mércores, 21 de xuño de 2023

E PARA REMATAR, VIAXE EN BARCO A CANGAS

 

Hoxe tivemos a sorte de ter unha xornada de bo tempo para gozar con tódalas actividades naúticas preparadas. Saímos do peirao de Vigo cara Cangas; unha vez alí, dirixímonos  ao Club Náutico de Rodeira e con Juan e mailos seus compañeiros tivemos a sorte de navegar entre golfiños. Probamos o kayak, as  traíñas, os veleiros, zódiacs, piraguas e big paddle.

Premendo na imaxe, vense todas as fotografías tomadas na actividade. 


Que estupendo xeito de rematar este curso! 


GRADUACIÓNS

 Hoxe foi día de festa e de despedidas, o alumnado de sexto curso de primaria, finaliza a súa etapa na nosa escola. Os nenos e nenas medran non só físicamente, senón que medran como persoas. Este é o momento de iniciar unha nova etapa, a do ensino secundario. Hoxe atópanse algo tristes e nerviosos por ter que deixar atrás tantas cousas... pero outras os están a esperar. Hoxe lembranse de moitas cousas, dos xogos, das saídas, das aprendizaxes, das bágoas e dos sorrisos.

Con moitas máis risas, e non sen nervios, tamén se graduaron os cativos do sexto curso de infantil. Ofreceronnos un baile e a súa profe Olalla, deulles cadanseu diploma. 







O alumnado do sexto curso quixo dedicarnos unhas verbas.



Sabedes que o Resío é a vosa casa, pasade a visitarnos cando queirades!



Con moitas máis risas, e non sen nervios, tamén se graduaron os cativos do sexto curso de infantil. Ofreceronnos un baile e a súa profe Olalla, deulles cadanseu diploma. 

Grazas familias por asistir, xa non lembrabamos como se enche o ximnasio cando facemos estes actos. Por fín, logo de varios cursos cunhas graduacións COVID, puidemos voltar á normalidade.

Se premes na imaxe, podes gozar con tódalas fotografías do evento.



xoves, 15 de xuño de 2023

CREAR PERSONAXES DE COMIC EN 3D CON MASA DE MODELAR

 Continuamos a traballar a creación, neste caso de personaxes de Cómic. Non os que todos coñecemos, senón os "nosos". Aproveitamos a actividade para traballar as tres dimensións, o volume, a proporcionalidade. 

Fermosos os traballos creados polo alumnado. Nas seguintes imaxes deixamos unha mostra de  creacións de nenos de 6 ata is 12 anos. Aprecian a diferenza?



 

mércores, 14 de xuño de 2023

GRADUACIÓNS 2023

 

O vindeiro martes terá  lugar no ximnasio da escola o acto de graduación do alumnado do sexto curso de educación infantil e de sexto curso de primaria. Día moi importante no que se remata unha etapa educativa, os de infantil pasan  a primaria mentras que o alumnado do sexto curso de primaria, deixará de formarse na nosa escola para iniciar unha nova etapa no IES ALEXANDRE BÓVEDA. 
A este acto están convidados os representantes legais do alumnado dos cursos indicados e todos aqueles familiares que queiran gozan dun fermoso acto. Picolindo está axudandolles a preparar esta celebración.

martes, 13 de xuño de 2023

HOXE VISITOUNOS... FRAN ALONSO

 

Hoxe visitounos Fran Alonso para falar do seu libro "Douche a miña palabra". Primeiro mergullo do aumnado na ectura dun ensaio. A conversa foi estupenda e aprendemos moitas cousas sobre o oficio de escritor.







 

FESTA DA AUGA

 

Este XOVES  DÍA 15, celebramos na escola a FESTA DA AUGA. Para poder celebrala, a rapazada, terá que vir á escola con crema solar, ao ser posible, xa posta, bañador ou bikini, chanclas, toalla e unha bolsa plástica para levar a roupa mollada.
O principal, moitas ganas de gozar da FESTA!

luns, 12 de xuño de 2023

TALENTOS A TRAVÉS DO VÍDEO. HOXE ÚLTIMA XORNADA.

 Hoxe damos por rematada a primeira edición do programa CHOVEN TALENTOS, onde o alumnado, profesorado e familias poden mostrar os seus particulares "talentos". 


Moita emoción e pena por dar remate a esta actividade.

 





Grazas a tódolos participantes e parabéns!

 

venres, 9 de xuño de 2023

COME LIBROS, CONTACTA CON NÓS

 Hoxe, ao chegar á escola, atopamos na caixa de correo esta postal.



 Grazas, Come libros, que boa idea ir coñecer esta librería tan fermosa!

MÁIS TALENTOS, VENRES 9 DE XUÑO

 Hoxe tivo lugar unha nova sesión de CHOVEN TALENTOS, a última dos directos. Gozamos moitísimo con todas as actuacións.

 



COÑECEDES OS RAÑA E GAÑA DE PICOLINDO?

 Benquerida familia, hoxe logo da última xornada da primeira edición de CHOVEN TALENTOS, fíxose entrega dun Raña e Gaña a cada participante.

Coñecedeos?


Os RASCA E GAÑA son unhas tarxetas que conteñen un agasallo por conseguir un reto, por ter participado nunha actividade, por finalizar o pasaporte lector,...
Gústanche?
A min sí e parece que aos rapaces tamén.


 

mércores, 7 de xuño de 2023

A PRENSA FAISE ECO DO NOSO TRABALLO: EXPOSICIÓN DO CÓMIC

 Hoxe saímos en prensa, unha pequena reseña da nosa gran exposición sobre o CÓMIC.


 

GRAZAS POR ENSINAR O VOSO TALENTO

 Deu comezo a I edición de CHOVEN TALENTOS. Levamos dous días marabillosos onde todos e cada un de nós goza cos talentos que nos ensina a rapazada.

 


Sen dúbida, temos que dicir que no Resío, somos moi talentosos.

luns, 5 de xuño de 2023

sábado, 3 de xuño de 2023

VISITA DE ESCRITORES Á BIBLIOTECA

Gran sorte a que ten esta comunidade educativa por poder contar na súa biblioteca coa visita de grandes escritores. Este curso contamos con...

E aínda esperamos algunha visita. 

Estade atent@s!

xoves, 1 de xuño de 2023

OBRADOIROS EMOCIONAIS CON DANIEL NOVOA

O pasado venres día 1 o alumnado do terceiro, cuarto e quinto cursos de educación primaria gozaron dun obradoiro emocional grazas ao Plan Proxecta Emociona-T.  

Estes obradoiros foron levados a cabo polo psicólogo Daniel Novoa, un gran profesional que foi quen de transmitir o seu entusiasmo no coñecemento e xestión das emocións. Coñecer o que sentimos é moi importante, recoñecer as emocións é fundamental para un bo autocontrol. Traballar as emocións axuda a mellorar a autoestima, mellora as nosas relacións interpersonais, fai que sexamos máis felices, axudanos na resolución de conflitos e incluso mellora a capacidade de aprendizaxe.


 
Un pracer que compartise con nós os seus coñecementos e preparase estes obradoiros en función das necesidades do noso alumnado.
 




 

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS"

 Logo dun arduo traballo colaborativo do profesorado de distintas especialidades e materias, e con todo o alumnado de primaria, e con moita formación recibida polo profesorado mailo alumnado, amosamos o produto do   traballo desenvolvido na  Aula Steam (radio escolar, apps educativas, programas informáticos...).

Esperamos que gocedes co produto final, recoñecendo a gran creatividade que temos, e o bo nivel de competencia dixital do alumnado para poder facer esta curta animada baseada no libro: "O cascabel da gata" de OQO EDITORA. 

A destacar a  produción na escola de distintos elementos como personaxes en plastilina, con material de refugallo, debuxos, distintas tomas de grabacións con todos os grupos...