciamos o proceso de cambio de nome,  para eliminar as connotacións relixiosas e ao tempo, dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística,  conseguir recuperar a denominación tradicional do barrio no que nos atopamos.
Informada a Comunidade Educativa, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar do centro, continuamos a día de hoxe á espera do cambio. 
Nas imaxes anteriores, os Bolechas, personaxes moi coñecidos polos nosos alumnos e alumnas,  explican a orixe do noso nome.
Se queredes máis información, premede na ligazón.

Aproveitamos para lembrar a obra de teatro dos alumnos e alumnas do quinto curso de primaria deste Nadal, na que, dun xeito magnífico e didáctico, nos explican a orixe do RESÍO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario