martes, 1 de xuño de 2021

CADROS E CONTOS

 

Esta actividade parte da observación dun cadro coñecido.  A rapazada, elixe un cadro, o que máis lle guste. Ese cadro permitiralle avivar a sú a imaxinación. Tentarán buscar o xeito de transformalo. Un personaxe de conto, o que eles queiran, entrará a formar parte desa pintura. As produccións dos rapaces foron marabillosas. Os cadros resultantes foron sorprendentes e inesperados. Esa pintura fará que xurda un misterio, e que o alumnado sexa quen de elaborar unha historia, unha historia única.

As obras utilizadas foron moitas, entre as que se atopan:

  • El Jardín de las delicias, El Bosco (1500-1510)
  • Las Meninas, Diego Velázquez (1656)
  • El dormitorio en Arles, Vincent van Gogh (1889)
  • La Lechera, Diego Velázquez (1655-1660)
  • El Guernica, Pablo Picasso (1937)
  • Los fusilamientos del tres de mayo, Francisco de Goya y Lucientes (1814)

Durante varias sesións de clase, traballamos as obras indicadas, analizamos os espazos, as personaxes, os lugares, lemos o cadro  na nosa mente e o  interpretamos.  Finalmente creamos o noso cadro e inventamos unha historia.

Este traballo foi levado a cabo durante todo o segundo trimestres. A rapazada, observou, imaxinou, usou a súa imaxinación e se concentrou para poder gozar da arte. Ao mesmo tempo, desenvolveron habilidades lingüísticas, narrativas, ampliaron o seu vocabulario e sobretodo traballaron a flexibilidade mental para crear cousas novas e orixinais.

Estos son algúns exemplos: 











 

Ningún comentario:

Publicar un comentario