Esta actividade parte
da observación dun cadro coñecido. A
rapazada, elixe un cadro, o que máis lle guste. Ese cadro permitiralle avivar a
sú a imaxinación. Tentarán buscar o xeito de transformalo. Un personaxe de conto,
o que eles queiran, entrará a formar parte desa pintura. As produccións dos
rapaces foron marabillosas. Os cadros resultantes foron sorprendentes e
inesperados. Esa pintura fará que xurda un misterio, e que o alumnado sexa quen
de elaborar unha historia, unha historia única.
As obras utilizadas foron moitas, entre as que se atopan:
- El Jardín de las delicias, El Bosco (1500-1510)
- Las Meninas, Diego Velázquez (1656)
- El dormitorio en Arles,
Vincent van Gogh (1889)
- La Lechera, Diego Velázquez (1655-1660)
- El Guernica, Pablo Picasso (1937)
- Los fusilamientos del tres
de mayo, Francisco de Goya y Lucientes (1814)
- …
Durante
varias sesións de clase, traballamos as obras indicadas, analizamos os espazos,
as personaxes, os lugares, lemos o cadro
na nosa mente e o
interpretamos. Finalmente creamos
o noso cadro e inventamos unha historia.
Este traballo foi levado a cabo durante todo
o segundo trimestres. A rapazada, observou, imaxinou, usou a súa imaxinación e
se concentrou para poder gozar da arte. Ao mesmo tempo, desenvolveron
habilidades lingüísticas, narrativas, ampliaron o seu vocabulario e sobretodo
traballaron a flexibilidade mental para crear cousas novas e orixinais.
Estos son algúns exemplos: