PAGINA
xoves, 22 de xuño de 2023
mércores, 21 de xuño de 2023
E PARA REMATAR, VIAXE EN BARCO A CANGAS
Hoxe tivemos a sorte de ter unha xornada de bo tempo para gozar con tódalas actividades naúticas preparadas. Saímos do peirao de Vigo cara Cangas; unha vez alí, dirixímonos ao Club Náutico de Rodeira e con Juan e mailos seus compañeiros tivemos a sorte de navegar entre golfiños. Probamos o kayak, as traíñas, os veleiros, zódiacs, piraguas e big paddle.
Premendo na imaxe, vense todas as fotografías tomadas na actividade.
Que estupendo xeito de rematar este curso!
GRADUACIÓNS
Hoxe foi día de festa e de despedidas, o alumnado de sexto curso de primaria, finaliza a súa etapa na nosa escola. Os nenos e nenas medran non só físicamente, senón que medran como persoas. Este é o momento de iniciar unha nova etapa, a do ensino secundario. Hoxe atópanse algo tristes e nerviosos por ter que deixar atrás tantas cousas... pero outras os están a esperar. Hoxe lembranse de moitas cousas, dos xogos, das saídas, das aprendizaxes, das bágoas e dos sorrisos.
Con moitas máis risas, e non sen nervios, tamén se graduaron os cativos do sexto curso de infantil. Ofreceronnos un baile e a súa profe Olalla, deulles cadanseu diploma.
O alumnado do sexto curso quixo dedicarnos unhas verbas.
Sabedes que o Resío é a vosa casa, pasade a visitarnos cando queirades!
Con moitas máis risas, e non sen nervios, tamén se graduaron os cativos do sexto curso de infantil. Ofreceronnos un baile e a súa profe Olalla, deulles cadanseu diploma.
Grazas familias por asistir, xa non lembrabamos como se enche o ximnasio cando facemos estes actos. Por fín, logo de varios cursos cunhas graduacións COVID, puidemos voltar á normalidade.
Se premes na imaxe, podes gozar con tódalas fotografías do evento.
xoves, 15 de xuño de 2023
CREAR PERSONAXES DE COMIC EN 3D CON MASA DE MODELAR
Continuamos a traballar a creación, neste caso de personaxes de Cómic. Non os que todos coñecemos, senón os "nosos". Aproveitamos a actividade para traballar as tres dimensións, o volume, a proporcionalidade.
Fermosos os traballos creados polo alumnado. Nas seguintes imaxes deixamos unha mostra de creacións de nenos de 6 ata is 12 anos. Aprecian a diferenza?
mércores, 14 de xuño de 2023
GRADUACIÓNS 2023
martes, 13 de xuño de 2023
HOXE VISITOUNOS... FRAN ALONSO
Hoxe visitounos Fran Alonso para falar do seu libro "Douche a miña palabra". Primeiro mergullo do aumnado na ectura dun ensaio. A conversa foi estupenda e aprendemos moitas cousas sobre o oficio de escritor.
FESTA DA AUGA
O principal, moitas ganas de gozar da FESTA!
luns, 12 de xuño de 2023
TALENTOS A TRAVÉS DO VÍDEO. HOXE ÚLTIMA XORNADA.
Hoxe damos por rematada a primeira edición do programa CHOVEN TALENTOS, onde o alumnado, profesorado e familias poden mostrar os seus particulares "talentos".
Moita emoción e pena por dar remate a esta actividade.
Grazas a tódolos participantes e parabéns!
venres, 9 de xuño de 2023
COME LIBROS, CONTACTA CON NÓS
Hoxe, ao chegar á escola, atopamos na caixa de correo esta postal.
Grazas, Come libros, que boa idea ir coñecer esta librería tan fermosa!
MÁIS TALENTOS, VENRES 9 DE XUÑO
Hoxe tivo lugar unha nova sesión de CHOVEN TALENTOS, a última dos directos. Gozamos moitísimo con todas as actuacións.
COÑECEDES OS RAÑA E GAÑA DE PICOLINDO?
Benquerida familia, hoxe logo da última xornada da primeira edición de CHOVEN TALENTOS, fíxose entrega dun Raña e Gaña a cada participante.
Coñecedeos?
xoves, 8 de xuño de 2023
mércores, 7 de xuño de 2023
GRAZAS POR ENSINAR O VOSO TALENTO
Deu comezo a I edición de CHOVEN TALENTOS. Levamos dous días marabillosos onde todos e cada un de nós goza cos talentos que nos ensina a rapazada.
Sen dúbida, temos que dicir que no Resío, somos moi talentosos.
luns, 5 de xuño de 2023
sábado, 3 de xuño de 2023
VISITA DE ESCRITORES Á BIBLIOTECA
Gran sorte a que ten esta comunidade educativa por poder contar na súa biblioteca coa visita de grandes escritores. Este curso contamos con...
E aínda esperamos algunha visita.
Estade atent@s!
venres, 2 de xuño de 2023
xoves, 1 de xuño de 2023
OBRADOIROS EMOCIONAIS CON DANIEL NOVOA
Estes obradoiros foron levados a cabo polo psicólogo Daniel Novoa, un gran profesional que foi quen de transmitir o seu entusiasmo no coñecemento e xestión das emocións. Coñecer o que sentimos é moi importante, recoñecer as emocións é fundamental para un bo autocontrol. Traballar as emocións axuda a mellorar a autoestima, mellora as nosas relacións interpersonais, fai que sexamos máis felices, axudanos na resolución de conflitos e incluso mellora a capacidade de aprendizaxe.
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA "NÓS TAMÉN CREAMOS"
Logo dun arduo traballo colaborativo do profesorado de distintas especialidades e materias, e con todo o alumnado de primaria, e con moita formación recibida polo profesorado mailo alumnado, amosamos o produto do traballo desenvolvido na Aula Steam (radio escolar, apps educativas, programas informáticos...).
Esperamos que gocedes co produto final, recoñecendo a gran creatividade que temos, e o bo nivel de competencia dixital do alumnado para poder facer esta curta animada baseada no libro: "O cascabel da gata" de OQO EDITORA.
A destacar a produción na escola de distintos elementos como personaxes en plastilina, con material de refugallo, debuxos, distintas tomas de grabacións con todos os grupos...